TELÉFONOS DE INTERESE

1 de septiembre de 2012

PLENO DE CAMBADOS DE AGOSTO





O pleno do mes de Agosto foi moito máis polémico do esperado. O alcalde amosouse algo nervioso durante o transcurso da sesión, e isto fixo que en máis dunha ocasión se enzarzara co voceiro do BNG logo de interrumpilo. No público membros das Xuventudes Socialistas, representantes sindicais da Policía Local (debatíase a eliminación da paga extra dos traballadores públicos) ou a deputada Rosa Oubiña.
Contas de 2011 – Aprobadas (PP a favor, BNG e PSOE en contra)
A parte máis importante do pleno de onte era a económica: a aprobación ou non das Contas de 2011. O goberno local e o PP presentábanas como “con beneficios” ao salientar un suposto superávit de case 50 mil euros, e Aragunde afirmou que están “moi  orgullosos do labor económico que estamos a facer no noso Concello”, xa que segundo o alcalde a nosa vila goza de boa saúde económica, cunha oferta cultural que segundo el supera a todos os Concello da comarca e co gasto máis grande da provincia en escolas deportivas.
Para a oposición as contas non son tan positivas, de feito PSdeG e BNG votaron en contra. Para os socialistas liderados por Rafael Blanco, é significativo que dos 300 folios das Contas “máis da metade” sexan reparos de legalidade fronte a unha minoría de resultados contábeis. Fixo fincapé nas irregularidades que se detectan nas nóminas ou nos continuos retrasos nos prazos na contratación de obras.
Para o BNG non hai tal superávit, senón que se gastaron 700 mil euros máis do ingresado, e se as contas se presentan como positivas é por “axustes contables” con remanentes doutros exercicios e asuntos pendentes de cobro de 2010 e outros que non se cobraron. Víctor Caamaño detecta tamén falla de transparencia da contratación de persoal (que Intervención sinala nas Contas) e na externalización de servizos, así como no recoñecemento extraxudicial de crédito que o goberno local emprega xa ano tras ano para gastos, por exemplo, da Festa do Albariño. Como irregularidades no tema de persoal, Caamaño destacou que o Concello estea a pagar complementos de produtividade a algúns traballadores “sen que se definiran uns criterios” para avaliar esa produtividade; ademais puxo enriba da mesa o tema das horas extra dalgúns empregados: mentres a lei marca como máximo 80 ao ano e o asesor do alcalde (cargo político, non funcionario) cobrou en 2011 un total de 534 horas extra.
No turno de réplica, o concelleiro do PP José Juan Cores, defendeu as Contas e respecto ás múltiples críticas realizadas asegurou que algunhas cousas “pueden ser irregulares o no, la realidad es que es legal”. Quizais nun despiste, o concelleiro popular dixo que en Cambados os impostos só subiran en relación ao IPC, algo que desde o BNG lle lembraron rapidamente que non era certo, posto quevarias taxas subiron máis que o índice de prezos.
Como anécdota, o primeiro “encontronazo” da sesión foi neste punto, cando Aragunde cortou a Caamaño recortándolle que o regulamento limitaba os tempos de intervención. Víctor protestou porque era a primeira vez que se aplicaban pero o alcalde, levantando a voz e visiblemente nervioso, mandou ir remantando mentres afirmaba que “si se dixo sendo ti concelleiro” (que había limite de tempo).
O segundo foi ao rematar este debate, cando Caamaño facía referencia ao tema de La Vuelta a España, que Aragunde sacou no pleno a pesar de non vir demasiado a conto do debate. Como se pode ver no vídeo, Víctor Caamaño se felicitouse do éxito da Volta, pero un comentario irónico sobre a visita do Papa fixo que Aragunde lle espetara “Como a viaxe do Bloque a Cuba, non me jodas Víctor”. A partir de aí o alcalde interrumpiu ao edil nacionalista en varias ocasións.
Artigo de Cambadostk
video do plenohttp://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=g_ZrAHc2ous

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.