TELÉFONOS DE INTERESE

8 de septiembre de 2012

ACORDO "IN EXTREMIS" PARA O PRECIO DA UVA ALBARIÑA





O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, presidiu a mesa acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Tamén estivo presente na reunión o xefe territorial de Medio Rural e do Mar en Pontevedra, Gerardo Zugasti, así como o xefe do Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria e Industria, José Manuel Fernández Castro.

A Xunta de Galicia estivo a actuar, durante estes seis encontros como mediadora dun acordo entre as partes, tanto produtores coma cooperativas e adegas, co obxectivo de conseguir un contrato para os próximos catro anos unha vez que os anteriores contratos homologados perderon a súa vixencia na última vendima.
Na reunión mantida hoxe, unha parte do sector firmou o pre acordo, incluídas varias cooperativas e asociacións de bodegueiros, á espera de que o fagan tamén o resto das empresas transformadoras da uva.
Deste xeito, a administración abre un período para que esta parte do sector se adhira ao novo contrato de forma que “exista máis representatividade, aínda que todos están de acordo en que sería moi beneficioso para o sector que firmase o maior número posible de adegas”.
“O máis importante é que se mantén vivo o proceso para chegar a un contrato homologado”, engadiu Fernández-Couto. “Agora imos esperar a que sexa o propio sector o que traballe de xeito interno para que, dentro de sete días, teñamos o máximo número posible de empresas transformadoras apostando por este novo documento”.
O novo modelo de contrato tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño da denominación de orixe Rías Baixas contemplará varias modificacións en relación ao anterior. Deste xeito, a vixencia do presente contrato sería de catro anos. Ademais, será revisable anualmente dentro do ano natural antes da floración.

Para a vendima deste ano fixarase un prezo de referencia entre o euro e o 1,40, co IVE incluído, segundo o grado de alcohol da uva, marcándose para os próximos anos unha tabla que variará entre os 0,90 céntimos para unha produción de máis de 36 millóns de quilos nunha uva con 11 grados de alcohol, e o 1,50 euros para produción de menos de 24 millóns de quilos para uvas de 13 grados de alcohol. Este prezos serán para as variedades de albariño e caíño branco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.