Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de enero de 2016

O ENTROIDO CAMBADÉS ARRANCA CON "UNHA CHEA DE ENTROIDOS"









O venres 5 de febreiro ás 21.00 h. arranca o Entroido cambadés na praza de Alfredo Brañas co espectáculo “Unha Chea de Entroidos”, organizado por Unha Grande Chea.
Contará coas actuacións de Noite Fechada, Leda Atómica, Take It Easy, Dúas Grandes Recheas, Nin Os Cans, Cabanillas, ModelFucker, Olodum do Coio, Xironsa e Unha Grande Chea.

O grupo Cabanillas fará a sua actuación pola tarde e os Vendavalada caen a última hora do cartel .
O diñeiro recadado no evento irá destinado a GaliciAME.




O CLUB VITAL SPORT SEGUE DANDO ALEGRÍAS PARA CAMBADOS













Este pasado sábado día 30 de xaneiro, celebrouse na localidade de Boiro (A Coruña) o Campionato Galego Cadete de Tekwondo na modalidade de Combate organizado polo Club Suh Sport, campionato ata o cal, o Club Vital Sport Cambados, desprazou a dous competidores.

O primeiro deles Teo Rodríguez, tras pasar unha rolda gañando o primeiro combate, quedou ás portas dos postos de podio, caendo en cuartos ante un dos finalistas da categoría. A outra competidora, Alba Oubiña, conseguiu subirse ao podio, conseguindo unha estupenda medalla de bronce, realizando un moi bo campionato e volvendo tanto os dous competidores, como a súa adestradora Noelia Gómez, con moi boas sensacións, e moi satisfeitos do papel realizado, tendo en conta que se trataba dun campionato do máis alto nivel e clasificatorio para o Campionato de España da modalidade.








AS NON VERDADES DE ARAGUNDE MERECEN UNHA DEBIDA E CONTUNDENTE RESPOSTA








A ignorancia ou o querer dar tema de conversa aos seus amigos das páxinas "amigas" fai que Aragunde saque en prensa cousas que non son. E as cousas que non son teñen un nome ........... 
O Policía Local en cuestión, ten unha resolución dun tribubal médico onde consta que non pode exercer as funcións de policía local por unha incapacidade que ten para desempregar esa actividade. Por todo esto a Lei determina que neses casos, deberá pasar a unha segunda actividade. Este axente da Policía Local de Cambados leva a cabo labores de policía administrativa e nunca de chófer nin nada similar.

A acusación de Aragunde insiste na liña do que ao seu entender é unha mala xestión dos recursos municipais.
Mala xestión é deixar pasar subvencións para o polígono de Sete Pias como vemos hoxe na prensa. Mala xestión é pagar a un arqueólogo máis de 1000 euros por media xornada de traballo semanal. Mala xestión é creer que unha Lei con dous artigos "..... ten moitos artigos" como dixo un concelleiro esta semana no pleno un concelleiro do PP e que cobra por eso.  

Pero por si non se lembra Aragunde haberá que recordar que xa outros Policías Locais de Cambados exerceron esta mesma función con gobernos do PP.

Agardemos que desde o equipo de goberno den debida resposta ao sr. Aragunde e amigos porque unha vez sacada na prensa esta afirmación, e para que todo quede claro, merece unha contundente resposta



GRAN VICTORIA DO XUVEN







A escuadra galega anima a parte baixa da clasificación co seu triunfo en terras andaluzas, que lle fai abandonar a penúltima posición da táboa. O seu rival non logra atopar a regularidade que presidiu o seu inicio de tempada.

Cinco minutos igualados deron paso a un 0-10 galego para tomar o mando (10-18). Xuven Cambados rompía a barreira da decena no arranque do segundo período (18-32) e chegaba a dominar por 15 tantos. Os sevillanos reaccionaban cun 10-0 para chegar con "vida" ao descanso (34-42). Á volta á cancha, Olivas Fragata Morón facía a goma, sen poder baixar dos 7-8 tantos en contra. Nos instantes finais do terceiro acto, os de Javier Fijo colocábanse a 5 (53-58), pero o seu rival respondía cun 2-10 (55-68). Tocaba volver remar: parcial 9-0, roto cun 0-5 galego (64-73). O tempo íase consumindo, pero aos locais restáballes unha bala: 72-75 a 3 para acabar. Catro tiros libres sen fallo dos visitantes evitáronlles xa sobresaltos ata o final do choque.

