Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de febrero de 2016

CALENDARIO DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DE TORRADO























3º CERTAME DE ESCULTURA FRANCISCO ASOREY







A Asociación Cultural Francisco Asorey convoca a terceira edición do certame de escultura que leva o nome deste artista, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, do Concello de Cambados e da Deputación Provincial de Pontevedra. Representantes das catro institucións presentaronhai duas semáns na localidade de Cambados, vila natal de Asorey, a nova convocatoria deste certame escultórico, destinado á promoción e á posta en valor da creación artística actual.

“O legado dun dos grandes artísticas plásticos do século XX na nosa terra segue a ser hoxe un referente e serve, ademais, de inspiración constante para os creadores e creadoras do noso tempo”, asegurou Anxo Lorenzo. Nese sentido, o secretario xeral recordou que “Asorey é unha figura senlleira na escultura de Galicia, un dos piares da nosa arte e da nosa cultura, o ‘artista da raza’, un creador que é patrimonio de todos os galegos e as galegas”. “Tanto –engadiu–, que as súas obras forma parte da nosa contorna urbana, como os monumentos a San Francisco en Santiago de Compostela, a Curros Enríquez na Coruña, a Joaquín Loriga en Lalín ou a Eduardo Cabello en Vigo, xunto con numerosas placas, bustos e outras obras en museos, igrexas, e institucións diversas da nosa xeografía”.

Na rolda de prensa tamén interviran o deputado provincial de Cultura e Normalización Lingüística de Pontevedra, Xosé Leal Fariña, e o Concelleiro de Cultura de Cambados, Víctor Caamaño, en representación das restantes institucións implicadas nesta iniciativa.


Traballos inéditos de tema libre
Calquera persoa, sen limitación de idade, pode participar neste premio, cunha única obra de tema libre, inédita e orixinal, da que sexa autora, realizada en calquera material e cuxas dimensións non superen os 120 cm de alto e os 80 cm de profundidade e de ancho.
Exposición das obras finalistas na Casa da Parra
O certame está dotado con 5.000 euros para a obra gañadora, ademais de dous accésits de 1.000 euros cada un. Os traballos finalistas conformarán a exposición do Certame de Escultura Francisco Asorey, que, segundo anunciou o secretario xeral de Cultura na rolda de prensa, itinerará no último trimestre do ano a Santiago de Compostela, onde se poderá ver no centro expositivo da Casa da Parra.
As bases do certame están accesibles nas webs www.fundacionasorey.com e en www.cultura.gal, e o prazo para a inscrición está aberto ata o vindeiro 20 de xuño.
Máis de 40 obras a concurso na segunda edición
“Nas dúas edicións anteriores do certame –afirmou Anxo Lorenzo– tivemos a oportunidade de constatar, a través das 41 obras presentadas a concurso por artistas de nacionalidades diversas, a calidade das esculturas participantes e a excelencia das e dos autores, tanto dos consagrados como daqueles emerxentes que están a labrar o seu futuro nesta disciplina”.
Unha exposición en Cambados recolleu os 12 traballos finalistas, obra de autores recoñecidos xunto con outros de artistas emerxentes, procedentes no caso de Galicia do alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela, da Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña ou da Escola de Canteiros de Pontevedra. A obra gañadora da pasada edición foi ‘Lambetazo’, de José Castro, mentres que os traballos Miguel Ángel Vigo e de Óscar Aldonza recibiron cadanseu accésit.




O DIRECTOR XERAL DA FUNDACIÓN FINNOVA E TITOR DA UE VISITA O VIVEIRO DE EMPRESAS







Juan Manuel Revuelta visitou a semana pasada as instalacións onde se ubicará o Viveiro de Empresas de Cambados, no Polígono de Sete Pías. O técnico europeo destacou o gran potencial da zona, destacando as potencialidades de sectores coma o viño, o mar ou o turismo para plantexar que dito viveiro se formule como un “acelerador” de empresas, estó é un viveiro especializado nun determinado sector.
A Fundación Finnova, da que Juan Manuel Revuelta é director xeral, adícase á intermediación entre as administracións locais e a Unión Europea para a posta en marcha de proxectos e a consecución de fondos, polo que fai de titor para as administracións ou entidades que queiran acollerse aos plans comunitarios.
A fórmula do “acelerador” de empresas será tida en conta de cara a unha segunda fase do proxecto do viveiro, posto que a prioridade agora é a súa posta en marcha para que sexa incluído na StartUp European Week, permitindo así aos emprendedores acceder a unha serie de subvencións europeas ás que non terían dereito se non estivesen no viveiro de empresas e este non estivese na StartUp.





