TELÉFONOS DE INTERESE

27 de agosto de 2012

PSOE DE CAMBADOS PREGUNTA POLOS APARCAMENTOS




Rafael Blanco ven de escribir na web dos Socialistas de Cambados a seguinte queixa polo caótico estado do aparcamento en Cambados.











Hai días observamos a denuncia de varios colectivos e veciños sobre os aparcamentos indiscriminados na Praza de Fefiñáns, sabendo que está prohibido durante todo o ano. Agora na rúa Hospital e Rodríguez Castelao a situación segue a ser parecida. Todos os días veciños, turistas, paseantes, poden observar como algúns condutores poden e aparcan enriba das beirarrúas, enriba dos alacorques de árbores colocados cando se restaurou a rúa. E que na actualidade a maioría non valen, están arrancados ou dobrados tal e como se pode ver nas fotos adxuntas de onte, domingo, 26 de agosto de 2012.

Así nos preguntamos se os peatóns deben circular pola rúa en lugar de polas beirarrúas, se debe permitir este tipo de actuacións sen tomar ningún tipo de sanción ou determinación polas autoridades, ou e que aquí en Cambados todo vale, todo se pode facer ó revés sen que pase nada e sen que nada e ninguén faga nada para mellorar a forma de vida dun pobo. E por se fora pouco que ninguén teña a decencia de dar explicacións ou de solucionar o problema.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.