TELÉFONOS DE INTERESE

11 de mayo de 2019

O IES RAMÓN CABANILLAS REALIZA UNHA ACTIVIDADE SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA RELACIONADA COS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN EXISTENTES EN GALIZA NO FRANQUISMO




Onte venres, alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 1º de Bacharelato participou nunha actividade formativa sobre os Campos de Concentración que funcionaron en Galiza durante o franquismo.

O profesor da Universidade da Coruña Carlos Velasco Souto, Doutor en Historia e especialista en Historia Social de Galiza e no estudo do franquismo, mantivo unha sesión de traballo co noso alumnado, achegándoo a unha parte da nosa historia moi pouco coñecida. Sesión moi dinámica pois ao remate da súa exposición houbo de dar resposta ás preguntas e preocupacións dos alumnos e alumnas, que como sinalaba algún non entendían como temos tanto información sobre os campos de concentración nazis e descoñecemos unha realidade que existiu no noso país, e que por tanto forma parte da nosa propia historia.

O profesor Velasco Souto leva anos estudando a existencia e localización dos Campos de Concentración que funcionaron en Galiza durante a Guerra Civil e na primeira década da ditadura franquista, e neste momento téñense localizados 11, varios na comarca da Barbanza, campos polos que pasaron máis de 30.000 prisioneiros, a meirande parte deles persoas comprometidas co sistema democrático contra o que o xeneral Franco deu o golpe de estado.
Esta actividade enmárcase no tratamento da Memoria Histórica e do Xenocidio incluídos nos elementos transversais definidos polo centro, e busca concienciar ao alumnado contra todo tipo de violencia e discriminación partindo do estudo de feitos históricos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.