O programa DepoEmprende para escolares componse de tres categorías. DepoEmprende na Escola diríxese a alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e Educación Especial, que durante o curso crean e xestionan unha cooperativa para a fabricación dun produto concreto. En DepoEmprende na ESO participa alumnado de 3º e 4º da ESO, que a través deste programa, estudan a Iniciativa Emprendedora. DepoEmprende na FP vai para rapazas e rapaces que estudan a modalidade de "Empresa Iniciativa Empresarial" e/ou "Simulación Empresarial", que crean proxectos empresariais concretos.
"En todos os casos, o obxectivo é que o emprendemento entre de cheo nos centros educativos. Queremos formar aos rapaces e rapazas para que se adapten ao novo entorno no que nos movemos, que se preparen para traballos que aínda agora non existen e con ferramentas de traballo que aínda están por desenvolver", sinalou Font. A finalidade é que o alumnado "sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo máis enfocado á práctica e á mellora da formación e da empregabilidade".
Máis polo miúdo, o deputado debullou os "excelentes resultados de participación neste curso 2018-2019, o que demostra a boa acollida por parte da comunidade educativa". En total, participan neste ano 553 alumnos e alumnas de 25 centros educativos, de 15 concellos da provincia. Dende o servizo de Promoción de Emprego da Deputación xa se están realizando as primeiras visitas informativas aos centros para resolver dúbidas e arrincar coa formación.
En DepoEmprende na Escola 2018-2019 participan 281 alumnos e alumnas de 9 centros educativos. Trátase do CEE Príncipe Felipe (Pontevedra), CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados), CEIP García Barbón (Vigo), CEIP Plurilingüe nº1 de Tui (Tui), CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia), CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa) e CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra).
DepoEmprende na ESO concentra este curso a 99 alumnas e alumnas de 8 centros. Son o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES de Rodeira (Cangas), IES Luís Seoane (Pontevedra), IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), IES Illa de San Simón (Redondela), IES Illa de Ons (Bueu), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES de Meaño (Meaño). Un total de 173 rapazas e rapaces da ESO, pertendentes a 8 centros educativos da provincia, toman parte nesta edición de DepoEmprende na FP. En concreto, trátase do IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), IES de Rodeira (Cangas), CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Asociación EFA A Cancela (As Neves), IES Terra de Turonio (Gondomar), CFEA Lourizán (Pontevedra), CPR San Miguel (Vigo) e IES de Valga (Valga).
Font sinalou que DepoEmprende segue demostrando, curso a curso, "un importante éxito de participación e de boa acollida". En concreto, nos tres anos de implantación do programa, teñen participado preto de 1.500 estudantes de 37 centros educativos da provincia de Pontevedra, pertencentes a 19 concellos. Salientou o ano pasado como "o ano de consolidación do programa". No curso 2017-2018 participaron nas tres categorías un total de 565 persoas: 404 en DepoEmprende na Escola, 36 en DepoEmprende na ESO e 125 en DepoEmprende na FP. Foron 21 centros educativos os que tomaron parte na iniciativa, que deu como resultado a creación de 17 cooperativas en DepEmprende na Escola, 5 cooperativas en DepEmprende na ESO e a configuración de 37 proxectos empresarias a través de DepEmprende na FP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.