A clave: 6 de 15 en tiros libres para os locais. Polos visitante, 24 puntos de Joel Almeida, con 5 triplos, para 27 de valoración.



30 de enero de 2016

CAMPAÑA DE ENTROIDO´16- PETISCOS DE ENTROIDO









Dentro da campaña do Entroido 2016 e dende o dia 6 ao 14 de febreiro, Cambados Zona Centro organiza a ruta de tapas chamada "Petiscos de Entroido" no que os establecementos asociados servirán tapas aos seus clientes a un prezo de 1€ e no que poderan participar nun sorteo de 12 bonos degustación (1 por establecemento) por un valor de 40€ e de 2 vales de compra de 50€

Os establecementos participantes son os seguintes:
A CASA DE MIGUEL (Rúa Real, 14) coa tapa "Embutido de chourizo de cocido"
OCASAL (Rúa Real, 3) coa tapa "Piquillo recheo con puré de castaña"
TAPERÍA REAL (Rúa Real, 5) coa tapa "Tosta ibérica con confitura de tomate"
A TABERNA DO TRASNO (Rúa Príncipe, 12) coa tapa "Carpaccio de carne ao caldeiro afumada"
A FONTE DO VIÑO (Praza das Rodasl, 3) coa tapa "A Pepa"
VINOTECA RIBEIRA DE FEFIÑÁNS (Avda. Ribeira de Fefiñánsl, 24) coa tapa "Tigre de entroido"
A TRAÍÑA (Avda. Ribeira de Fefiñáns, 20) coa tapa "Filloas serranas"
CAFETERÍA THELMA (Rúa Ourense, 5) coa tapa "Sabor de entroido"
MAR DE AROUSA (Casa Reboredo) (Avda. de Galicia, 2) coa tapa "Brocheta de Entroido"
BAR O PÓSITO (Avda. de Galicia, 29) coa tapa "Filloas salgadas recheas"
A CULTURAL (Avda. de Galicia, 31) coa tapa "Crocante de pan de millo con lacón con grelos e queixo de Arzúa"
CAFÉ-PUB BROTHER´S (Praza Alfredo Brañas, 2) coa tapa "Lacón con chourizo"











O XUVEN TEN UN COMPLICADO PARTIDO







Olivas Fragata Morón volve comparecer ante o seu público tentando esquecer a última clara derrota na súa casa ante CB Tarragona. De momento, os sevillanos ocupan unha cómoda sétima posición e teñen tres partidos por diante (Cambados, Valladolid e Selecta) para decidir se se conforman cun posto baixo no playoff ou aspiran a algo máis. Con menos tranquilidade e con máis urxencias chega Xuven Cambados a Morón de la Frontera: penúltimo clasificado, con dúas derrotas seguidas á súa costas e buscando un xogador interior para cubrir a baixa de Diouf. Swords estivo a proba pero non terminou de convencer a Miguel Ángel Hoyo.
O Xuven terá que esperar algúns días máis para poder conseguir ese xogador que pase a ocupar a vacante xerada coa marcha de Michel Diouf.

O si do xogador xa é un feito á espera de conseguir un visado que lle permita saír de Estados Unidos ao non posuír pasaporte dese país. O club confía en que poida chegar o vindeiro martes polo que xa podería estar dispoñible para xogar fronte ao Sammic Azpeitia en Ou Pombal o sábado 6 de febreiro.


Atención a: Rafa Rufián e Alberto Rodríguez. 563 partidos acumulan entre estes dous xogadores na LEB Prata. O base vén de asinar unha gran actuación en Xetafe, que lle fixo ser incluído no quinteto ideal da semana.

O dato: Os dous contendentes exceden o 50% en tiros de dous puntos, sendo dous dos tres conxuntos que máis utilizan este tipo de lanzamentos.

