TELÉFONOS DE INTERESE

22 de agosto de 2012

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS VOLVEN A PEDIR QUE SE DECLARE DE INTERESE INTERNACIONAL A FESTA DO ALBARIÑO





Os Socialistas de Cambados veñen  de presentar no Concello unha moción, igual que xa fixeran hai dous anos, para que se realicen os trámites necesarios para que se declare a Festa do Albariño de Interese Turístico Internacional.

A Festa do Albariño é unha das de maior importancia, antigüidade e relevancia dentro das Festas Gastronómicas a nivel nacional e cun recoñecemento importante a nivel internacional.
Cambados e a Festa cumpren sobradamente cos requisitos para poder acceder a este recoñecemento, e a celebración no primeiro fin de semana de agosto de cada ano representa un punto de encontro que move a miles de persoas e a industrias do sector,  modifica o aspecto da nosa vila converténdose nun referente de actividade no conxunto de Galicia.

Esta Festa está recoñecida como de Interese Turístico Nacional dende o ano 1990, e aínda que por parte deste grupo xa solicitamos que se iniciasen os trámites necesarios para o seu recoñecemento como Festa de Interese Internacional, cremos que volve a ser necesario presentar esta solicitude, e segue sendo o momento idóneo para subir un chanzo máis da escaleira e ser declarada de Interese Turístico Internacional.

Esperemos que desta vez o PP non vote en contra, como xa fixera en 2.010, e que a Festa do Albariño poida ocupar o lugar que merece no mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.