COUSAS QUE A DEREITA NON CONTA DE ENCE (I)






A renovación do permiso a Ence por sesenta anos chega cando estaban a piques de esgotarse os dous anteriores, concedido un
en 2008 polo bipartito cando o conselleiro era Pachi Vázquez. O período de validez estableceuse entón en tres anos e oito meses, polos catro do concedido pola Xunta gobernada polo PP no ano 2011.
Sinalaba entonces o concelleiro Hernández que este novo permiso establecía "condicións similares" ao previo.

O goberno local de Pontevedra alegara en contra da renovación, en liña con varios colectivos ecoloxistas, que opoñían razóns de plan urbanístico e ambientais ás que a Xunta non atendeu en ningunha das ocasións.
Consciente diso, Hernández insistiu con máis vehemencia que nunca en que o PP non apoiará en ningún caso que a pasteira siga en Lourizán máis aló do prazo tope de 2018, segundo fixa a Lei de Costas. A data, dixo é "irrenunciable, incuestionable e improrrogable". "Non contemplamos outro escenario". "A data de 2018 non é negociable", repetiu aos xornalistas que atendían á súa comparecencia Pontevedra.

Porque se nomea a Rajoy "persoa non grata" en Pontevedra?


Pois tres son sobre todo as causas máis importantes.
A primeira é claramente a de ampliar o permiso para que a pasteira continúe na sua actual ubicación, algo co que unha maioría de pontevedreses non está de acordo amén de grupos ecoloxistas e mariscadores.
A segunda é a cantidade de tempo polo que se concede esta prórroga, 60 anos, hipotecando o futuro de esta e outras xeracións futuras.
E a terceira é que se ampliase ese permiso por parte dun goberno en funcións. Un mes despois das pasadas eleccións xerais, o PP decidiu ampliar ese prazo noutros 60 anos con argumentos como a importancia económica do complexo, no que traballan 370 persoas, de forma directa  e non 1000 como se chegou a decir.

Diferencias provocadas polo PP

Sectores da dereita acusan a B.N.G. e P.S.O.E de facer demagoxia pois eles deran no seu momento o permiso para que ENCE continuase case 4 anos máis como indicamos máis arriba pero tal e como estaba nese momento a lei non poderían ampliar ese permiso unha vez rematado o prazo de 3 anos e 8 meses. Pero o novo permiso, ata o ano 2073, deuse grazas ao cambio impulsado polo PP na Lei de Costas e ao visto e prace ambiental que outorgou hai uns meses a Xunta de Galicia, presidida polo popular Alberto Núñez Feijóo. Antes da reforma, a lei obrigaba á multinacional para abandonar o seu actual emprazamento en 2018.

De esto na dereita ou ninguén sabe ou non queren saber





A DEPUTACIÓN OFRECE 30 OBRADOIROS A AUTÓNOMOS I EMPRESAS






A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, a rede provincial de centros atendidos por técnicos especializados en Novas Tecnoloxías, organiza no mes de marzo 30 novos obradoiros dirixidos a autónomos e pemes. A interpretación de datos de Google Analytics, o funcionamento de LinkedIn, a inserción de publicidade en Facebook ou a elaboración de mostrarios virtuais son algúns dos temas que se abordarán nos seis centros cos que conta o CPAE 2.0, situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
Os obradoiros teñen unha duración media de dúas horas e son impartidos por profesionais de recoñecida experiencia. A inscrición pode facerse a través do teléfono 886 202 020 ou da web www.cpae20.depo.esNeste sitio tamén atoparán información detallada do contido e o horario de cada un dos obradoiros.
O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) é unha rede de puntos comarcais que lles prestan servizos presenciais de información e asesoramento sobre as TIC a autónomos e micropemes, un colectivo que representa o 92 % do tecido empresarial da provincia.