Na primeira volta: 77-81 para os sevillanos, a sensación do arranque de tempada.




PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL COA CAMBADESA ARACELI OUBIÑA COMO PROTAGONISTA






Hoxe sábado 13 de febreiro, ás 20:00h o Auditorio Municipal acolle a proxección do documental “el desorden de las cosas”, dirixido por Javier Campos e que narra a historia de 5 valentes mulleres que tras vencer un cancro de mama superaron o reto de chegar ao cume do Kilimanjaro da man do Reto Pelayo Vida.
Esta iniciativa naceu co obxectivo de transmitir unha mensaxe de esperanza e loita a todas aquelas mulleres que tiveron ou estén en tratamento desta enfermidade e demostrar que se pode superar. O respaldo de Pelayo forma parte da súa colaboración co Universo Muller 2018, un programa impulsado pola Federación Española de Baloncesto e apoiado polo Consello Superior de Deportes.
Despois da proxección haberá unha charla-coloquio no cal intervirán:
Cristina Alonso Gómez (psicóloga)
Pablo Braña López (traballador social)
Ángeles Pereira Roibal (médico)
Rosa Fernández Rubio (integrante do reto)
Araceli Oubiña (integrante do reto)



AQUÍ UN ADIANTO




JOSE PEPE “ATACA” DE NOVO





O  “INTELECTUAL”  JOSE PEPE  “ATACA” DE NOVO (ataca á       nosa intelixencia, enténdese)
              POR MANUEL DOMINGUEZ

                                                  INTRODUCCION DE  RICARDO DOMINGUEZ REY

Todos sabedes os “sentimentos” encontrados que teño con Jose Pepe, personaxe que, por méritos propios, xa ten un lugar privilexiado dentro da fauna cambadesa. Temos falado moito das súas colaboracións semanais  no xornal “Diario de Arousa” non por ser fonte de sapiencia e cultura senón polo feito de, hasta que punto, pode chegar ser de perigoso darlle un púlpito onde escribir a unha persoa tan ignorante en certos temas.
Eu non dubido, en absoluto, de que, en outras materias, Jose Pepe debe ser toda unha eminencia: si queredes saber onde atopar os mellores caldos, albariños principalmente,  tede por seguro que o noso escribidor é o voso home; do mesmo xeito, si queredes unha ruta turística polos mellores furanchos do Salnés, a Jose Pepe non lle fai sombra nin a “Guía Michelín” .Pero o problema ven cando, Jose Pepe,  se pon a escribir de temas dos que non ten nin a mais “puñetera” idea;  lembro artigos, algúns sinxelamente “esperpenticos” coma aquel no que dicía que a enerxía atómica era “barata”, “limpia” e “muy segura”, argumentos, que non seu dia, desbarateille nun correspondente artigo.
  O artigo que publica hoxe no citado “Diario de Arousa” co título “El compostaje no convence” amosa hasta que punto  se pode chegar  ser un analfabeto que non ten o detalle cos seus lectores de documentarse minimamente antes de escribir sobre algo do que, evidencia, non saber nadiña.
Como ben sendo habitual, primeiro, poñemos  o seu “brillante”  artigo e despois a resposta que nesta ocasión vai a cargo de Manolo Domínguez, responsable de “Ventos” Estudios Ambientais, onde desmonta todas as “paridas” postas polo noso “insigne cabaleiro”.
        

Jose Pepe fai algo mais de ano e medio afundiunos nunha inmensa tristura cando dixo que deixaba de escribir e preocupounos aínda mais cando  nos   enteramos   que sufrira un accidente de tráfico en Cobas – Meaño , afortunadamente, sen consecuencias graves para Jose Pepe (as circunstancias do accidente lembrábame  ao protagonista daquela canción que dicía: “no estaba muerto que estaba de parranda”); posteriormente recapacitou e, para nosa ledicia, volveu a escribir.  Aproveito a ocasión para mandarlle un saúdo ao noso “eminente” veciño e que saiba que si non che contesto tanto como antano é por falta de tempo e porque saíronche uns duros competidores á hora de escribir parvadas que centran a miña atención como son os “figuras”   de “Así es Cambados”
        RICARDO DOMINGUEZ REY
      
