TELÉFONOS DE INTERESE

23 de agosto de 2012

TEMOR NO PP GALEGO AO PARTIDO DE MARIO CONDE





Segundo informa Público.es o PP galego teme a irrupción dun novo partido de dereitas nas vindeiras eleccións autonómicas.



A cabeza visible dese novo partido é o exbanqueiro Mario Conde. O seu nome é Sociedad Civil y Democracia e vai ser constituído o próximo 6 de outubro. Núñez Feijóo metido en campaña para convencer a sociedade dos beneficios do recorte de deputados, a oposición non a vai convencer, co pretexto do aforro e non de asegurar unha posible maioría absoluta coma indican todas as análisis sociolóxicas que se derivan desta reforma. O Presidente da Xunta xa dixo que a ían a aprobar de forma unilateral a pesares dos argumentos en contra.

Coa polémica do recorte, o adianto do proceso electoral en Euskadi, Mario Conde anunciou que voltará a política, despois do seu fracaso do 2000 como cabeza de lista de UC-CDS. O tamén tertuliano de IntereconomíaTV conta co respaldo do grupo de comunicación que preside o ex deputado do PP Julio Ariza, e así deixou constancia na sua conta de twitter: “Mario Conde, el político de Intereconomía. Rubalcaba el político de Prisa. Rajoy el político de Teledeporte”, escribeu este mes.


Segundo conta tamén Público.es Rajoy e o PP nacional presionan a Feijóo para que adiante as eleccións, pois 2000 integrantes da plataforma crítica Democracia y Libertad abandonaban o martes o PP e pasaban a apoiar a SCD. Esta corrente crítica tendelegacións nas catro provincias galegas.
Os consevadores galegos son conscientes do desgaste de PP e PSOE polo que a aventura de Mario Conde en nada se asemella a do 2000. E recordan o exemplo de Jesús Gil en Andalucía.

A todo elo ai que sumar as excelentes relacións de Conde cos Baltar quenes moven os fios en Ourense a provincia con máis críticos con Feijóo dentro do seu propio partido. M. Conde asisteu a homenaxe que lle tributaron a Baltar pai cando lle pasou en herdanza a presidencia da Deputación de Ourense a o seu fillo, Manuel Baltar, así coma asegurarlle o futuro laboral a familiares e amigos na mesma Deputación. Baltar pai asisteu asemade a presentación do último libro de Conde e a rolda de prensada presentación dun curso da UNED na que Conde participaba coma conferenciante. A única posibilidade de que Conde non rivalice con Feijóo é que faga o que lle pide Rajoy, que adiante as eleccións a outubro ou novembro.



3 comentarios:

o quinto dijo...

este rrollo de conde, baltar,o pp etc, e igualiño a cando se mataban as diferentes familias da mafia nas peliculas ¿OU POR CASUALIDAD ALGÚN DESTES INDIVIDUOS E DE IZQUIERDAS INCLUIDO O EXPRESIDIARIO MARIO CONDE?

o quinto dijo...

este rrollo de conde, baltar,o pp etc, e igualiño a cando se mataban as diferentes familias da mafia nas peliculas ¿OU POR CASUALIDAD ALGÚN DESTES INDIVIDUOS E DE IZQUIERDAS INCLUIDO O EXPRESIDIARIO MARIO CONDE?

CORES DE CAMBADOS dijo...

O temor e que outro partido de dereitas lles reste votos, frotábanse as mans coa division nacionalista i esto pode darlles moito polo sac..........

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.