| As fotos pertencen a outo dia pero este era o aspecto que presentaban onte mércores máis ou menos |
Que lles pasaría a os axentes da Policía Local de Cambados que un dia da semana pasada, sin actos previstospara ese dia e nese lugar, adicaran unha tarde a multar a os cohes aparcados na Praza de Fefiñáns como verdadeiros buitres en busca da sua presa?
Acaso dende a Alcaldía entroulles agora un afán por evitar coches na Praza tras o anuncio de Núñez Feijóo de declarar Ben de Interese o Palacio e a sua contorna?
| Fotografías de http://www.cambados.org.es |
Lévanlles pedindo dende fai moito tempo tanto dende a oposición coma un amplo sector de veciños que se converta en peonil a Praza, que agora tras as verbas de Feijóo viron a luz?.
Precisaban un pequeño pulo dado dende as altas esferas? Ou só vale o que diga Feijóo e o que diga o povo non vale para nada?.
Todas estas preguntas poderían ter valor se non fose porque onte, sobre todo pola tarde, a Praza parecía un parking en hora punta.
A tal ver, esas preguntas anteriores tornáronse noutra máis sinxela de respostar ........Aumentou o afán recadatorio do Concello? A resposta, ben sinxela,........ SI!!
Próximamente escribiremos sobre novos impostos que preparan dende a Alcaldía para sanear o “CONCELLO PERITA” Segundo o Alcalde Luis Aragunde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.