            EL COMPOSTAJE NO CONVENCE

Desde la puesta en funcionamiento de los nuevos ayuntamientos tras las últimas elecciones locales, que en  nuestra comarca han pasado a ser gobernados por partidos o coaliciones de partidos y grupos de izquierda y que antes gobernaba el Partido Popular (O Grove, Sanxenxo, Ribadumia, Vilagarcía y Cambados. A Illa, Meis, Meaño y Vilanova siguen como estaban), ha vuelto a saltar a la actualidad el tema de la eliminación de residuos orgánicos, también conocido como recogida de basuras, con el sonoro apoyo de la Diputación provincial, gobernada también por una señora de izquierda tras arduas negociaciones, con la finalidad de implantar un sistema distinto del que se viene empleando como si se tratara de algo innovador y que se ofrece y promociona como muy conveniente para la humanidad y el medio ambiente.
 Hablamos del “compostaje”, una técnica que consiste en convertir los residuos orgánicos en estiércol en nuestra propia vivienda, con el resultado de un abono casi casi comestible. El producto se logra utilizando un contenedor en forma de vasija donde se acumulan los detrictus y que una vez colmado se lleva a la finca de los suegros que dista ocho kilómetros de nuestro piso. Claro que para eso hace falta tener suegros con finca en la aldea. De momento quieren implantar el invento de forma “colectiva”, por ejemplo en parques públicos donde suelen jugar niños y pasear nosotros los jubilados, pero también donde los vándalos podrán desahogar sus cabreos esparciendo los antedichos residuos o estiércoles con el resultado que es fácil imaginar.
A las personas con las que he comentado el tema, especialmente señoras, se les ha torcido la nariz y el hermoso hocico  que tienen las señoras, en un innegable gesto de repudio del sistema de eliminación de lixo que comentamos. Pero hay algo más. El compostaje fue implantado en A Illa de Arousa hace un puñado de años y no nos consta que haya cundido el ejemplo, cosa sorprendente ya que si fuera tan bueno y conveniente debiera ser utilizado en, al menos, todos los concellos ribereños de la mar de Arousa.
   De todo lo anterior me permito deducir que el sistema de compostaje no es idóneo para nuestro entorno urbano, porque al posible rechazo por su aspecto se une la posibilidad de que en el caso de los composteros comunitarios se produzca, sobre todo en tiempo de temperaturas elevadas, el consabido mal olor, aunque he oído que algún sabio inventó ya un ambientador que suprimirá el cheiro por un “chanel 5” como el que servía de pijama a la rubia Monroe. ¡¡ Señoras y señores políticos de izquierdas, déjense de coñas               

         Pepe Vázquez

    Ai, Jose PP, Jose PP, por onde comezar!! Nunha expresión castiza e taurina, que a un reseso coma ti seguro que lle presta: “¡Si no sabes torear, pa´que te metes!”.
Comezando polas cuestión da propia escrita, seguro que tes cerca quen che di que escribes coma un académico, pero, faime caso, deberías ler máis (e non só a Biblia ou o Marca, hai máis textos no mundo, sabes?). Cuestións formais:
- A palabra correcta é detritus (non “detrictus”), por moito que a un pedante coma ti lle pareza que faltan letras nela.
- Ás persoas coas que comentas o tema, “especialmente señoras” (ademais de académico estás feito todo un galán), non se lles pode torcer o seu “hermoso hocico”, pois “hocico” fai referencia ao dos animais, empregado para as persoas só en modo despectivo (consulta o diccionario se non o cres), e non creo que pretenderas facer mofa das poucas señoras de acción católica que aturan os teus desbarres.
- “De todo lo anterior me permito deducir”… Nada diso. Deducir é extraer conclusións de modo razoado, empregando análise ou a lóxica. Ti non te “permites deducir”, ti permíteste facer afirmacións simplonas a partir dos teus prexuízos e o teu escaso coñecemento deste tema, coma en tantos outros.

