TELÉFONOS DE INTERESE

10 de septiembre de 2012

UU.AA. LAIASE DA FALTA DE UNION NA MESA DO VIÑO






Unións Agrarias (UU.AA.) instou ás empresas vinculadas á Asociación de Adegas Industriais de Rías Baixas a subscribir o acordo alcanzado na Mesa do Viño, que fixa os prezos da uva para esta vendima, prorrogables por tres anos máis.

Un acordo "importante", segundo puxo de manifesto o sindicato nunha rolda de prensa o pasado sábado, que advirte a estas adegas de que se seguen "especulando á baixa" van tirar o prestixio de Rías Baixas".

O acordo subscrito o venres na delegación territorial da Xunta en Pontevedra ante o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, establece que o quilo de uva custará este ano entre un euro e 1,40 euros, de 11 a 13 graos. Excepcionalmente a tarifa estipulada corresponde a unha colleita superior aos 36 millóns de quilos aínda que Unións Agrarias calcula que roldará os 15, e en anos sucesivos aplicarase a táboa en función da cantidade real.



"Andando todos os días debaixo das parras", explicou o portavoz de Unións Agrarias no Salnés, Manuel Anxo Dopazo, apréciase que "os acios son pequenos e hai poucos", polo que prevé que a cantidade vendimiada será "menos do que parece". Neste sentido, o dirixente sindical critica que "habendo poucas uvas", os adegueiros "traten de 
especular e compralas baratas", polo que lles fixo un chamamento para que "se queren que este sector funcione, se lle queren a Rías Baixas, asinen o acordo".

O secretario de Agricultura da Executiva Nacional de Unións Agrarias, José Ramón González, cualificou de "impresentable" a actitude da Asociación de Adegas de Rías Baixas, que "apoia" ao presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, por non acudir á mesa de negociación, cuxos primeiros contactos remóntanse ao mes de marzo. Estas adegas teñen agora unha semana para adherirse ao acordo.


Outras adegas, como Martín Códax, participaron nas conversacións pero non o rubricaron argumentando que "faltaba unha parte importante do sector produtor", segundo José Ramón González. A súa postura "pódese entender", sinalou o responsable de Agricultura de Unións Agrarias, "pero non sei por que estiveron tanto tempo negociando se logo supeditan a firma", reprochoulles.


En canto á Consellería de Medio Rural, González aplaudiu que aínda que "tarde e arrastro, pronunciouse a favor da estabilidade e dos acordos aprobados", unha circunstancia que atribuíu á proximidade das eleccións autonómicas. Así, Unións Agrarias apela á Administración a que "traballen duro" para incorporar ao acordo ás adegas que permaneceron alleas á Mesa do Viño.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.