Os afectados polas participacións preferentes na
comarca arousá estudan constituír unha plataforma de ámbito comarcal co
obxectivo de sumar forzas. O colectivo da Illa, que aglutina a unhas
corenta persoas, recibiu unha invitación, asinada por outros 44
afectados de Ribadumia, Meaño, Sanxenxo, Cambados e O Grove para crear
un foro de presión de maior calado. Unha alternativa que foi vista con
bos ollos desde a localidade insular.
En todo caso, mentres esa decisión adóptase, os
afectados da Illa continúan organizando a súa resposta ante a situación
na que se viron envoltos. Onte celebraban unha reunión no salón de
plenos na que tiñan previsto estudar as próximas mobilizacións e
organizarse para a manifestación que se celebrará o próximo 2 de xuño na
Coruña, na que participarán afectados de toda Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.