   Indo ao contido:
 
- O resultado da compostaxe non é esterco. Sei ben que nunca tiveches contacto coa agricultura, escapaches do sacho ou do chimpín coma se fose a mesma morte, pero saberás que o esterco provén de restos animais ou de argazos. O compost é un substrato, é moito máis semellante en aspecto e olor á terra para testos. Tanto é así que en moitos supermercados tes compost á venta, embolsado. O único compost que se podería equiparar en parte cun esterco sería o vermicompost, procesado por miñocas, pero aínda así non cheira a esterco nin é non é o caso que nos ocupa.
- Así que os vándalos poderían desafogarse abrindo os compostadores colectivos, esparexendo o seu contido polos parques infantís… Igual que poderían usar para o mesmo fin as bolsas con cacas dos cans das papeleiras, ou botellas dos iglús, tan cortantes ademais. Coma sempre, empregando o lema conservador (“Y los niños, ¿quién piensa en los niños?”) como vos encona.
- A compostaxe na Illa: si, foi implantado fai anos, e segue a facerse. Ao igual que na Mancomunidade do Barbanza, onde transforman os residuos de 9 concellos (si, aínda que non o creas, varios deles do PP, non todos van ser tan curtos de miras coma ti) nun substrato agrario que se vende a uns 40 € a tonelada. E digo ben, véndese, non “ofrécese” ou “acumúlase sen remedio”. O mesmo que se ía facer no seu momento no Morrazo, programa abortado polos teus correlixionarios ao chegar ao poder deses concellos, mesmo cando a planta de tratamento xa estaba construída.
- Non debiches visitar nunca un composteiro, xa sexa doméstico ou comunitario, posto que cun mínimo de manexo (é dicir, remexer e impedir que se encharque, non é máis) é un proceso que non produce cheiros.
Entendo de todo isto que o modelo razonable para ti é o de SOGAMA: collemos os restos de comidas e vexetais, levámolos a unha empacadora (perdón, “Ecoplanta”), de onde saen en trens ou camións para ir a un cento de km a Cerceda para gastar unha morea de enerxía en secalo, trocealo e logo queimalo cunha recuperación enerxética ridícula, emitindo de paso unha forte contaminación.
      Pois chegas tarde: documéntate, SOGAMA é incapaz de dar tratamento a todo o lixo que “xestiona”, a súa maior parte está en verquedoiros, por iso, dende hai xa uns anos, a propia SOGAMA colabora con programas de compostaxe e autocompostaxe. Mesmo a eles lles parece que a compostaxe é algo moi conveniente para “la humanidad y el medio ambiente”, e tamén llelo parece a moitos concellos do PP, á Deputación de Ourense e a media europa.
 
   Un día destes, aparca o Marca e achégate a calquera das charlas sobre compostaxe que se dan. Aínda que só sexa por saber algo sobre o que escribes.

