TELÉFONOS DE INTERESE

4 de septiembre de 2012

O PARO DA UN PEQUENO RESPIRO




Galicia, entre as comunidades autónomas que contiveron o incremento do paro rexistrado, e Pontevedra, entre as provincias, marcaron a diferenza con respecto á tónica xeral do país ao conseguir reducir desempregados durante agosto.


Segundo o dato oficial difundido hoxe, 973 pontevedreses/as lograron empregarse durante o pasado mes. Coas súas incorporacións ao mercado laboral, a provincia cifrou un novo total provincial de parados rexistrados: 101.718.

A redución do paro rexistrado na provincia de Pontevedra por quinto mes consecutivo non responde tanto a emprego estacional vinculado co sector servizos, como ao tirón doutros sectores como a industria onde se contrataron 616 persoas, segundo as estatísticas oficiais difundidas pola Xunta de Galicia.

 A priori pode semellar un dato positivo, aínda que se se compara cos rexistros interanuais obsérvase que o noso país contabiliza un 14,55% máis de parados/as que no mesmo mes de 2011. Salientable é tamén a alta temporalidade do emprego, tendo en conta que dos 63.955 contratos subscritos en agosto só un 5,5% foron indefinidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.