II FESTIVAL A PROL DA AME








O sábado día 5 de Marzo celebrarase no Auditorio Santa Baia de Ribadumia o II FESTIVAL A PROL DA AME.
Participaran:

Os Demos da Petaca
Agmc Ribadumia
Con de Xido
Añoranza
O precio da entrada será de 3€









27 de febrero de 2016

GRAN VICTORIA DO XUVEN EN ÁVILA







O Xuven Cambados convertíase no segundo equipo que esta tempada logra vencer en liga no CUM Carlos Xastre na estrea de FebTV na cancha abulense. Xuven Cambados toma aire na pelexa pola salvación.

Primeiro período de moita anotación, con constantes alternancias no marcador que culminaban nun 19-22 para os galegos. Os de Miguel Ángel Hoyo estirábanse no arranque do segundo acto (21-29) aproveitando os seus mellores minutos. Carrefour "O Bulevar" de Ávila tentaba enxugar a diferenza, pero non podía impedir que un triplo de Joel Almeida puxese o +10 para os visitantes ao descanso (28-38).
Os galegos non acusaban o paso polos vestiarios e íanse ata os 18 de vantaxe (32-50). Aos abulenses xa só quedáballes a épica, pero esta non daba indicios de aparecer (52-67). Os de David Mangas tentaban engancharse cun 5-0, respondido de inmediato por acertos exteriores do seu rival (60-70). Os locais non baixaban os brazos, apertaban os dentes e enchían de esperanza á súa inchada colocándose a tres puntos (74-77). E mesmo tiveron posesión para achegarse máis, pero non a aproveitaron e Adrián Chapela sentenciaba a medio minuto para terminar.

A clave: 48% en triplos para os visitantes, con 10 de 21. Cinco xogadores galegos por encima dos dez puntos, liderados por Sergi Quintela: 20 tantos e  8 rebotes para 23 de valoración.




 Estadística



O MAR CHEGOU A O OBRADOIRO






Manifestáronse en Santiago na defensa do sector do mar. Manteñen que a marcha de hoxe marcará un primeiro paso para defender e negociar dende a unidade os intereses dun sector que supon 32 mil postos de traballo
A xente do mar quería escenificar a súa unidade coa manifestación de hoxe en Santiago e nin o tempo adverso os botou para atrás. Millerios de persoas participaron na marcha para esixir un cambio de rumbo nas políticas do PP. Dende a plataforma en defensa da ría de Arousa mesmo pediron a dimisión da Conselleira do Mar. O presidente, Xaquín Rubido dixo que o mundo do mar leva anos esquecido e abandonado.  
Din que o proxeto da Lei de acuicultura " foi a  gota que rebordou o vaso" e consideran que a  retirada da norma por parte da Xunta  foi a primeira vitoria dun sector unido. Reclaman cambio do sistema de cotas, unha maior defensa do sector pesqueiro artesanal e dos produtos galegos, loita contra a contaminación das rías e contra as mortaldade do marisco.
A peregrinación dos mariñeiros acabou na praza do Obradorio coa lectura dun manifesto a cargo do actor Carlos Blanco. 
Nesta multitudinaria protesta participaron tamén ecoloxistas, sindicatos e representantes de todos os grupos politicos da oposición que comparten as reivindicacións da xente do mar: Barcos con cotas e emprego con condicións dignas.








GALICIA NON QUERE CIRCOS CON ANIMAIS







37 municipios de Galicia xa aprobaron iniciativas para impedir a instalación de espectáculos circenses que exploten animais, sumando máis do 46% da poboación da comunidade.

A vida dos animais nos circos caracterízase polo illamento, o medo e o cativerio en condicións extremas. Estes espectáculos ofrecen unha imaxe tremendamente distorsionada da realidade, ademais dunha negativa mensaxe sobre o benestar e trato cara á fauna silvestre e doméstica.
Aínda que non existan condutas violentas a primeira ollada, elefantes, cans e tigres son habitualmente forzados a realizar actos antinaturales, sometidos a crueis métodos de adestramento baseados no castigo físico, a privación de alimento e o illamento.
Máis de 1,2 millóns de galegas e galegos residen en municipios cuxos gobernos aprobaron iniciativas para rexeitar a instalación de circos que empreguen animais, do mesmo xeito que decenas de cidades e países xa tomaron medidas respecto diso.