                            MANUEL DOMINGUEZ





29 de enero de 2016

O COMEDOR DO MAGARIÑOS CONTARÁ CON NOVO CATERIG EN ABRIL








A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de licitar o servizo de comedor escolar nos vinte centros educativos que están funcionando cunha contratación extraordinaria logo de que o pasado mes de novembro se resolvesen os contratos ás empresas que resultaran adxudicatarias no anterior concurso do ano 2015. O orzamento de licitación é de 650.364 euros para financiar o servizo de comedor no período de abril a xuño deste ano.
Para tal fin, a Consellería elaborou un novo prego de condicións –que pode consultarse na Plataforma de Contratación da Xunta de Galicia- no que se reforzan as esixencias ás empresas que opten á prestación deste servizo co obxectivo de mellorar as prestacións de calidade e seguridade dos menús, incorporando por primeira vez novos requisitos que deberán cumprir as adxudicatarias. Isto é, inclúense novas melloras puntuables, e redefínense os parámetros económicos, entre outros.
No caso do resto dos comedores escolares con contratos aínda en vigor e que están funcionando con absoluta normalidade, a Consellería tamén reforzará os controis e implementará auditorías periódicas co fin de anticiparse a posibles incidencias, se fora o caso.
Centros de elaboración e rexeneración a menos de 200 quilómetros
No caso de que non vaian utilizar as instalacións de cociña dos centros (ben por non existiren ou ben por renunciaren ao seu uso), as empresas deberán acreditar ante a Administración educativa que as instalacións estean a menos de 200 quilómetros dos colexios que se van atender. Ademais, estas instalacións teñen que estar debidamente rexistradas e amparadas polas autorizacións sanitarias e administrativas.
CENTROS
Trátase dos CEIPs Ría do Burgo, Sofía Casanova e Isaac Díaz Pardo en Culleredo; os CEIPs O Graxal, Gonzalo Torrente Ballester e Portofaro, en Cambre; o IES As Mariñas de Betanzos; o CEP Lois Tobío, o IES María Sarmiento e EEI San Roque, todos eles en Viveiro; o CEIP de Cervo; o CEIP de Foz; o CEIP Vista Alegre de Burela; o CEIP Antía Cal Vázquez de Muras; os CEIPs de Vilaxoán, de Rubiáns e Rosalía de Castro , os tres de Vilagarcía de Arousa; o CEIP Antonio Magariños de Cambados; o CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis e o CEIP San Andrés de Cesar de Caldas de Reis.


SETE ACTUACIÓNS MUSICAIS A BENEFICIO DE CÁRITAS











A Coral Polifónica de Cambados celebra mañán  sábado un festival benéfico a favor da agrupación local de Cáritas. É na Sociedade Cultural, a partir das 20 horas, e o pago de entrada é voluntario. Así, cada asistente poderá decidir con que cantidade apoia a iniciativa da coral. O espectáculo consiste nun concerto no que compartirán escenario as voces das corales de Cambados, Rosalía de Castro 

de Vilagarcía e da Illa cos músicos da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia.

Tamén actuará a solista Josefa Dorado, unha veciña de Meaño residente en O Grove, e os grupos Añoranza e Xironsa, por iso é polo que o espectáculo será moi variado en canto a estilos e gustos musicais. O diñeiro recadado destinarase a familias en dificultades.


27 de enero de 2016

ATACAR A CONFRARÍA PARA DEFENDER A LEI DE ACUICULTURA







Carta firmada polos 6 socios
Un grupo de socios, ao parecer menos de 10 concretamente, da Confraría de Cambados solicitou hai uns días por escrito o salón de actos do pósito para celebrar unha charla informativa na que técnicos e un responsable da Xunta, neste caso pola información que ten CORES DE CAMBADOS, Juan Maneiro, explicasen aos interesados o polémico anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia, co obxectivo de obter información sobre este tema. Eso sí estes socios non deron nomes dos invitados a dar esa charla informativa.

O Patrón Maior ofreceulles a posibilidade de que trouxeran a esas persoas a reunión que xa está programada para o 6 febreiro no Auditorio da Xuventude e así poder contrarrestar todas as opinións. Nesta charla participarán un biólogo, un mariñeiro e o avogado da Confradía de Pescadores.

Segundo os Estatutos, sólo o Patrón Maior e membros dos Órganos de Goberno nos que él delegue poden efectuar a labor de canle ca administración. E q atendendo á petición dos socios en cuestión, invítase a Consellería a ese debate do día 6. Polo que de contar con algún cargo político da Xunta xa estarían a incumprir os estatutos algo que parece que algúns están dispostos a incumprir.
Contestación da Confraría

E para amosar a transparencia deste proceso que as tres cartas están no taboleiro de anuncios da cofradía. Maior mostra de democracia aberta e participativa non se deu nunca nesta Confraria. 

 Estos socios foron chamados a firmar a carta, polo autor da mesma e destacado político, a un coñecido establecemento de hostelería famoso por ser a subsede dese partido.



Noutros lugares poderedes leer algo ben diferente pero que se pode agardar que quen insulta a todo aquel que apareza nunha foto con membros do actual equipo de goberno como podedes ver na foto inferior.










