Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de diciembre de 2018

A XUNTA PUBLICA NO DOG O INICIO DAS EXPROPIACIÓNS PARA A MELLORA DE SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PO-549, NOS CONCELLOS DE CAMBADOS E VILANOVA DE AROUSA

Esta intervención ten por obxectivo levar a cabo unha serie de actuacións que permitan mitigar a accidentalidade neste treito de 1,8 quilómetros, comprendido entre os puntos quilométricos 7+570 e 9+800
As principais actuacións realizaranse nas interseccións, coa execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica e de dúas semiglorietas para os cambios de sentido
Tamén se mellorará a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade
Estes traballos están enmarcados na estratexia da Xunta para ter eliminados en 2020 os tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola mellora da seguridade viaria na estrada PO-549, nos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa.
O Goberno galego achega un investimento duns 575.000 euros, destinándose máis de 73.000 euros ao pago dos titulares dos terreos das 26 fincas necesarias para esta actuación.
No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio publicado hoxe: https://goo.gl/3X66wk
Esta intervención, que se enmarca na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas, ten por obxectivo levar a cabo unha serie de actuacións para mitigar a accidentalidade neste treito final de 1,8 quilómetros.
Durante o proceso de información pública deste proxecto o Concello de Vilanova solicitou que se ampliase o ámbito da intervención nunha lonxitude de 700 metros e se executasen sendas no tramo. O Goberno galego atendeu esta solicitude, polo que o tramo no que se desenvolverán as obras é o comprendido entre os puntos quilométricos 7+570 e 9+800.
As principais actuacións realizaranse nas interseccións, coa execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica. Tamén se construirán dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.
A actuación tamén contempla a execución dunha nova glorieta na intersección do punto quilométrico 9+020 coas estradas provinciais EP-9004 e EP-9005 e a mellora da contorna da rotonda existente no 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos.
Tamén se mellorará a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medidas.
De xeito complementario, executarase un tramo de senda entre os puntos quilométricos 7+570 e 8+340 pola marxe esquerda da estrada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.