Pide á Xunta e ao Parlamento de Galicia que prohiban o uso de animais en circos en toda a comunidade.

Asina a petición





500.000 GRACIAS








No dia de hoxe chegamos as 500.000 visitas. Nin moitas nin poucas. Somplemente un número ao que non contábamos chegar dado que non se creou  CORES DE CAMBADOS para ser líder de nada, simplemente para expresar o sentir dos administradores en relación ao que acontece a diario e informar de eventos tanto deportivos como culturais, festivos e incluso relixiosos.

Por todo esto simplemente agradecervos a atención e o apoio amosado na mairía dos casos.

                                       MOITAS GRACIAS







26 de febrero de 2016

CARAMUXO TEATRO PRESENTA FEO! ESTE DOMINGO EN CAMBADOS







CARAMUXO TEATRO FEO! (INSPIRADO EN " O PARRULO FEO")

Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato , inspirado en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen.

A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente...
Feo! é un canto  á diversidade  e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

Domingo 28, 18:00h, Auditorio A Xuventude de Cambados.

Os precios serán de 3´50 € ou 2´50€




PARTIDO COMPLICADO PARA O XUVEN







Os de David Mangas volven comparecer no CUM Carlos Sastre despois de encaixar fai quince días a súa primeira derrota do curso como local. E fano coa moral mellorada tras a vitoria obtida o pasado domingo en Xetafe, cunha gran segunda metade e impulsados pola calor dunha afección que lles acompañou ata terras madrileñas. Nese duelo non participaron nin Miguel Young nin Ignas Ramasauskas, que seguen con molestias. Os locais presentan a novidade de Tejera, procedentes do Euroconsult Alcobendas de liga EBA. A Ávila chega un Xuven Cambados que deixou escapar o pasado sábado unha oportunidade de ouro de sumar un triunfo cara á tranquilidade. Pero os de Miguel Ángel Hoyo deixaron escapar a Sáenz Horeca Araberri e a vitoria e agora só contan cun partido de marxe sobre o descenso.

Partido de máxima esixencia para o conxunto de Miguel Ángel Hoyo. Trátase dun rival que é o mellor equipo da categoría en casa. O seu balance é de oito triunfos e unha soa derrota en nove partidos.

A outra preocupación de Hoyo radica en como atacar a boa defensa do Carrefour "O Bulevar" de Ávila. "É un dos mellores equipos en defensa pola súa orde, estrutura e organización, máis que pola súa agresividade. Con excelentes rotacións e moita comunicación. Non deixan tiros fáciles" di Hoyo.


O bloque dirixido por Miguel Ángel Hoyo, se impuxo aos verderones na primeira volta, reforzouse con Noman Baru Adjehi, un pivote de Costa do Marfil que se une ao proxecto pontevedrés para escalar posicións. Un plantel onde, sen ningunha dúbida, a referencia é o escolta Joel Almeida, que suma 15 puntos e 5 rebotes de media por partido e un total de 325 de valoración. O portugués é, xunto a Adrián Chapela, dous dos mellores homes dun equipo «cun estilo moi definido e que se teñen o día pódenche poñer en aprietos». Por iso a petición do técnico abulense aos seus é moi clara. «Espero que o equipo demostre sobre a cancha a agresividade coa que estamos a adestrar».

Data e hora: Sábado, 19:00 h.

Atención a: Ollo ao calendario que lles espera aos pontevedreses. Este sábado, Ávila. O seguinte, derbi galego contra o líder. E dentro de dúas semanas, duelo vital pola permanencia ante Simply Olival.

O dato: Terceira visita para os galegos a Ávila. As duas anteriores, saldadas con derrotas (61-54 e 81-62).