Tamén recordarlle a aos que agora reclaman democracia que recorden que cando case 200 veciños votaron a favor da municipalización dos cemiterios que 200 veciños non eran todos nin sequera unha maioría, pois uns socios non son todos e nin sequera unha maioría.



PARALIZADA A LEI DE ACUICULTURA






O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a Xunta vai facer “un alto no camiño” na tramitación da Lei de acuicultura porque “non se vai aprobar sen ter o respaldo do sector”. “Pararemos esta lei ata que o sector vexa que está feita para eles, para darlle garantías, para que poidan obter fondos europeos e para que poidan protexerse das empresas que queren especular e que non queren crear postos de traballo”, aseverou.
Segundo manifestou durante a súa intervención no Pleno do Parlamento, a Xunta vai abrir inmediatamente mesas de diálogo cos bateeiros, coa xente do marisqueo e coas confrarías, porque a Lei de acuicultura “nace xustamente para respaldar o sector” e a súa aprobación debe contar co seu apoio. “Mentres o sector non vexa que esta lei é a lei do sector, non se aprobará”, remarcou.




PEIXE NON TAN SAN?







Reproducimos aquí un artigo de Salmonopoly no que se fala do negativo dos criadeiros de peixe. Todo esto ao fio da Lei de Acuicultura que promove a Xunta de Galicia e que xenera máis detractores que apoios.
O documental emitido na TVE fou retirado semanas despois coa desculpa dos dereitos de autor pero en Youtube sigue dispoñible.



Documentos TV. "Peixe Non tan san?" Criaderos de peixe, responsables dunha catástrofe sanitaria ?

O consumo mundial de peixe duplicouse nos últimos 40 anos

O aumento da demanda xeneralizou métodos de produción intensiva

Está a industria pesquera bordeando os límites da seguridade sanitaria?

Peixe "Non tan san?" emitiuse o luns 13 de outubro ás 00.00 h na 2

"Segundo os activistas medioambientales, os criaderos de peixe son os responsables dunha catástrofe sanitaria a gran escala", con esta contundente declaración comeza "Peixe, non tan san?"; un exhaustivo traballo de investigación producido pola RT rusa, onde se denuncian as actuacións dunha descontrolada piscicultura e dunha sobrexplotación de recursos mariños, responsables de verter un perigoso cóctel de produtos químicos sobre un alimento que vai directo aos nosos pratos.

AUMENTO DA DEMANDA E PRODUCIÓN MASIVA
O consumo mundial de peixe duplicouse nos últimos corenta anos debido a que, ata fai non moito, era considerado un alimento san por excelencia recomendado por médicos e nutricionistas.

O mercado demanda máis materias primas e a industria pesquera botou man de novas formas de produción masivas non exentas de polémica.

"Productor de pangas: Hai máis peces nos meus estanques que habitantes en todo Vietnam"

Os criaderos proliferaron por todo o mundo. Desde Vietnam a Noruega, millóns de peces se hacinan nas granjas de piscicultura. A superpoblación provoca infinidade de parásitos e enfermidades, que se combaten con vertidos de antibióticos e produtos tóxicos ás augas. "Nas miñas "granxas" hai cen millóns de pangas. Hai máis peixes nos meus estanques que habitantes en todo Vietnam", afirma orgulloso este productor que fornece a Europa o 95% das pangas que consumimos.

VERTIDOS TÓXICOS, PIENSOS E SEGURIDADE SANITARIA
Os científicos alertan dos riscos que conlevan os piensos con que se alimenta a salmóns, douradas ou lubinas criadas en cautividad e a gran contaminación mariña, provocada polos vertidos tóxicos da industria química e papelera. "Contén unha gran concentración de dioxinas, un dos venenos máis potentes que coñecemos", afirma un membro de Greenpeace Suecia.

Pesticidas, mercurio e ata radioactividad transformaron o peixe nun produto de dubidosa fiabilidad

"Peixe, non tan san?" reflexiona sobre estes controvertidos métodos de produción intensiva e como ameazan a unha industria pesqueira que podería verse afectada por un problema de seguridade sanitaria. Pesticidas, mercurio e ata radioactividad son algunhas das sustancias que transformaron a ese peixe dun alimento san nun produto de dubidosa fiabilidade.







