Un mozo, segundo testigos presenciais, con síntomas de embriaguez resultou ferido ao impactar onte pola mañán o seu vehículo contra unha columna exterior dunha casa na parroquia de Corvillón. Protección Civil desprazouse ata o lugar e trasladou a o mozo a un centro hospitalario. As feridas eran de carácter leve pero aínda así foi levado para un mellor diagnóstico. O accidente producíase ás 10:40 horas desta xoves festivo e causou alarma entre os veciños da zona. A Garda Civil de Tráfico que se trasladou ata o lugar do accidente investiga as causas do sinistro.
1 comentario:
¿A quen carallo se lle ocurriría poñer esa farola ahí?
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.