Na primeira volta: Vitoria galega por 77 a 69




25 de febrero de 2016

XULGAN A UN INDIVIDUO POR TENTAR COLAR BILLETES FALSOS EN CAMBADOS









A Sección cuarta da Audiencia de Pontevedra xulgará o vindeiro martes 1 de marzo un caso de falsificación de moeda. No banco senta un home acusado de tratar de poñer en circulación en Cambados nove billetes de 50 euros falsos.
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o acusado, con antecedentes penais non computables, en agosto do ano 2012, e tras adquirir "de modo voluntario e coñecedor do seu carácter ilícito" nove billetes de 50 euros falsos, trasladouse de Vilagarcía de Arousa a Cambados co fin de poñelos en circulación.
Para iso, acudiu a catro establecementos da localidade (bar Soho, bar Pirata, bar Eclipse e bar Lagar) onde para pago das cervexas ou cocacolas que pedía ou o cambio para tabaco efectuaba a entrega dos billetes falsos, obtendo a cambio moeda de curso legal. Así conseguiu introducir tres billetes de cincuenta euros.
O propietario do bar "O Lagar" decatouse que pretendía facer o pago do consumido cun billete falso, polo que chamou á Garda Civil, quen logrou localizalo pola Avenida de Madrid. O imputado ao darse conta da presenza policial tirou ao chan un paquete de tabaco que contiña no seu interior seis billetes falsos de 50 euros, todos eles co mesmo número de serie.
Os nove billetes foron recuperados polos axentes da garda civil. O importe da moeda falsa ascende a 450 euros.



UN FUME NUNHA VIVENDA EN CAMBADOS FAI INTERVIR AOS BOMBEIROS







Unha intensa fumareda  que salía dunha vivenda alertou ao veciños da rúa Caamaño Bournacell en Cambados.

Minutos despois da unha da tarde dous camnións dos Bombeiros do Salnes achegáronse ata esta céntrica rúa cambadesa para comprobar a orixe deste fume. Ao chegar a vivenda comprobaron que o fume procedía dun lume orixinado nun aparato deshumificador e provocara unha intensa fumareda que alertara a os veciños.
Na vivenda nese momento non se atopaba ningunha persoa.
Os bombeiros procederon a ventilar as duas plantas de vivenda, aínda que a máis afectada era a planta baixa, e comprobar a habitabilidade da casa.

Ata o lugar achegouse tamén a Policía local de Cambados.





24 de febrero de 2016

ACORDO DE GOBERNO SOBRE AS LINGUAS REXIONAIS E MINORITARIAS








Que o pasado 21 de xaneiro facíase público o 4º Informe de avaliación do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, elaborado polo Comité internacional de expertos, e ao mesmo tempo, basándose neste informe, facíanse públicas tamén as recomendacións do Consello de Ministros do Consello de Europa ao Estado español.


Que nas citadas recomendacións o Comité de expertos e o Consello de Ministros sinalan os aspectos que cómpre corrixir para o cumprimento efectivo das garantías que o Estado español e a propia Xunta de Galiza se comprometeron a levar a cabo ao ratificar, no ano 2001, o referido documento.

Por tal motivo, e toda vez que a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, é un tratado internacional que garante os dereitos lingüísticos, nomeadamente en relación á lingua galega como lingua propia e oficial de Galiza,  é polo que intereso do Pleno desta Corporación, manifeste o seu compromiso coa referida Carta e adopte o seguinte ACORDO:

INSTAR á Xunta de Galiza a:

1º.- Cumprir con todas as recomendacións do Consello de Ministros e do Comité de Expertos do Consello de Europa, e exixir do Estado español a aplicación real dos seus compromisos en relación coa Carta, tal e como indica o Consello de Ministros.

2º.- Dar os pasos necesarios para cumprir co sinalado na línea 640 do informe que afirma que o decreto 79/2010 de plurilingüísmo contradí o estabelecido na Carta, e o punto 5º da resolución do Consello de Ministros, onde sinala que a introdución dunha terceira lingua no ensino non pode afectar negativamente á propia.

3º.- Elaborar de maneira ampla e consensuada un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística, e acorde co sinalado na Carta Europea.

4º.- Que mentres non se elabora o novo decreto, modifique o actual derrogando os artigos que poñen límites ao uso do galego nas aulas, como as porcentaxes máximas de materias a impartir en galego nos centros e a prohibición de impartir na nosa lingua as materias científico-técnicas ou matemáticas; e,

5º.- Garantir unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as vilas e cidades.




