TELÉFONOS DE INTERESE

16 de agosto de 2012

INMENSA LABOR DO REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS







Hai algo máis de un mes O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS mandou a Holanda uns trinta cans para seren adoptados por xente dese pais.
Nas derradiras semanas seguiron mantendo contactos con países coma Alemaña ou Suecia para enviarlles tamén alí mascotas que na nosa zona non son que de ubicar.


A laboura de Olga Costa e o seu equipo non é doada sobre todo polo caro que é transportar a os cans a eses países. Este último viaxe saleulles en máis de 3000 euros, que sumados a os gastos veterinarios do dia a dia fanse unha losa moi grande que mover. Estos gastos sufráganse coas axudas (escasas) municipais, donativos e o que recaudan en actos como o que pasado fin de semana tivo lugar en Fefiñáns.
Pola falla de cartos tiveron que aprazar, polo momento, o envío de animais a Finlandia.

Recordemos que este centro ven encargándose da recollida de mascotas abandonadas por Cambados, a comarca e incluso polo resto da provincia de Pontevedra de forma voluntaria ata ben pouco tempo. Ata que o desborde era de tal magnitude que os voluntarios tiveron que decir “ata aquí chegamos”.
O ideal seía que as adopcións foran feitas por xente do noso entorno, pero hai máis mascotas que persoas que queiran adoptar.

A labor do REFUGIO vai máis aló de colocar a os cans con novos donos, tamén a potenciación da terapia asistida que consiste na interaación das mascotas con persoascon discapacidade ou maiores residentes en xeriátricos.


As redes sociais, sobre todo Facebook, xogan un papel importante para o Refugio, de feito fai uns meses tiveron que abrir unha segunda páxina e moito nos tememos que pronto chegará a terceira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.