Representantes das principais adegas, viticultores e organizacións sindicais reuníronse para unificar criterios sobre o prezo que terá a uva na próxima campaña. Segundo fontes da Xunta, que actúa como mediadora, tras case tres horas, alcanzouse un preacordo que seguramente se peche o venres cando as partes volverán sentar na mesa de negociación. As mesmas fontes non deron detalles pois, ao parecer, estase á espera de que a proposta sexa estudada polas pequenas adegas dalgunhas subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas, que non estiveron no encontro de onte.
Cabe recordar que as negociacións suspendéronse fai uns meses sen máis acordo que fixar un prezo do froito en función do volume de produción. Con todo, as partes non se puxeron de acordo coa cantidade quedando sobre a mesa dúas propostas principais, cunha diferenza de 30 céntimos.
Por unha banda, Unións Agrarias, o Sindicato Labrego e Xóvenes Agricultores postulábanse por pagar a 1,3 euros o quilo de uva de 12 graos para unha vendima que, naquel momento, prevíase entre os 28 e os 32 millóns. Polo outro estaba a Asociación Galega de Viticultura que, co apoio da industria, pedía 1,2 euros.
A situación naquel momento era diferente pois, aínda que se sospeitaba dunha importante diminución de froito, as previsións eran pouco fiables. De feito, cando acabou maio, a esperanza de moitos viticultores de contar cun contrato homologado que garantise un prezo mínimo se esfumaba porque, produtores e adegueiros xa se podían facer unha idea de se habería escaseza ou abundancia e, xa que logo, o entendemento resultaría moito máis complicado.
Os responsables da organización Unións Agrarias recoñecían en xullo que era tarde pero consideraban tan ?imprescindible? retomar o diálogo para evitar que o froito se deprecie, que presentaron unha solicitude. Finalmente, tanto sindicatos, como viticultores e adegueiros volveron a sentar aínda que, por agora, non quixeron desvelar como salvarán as diferenzas patentes nos últimos encontros. Cabe recordar, por exemplo que Unións pedía encarecidamente un prezo anual indexado, é dicir, que parta dunha base e varíe nun función de factores como a situación do mercado.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.