TELÉFONOS DE INTERESE

18 de agosto de 2012

MOBILIZACIÓNS DOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES






Santiago
Afectados as participacións preferentes de Novagalicia Banco retomaron este venres as mobilizacións concentrándose de maneira simultánea fronte ás sedes da entidade financeira en Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, O Grove, Sanxenxo, Cangas e A Guarda, entre outras localidades. 

Participantes nas protestas, que nalgúns casos chegaron a motivar o peche das oficinas, rexeitaron a opción dun troco dos produtos que supoña quítaa do 70%. 

A plataforma de afectados pola venda de participacións preferentes Vigo-Val Miñor asegurou que a quita do 70% dos seus aforros exposta sería "ilegal" e volveu a rexeitar esta alternativa para unha posible devolución do diñeiro. 




En Sanxenxo participaron case medio centenar de persoas.


Ataviados con camisetas, pancartas e todo tipo de instrumentos e coreando consignas de rexeitamento ós bancos e á clase política. Así protagonizaron en Sanxenxo os afectados polas preferentes do Salnés unha nova concentración. O obxectivo era reclamar, unha vez máis, que lles devolvan os seus cartos e manifestar o seu rexeitamento á opción da quita do 70%.
En Sanxenxo case medio centenar de persoas participaron na concentración. E é que aseguraron que xa están fartos de que pase o tempo e sigan sen ver os seus cartos. Mesmo, confesaron que están dispostos a non retiralo diñeiro do banco sempre e cando llos teñan asegurados.
E por suposto que ata que non lles dean unha solución no van cesar no intento. Neste contexto,hoxe plataformas de afectados de toda Galicia protagonizarán unha manifestación masiva por diferentes rúas do concello de Sanxenxo.
A manifestación será a partir das once da mañá e sairá do Pazo Emilia Pardo Bazán para rematar na sucursal de Novagalicia Banco de Portonovo. A día de hoxe hai preto de cincuenta mil afectados en toda Galicia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.