ESPOSICIÓN DE CARLOS MAÑO NO PAZO TORRADO









Naceu en Zaragoza pero, á temperá idade de 8 anos trasladouse a Santiago de Compostela.Comezou a súa formación artística en 1978, ao matricularse na Escola de Artes e Oficios "Mestre Mateo " da cidade compostelá. Durante o ano seguinte, asistiu ás clases de debuxo e pintura que impartía Armando Guerra.

 En 1980 marchouse a vivir a Vigo, ingresando na a Escola de Artes e Oficios, alí estudou durante tres anos. Simultaneamente, traballou no taller do pintor e escultor Guillermo Steingbruggën, na actualidade profesor da Universidade de Belas Artes de Lübeck, Alemaña.En 1983 conseguiu a bolsa da Deputación de Pontevedra para proseguir o seu labor artístico, fixando a súa residencia en Vilagarcía de Arousa.

 As súas obras achéganse ao pop warholiano, do que toma a táctica do apropicionismo icónico, que consiste en tomar imaxes da contorna popular e reproducilas como obras de arte elitistas. A este técnica Maño engade "o principio colaxe, a redundancia nos mesmos iconas, a utilización de estruturas, de acumulación, os cambios de escala, a superposición de imaxes de distinta natureza e a división do espazo pictórico en cuarteis de cor", todo iso, envolvido nunha gran ironía.




ACORDO DE GOBERNO SOBRE A REPRESA DE CABANELAS






No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 18 de xaneiro de 2016, publicase “solicitude de Gestora Inmobiliaria La Toja S.A para autorización de obras de construción represa no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, concello de Ribadumia (Pontevedra)”, recolléndose textualmente en dita publicación que “As obras solicitadas consisten na construción da represa nunha superficie de 40.10 m. de lonxitude e 29,30 m. de anchura, con coieira, cunha altura máxima de 1,80 m. sobre rasante, e bloques de 500 kg., noiros de 20/1(H/V) augas arriba e 2/1 augas abaixo, cun canal central para augas baixas no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, Ribadumia. Para reconstrución de represa existente necesaria para evitar a salinización da captación de auga par abastecemento da illa da Toxa”.

Por tal motivo, e tendo en conta que a referida inmobiliaria dispón dunha captación propia de auga no río Umia, que usa para o abastecemento á illa, en especial para o rego do campo de golf. Que a autorización da captación foi renovada por arte de Augas de Galicia en xuño de 2015, e en relación coa mesma tamén se teñen realizado obras de mellora da canalización ata a illa da Toxa, que discorre pola Enseada do Bao, situada dentro do espazo natural protexido Umia-O Grove. Que non ten xustificación a realización desta represa, nin desde o punto de vista da necesidade de subministro, xa que os concellos do Salnés captan a maior parte da auga que consumen no río Umia no lugar de Ponte Arnelas, que previo paso pola depuradora ubicada en Treviscoso, e distribúe auga aos diferentes concellos, contando o concello de O Grove con tubaxe propia, nin desde o impacto medioambiental que supón, tanto a infraestrutura como a canalización, para o ecosistema do Umia; e, que que nas manifestacións recollidas en diferentes medios de comunicación a citada inmobiliaria, declara non ten maior interese na infraestrutura e que “foi Augas de Galicia quen nos obrigou a facer esta obra”.

É polo que SOLICITA do goberno municipal do Concello de Cambados, se sume aos colectivos que no Salnés xa manifestaron a súa oposición a esta actuación no Umia, (Colectivo Ecoloxista do Salnés, Club Naútico o Muíño, Asociación de Veciños de Oubiña...) por tratarse dun río que padece múltiples agresión mediambientais, e na súa consecuencia se adopte por parte do Pleno o seguinte ACORDO:

Instar ao Goberno galego a que busque outras alternativas para o subministro de auga á illa da Toxa, si non é suficiente o subministro que chega ao concello de O Grove a través do subministro público, e que non se autoricen as obras de construción dunha represa no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, concello de Ribadumia, xa que as mesmas afectan a espazos e especies protexidas.





