TELÉFONOS DE INTERESE

14 de septiembre de 2012

O XUVEN EMPEZA A COMPETICION NA COPA GALICIA

O Xuven de Cambados xa coñece o calendario da Copa Galicia, competición que se disputa en pretemporada e que serve como preparación de face á Liga, aínda que coa excepción de que se trata dunha competición oficial organizada pola Federación Galega de Baloncesto.    
Son oito os equipos participantes na Copa Galicia da categoría EBA (a FGB tamén celebra outra Copa para os catro clubs profesionais cuxa fase final dispútase este fin de semana en Ourense). En canto á Copa dos modestos, o Xuven comezará o 29 de setembro en casa co ABO Ourense, o 6 de outubro recibirá ao Marín e o día 13 xogará en Chantada. A competición dispútase a unha soa rolda e o campión xogará a final o día 20 de outubro contra o primeiro do outro grupo que forman Ferrol, Narón, Basket Coruña e Estudantes de Lugo.
 
Mentres tanto. o equipo cambadés xa está adestrando en sesións de baixa intensidade, aínda que será o luns día 24 cando se celebra a primeira sesión con todo o persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.