CONCELLO E BATA ASINAN UN NOVO ACORDO DE COLABORACIÓN







Tres persoas con discapacidade psíquica pertencentes á asociación BATA traballarán a partir de marzo acondicionando espazos públicos forestais de Cambados. O Concello e BATA asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que esta brigada despregará os seus servizos durante dez meses. 








A iniciativa coa que se pretende seguir avanzado na integración sociolaboral dos usuarios de BATA e continuación da desenrolada en anos anteriores. 
Os tres usuarios da Asociación Tratamento do Autismo BATA estarán supervisados por un preparador laboral, traballarán a partir do un de marzo e ata finais de ano para o Concello de Cambados. Constituirán unha brigada que se encargará do mantemento, limpeza e conservación do entorno do Muíño da Seca e o Monte da Pastora.  Un paso máis na integración sociolaboral das persoas con algún tipo de discapacidade psíquica.   Este non é o primeiro convenio laboral que asina BATA con concellos do Salnés e Ulla Umia para lograr que os seus usuarios se introduzan no mercado laboral. A día de hoxe teñen brigadas en Vilagarcía, Ribadumia e están en negociacións con Valga.   O concello cambadés colaborará economicamente, cunha achega de seis mil euros.  




30 NOVOS PERMEX NA CONFRARÍA DE O GROVE








A Consellería do Mar convoca 30 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría do Grove. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.
Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería. As solicitudes deberán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas, segundo recolle a Resolución do 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé.
Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos. 



23 de febrero de 2016

CONCURSO PARA A SELECCIÓN DUN/A TRABALLADOR/A PARA O GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO “RÍA DE AROUSA”






O Grupo de Acción Local do sector pesqueiro “Ría de Arousa” (GALP) anuncia o concurso para a selección dun/a traballador/a coa categoría de auxiliar administrativo/a do seu cadro de persoal.
As bases do concurso poderán ser consultadas na páxina web de acción costeira, no apartado “novas”
e no apartado de contratación de persoal
Os/as interesados deberán presentar a solicitude para participar no dito concurso na forma descrita nas bases. A data límite de recepción de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio nun dos diarios de maior difusión no territorio do GALP.



A MANIFESTACIÓN DO VINDEIRO SÁBADO SEGUE ADIANTE







A manifestación do vindeiro sábado sigue en pe poque aparte da protesta contra o anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia hai más temas polos que os mariñeiros se van a manifestar. 
Entre eles ..... Aparte da referida Lei están os repartos, TACS e cuotas da flota artesanal, a rexeneracion das rias, o estado dos bancos de libre marisqueo.
Todo o que se aprobou na asemblea da Federación Galega de Confrarías co lema de A prol do mar
Hai moitas mais cousas que a Lei de Acuicultura.
"Ainda que se fixera fincapé na acuicultura, pola salvaxada que representaba para o mar galego, hai más temas que están a preocupar". Dinnos desde o sector.
"Mentras non se vexa a retirada no DOGA non estaremos convencidos" sinalan as mesmas fontes.

Polo tanto a manifestación do vindeiro sábado sigue en pé. 
O sábado antes das 11.30 horas na Alameda de Santiago reuniranse os manifestantes para a esa hora comezar o percorrido cara á Praza do Obradoiro, a través das rúas Senra, Doutor Teixeiro, República Arxentina, Hórreo, Orfas, Cantón do Toural, Rúa Nova, Xelmírez, Fonseca e Ou Franco, segundo informa a cooperativa de mexilloeiros Amegrove. Mañá é o último día para anotarse co fin de gozar do servizo de autobús que se prestará a partir das 9.30 horas do sábado desde a lonxa grovense, Noalla, Vilalonga, Dena (Meaño) e Castrelo (Cambados). Pero non van ser os únicos autobuses en marcha, nin moito menos, xa que sairán tamén desde o porto de Tragove (Cambados) ás 9.30 horas, da Illa (8.45), A Pobra, Rianxo, Vilanova, Carril e Vilaxoán, no que a Arousa refírese. Como tamén os haberá -todos eles gratis- desde Barallobre (Fene), Bueu, Moaña e Poio, entre outros moitos máis lugares.

Resulta paradóxico e triste que xentes e familias mariñeiras anden a propagar o falso rumor de que a manifestación xa non ten sentido e desconvócase.