26 de enero de 2016

EN FEBREIRO, SELFIES CONTRA #AME









A partir do vindeiro luns 1 de febreiro volven os selfies contra #AME (Atrofia Muscular Espiñal) 

AO IGUAL QUE O ANO PASADO DESDE CAMBADOS NOTICIAS, ESTE ANO QUEREMOS TER OS VOSOS SELFIES COA LENGUA DE FORA PARA LOITAR CONTRA A #AME 
PODEDES ENGADIR O HASTAG #AME NAS VOSAS FOTOS.
ESTE ANO SO SERÁ DURANTE O MES DE FEBREIRO.  A Atrofia Muscular Espiñal (AME) é unha enfermidade neuromuscular, de carácter xenético, que se manifesta por unha perda progresiva da forza muscular. Isto acontece debido á afectación das neuronas motoras da médula espiñal, que fai que o impulso nervioso non se poida transmitir correctamente aos músculos e que estes se atrofíen.

A atrofia Muscular Espiñal (AME) é unha enfermidade hereditaria autosómica recesiva: ambos os dous pais teñen que ser portadores do xene responsable da enfermidade. Aínda que ambos os dous pais sexan portadores, a probabilidade de transmitir o xene defectuoso é do 25%: un de cada catro e independente en cada novo embarazo.

Considérase a segunda causa principal de enfermidades neuromusculares, cunha incidencia de 4 afectados por cada 100.000 persoas. Dáse en ambos os dous sexos por igual (as formas infantís).

Calcúlase que ten unha incidencia de 1/10000 nacidos vivos, cunha frecuencia de portadores (levan unha soa copia do xene mudado, polo que non padecen a enfermidade) entre 1/40 a 1/60 estímase que existen máis de 1.500 afectados en España.





ACORDO DE GOBERNO DO CONCELLO DE CAMBADOS







A Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local veu a reformar a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, poñendo en xaque a base do municipalismo e o modelo que garantiu a cohesión social do noso país nos últimos 30 anos.
A reforma plantexada priva ás entidades locais das competencias en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social, así como en outras competencias: sanidade, consumo, igualdade, políticas de emprego, etc.
A nova lei consagra unha visión exclusivamente economicista das funcións mesmas do estado, e en especial das Entidades Locais, ao citar a estabilidade orzamentaria como principio reitor que debe presidir todas as Administracións Públicas no canto de situar a atención aos cidadáns e a calidade na prestación de servizos no centro da reforma.
O equipo de goberno do Concello de Cambados oponse frontalmente a esta reforma porque ataca e dana a raíz mesma do goberno municipal, recorta as competencias aos Concellos e abre o camiño á desaparición ou á privatización dos servizos sociais que prestan os Concellos. O texto é ademáis, un ataque á Carta Europea de Autonomía Local. Por todo iso, os Grupos Parlamentarios Socialista, Esquerda Plural, Unión Progreso e Democracia, e Mixto (BNG, CC-NC-PNC e Compromís-Q) presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra esta Lei. O mesmo fixeron algunhas Comunidades Autónomas. Igualmente máis de 3000 Concellos de España que representan a máis de 16 millóns de cidadáns e cidadás plantexaron un conflicto ante o Tribunal Constitucional en defensa da autonomía local constitucionalmente garantizada. Tanto os recursos admitidos coma o conflicto plantexado foron admitidos a trámite polo Tribunal Constitucional e están pendentes de tramitación e sentenza.
A crise económica plantexa novos retos para as entidades locais, retos que, unidos á necesaria derogación da Lei para a Reforma Local, abren un escenario que debe estar protagonizado polas propostas, o diálogo e o consenso político para resolver eficazmente os problemas que veñen acarrexando as entidades locais nos que os primeiros afectados son os cidadáns e cidadás.
O principal obxectivo debe ser aplicar o principio de subsidiariedade. As entidades locais son as administracións máis próxiams á cidadanía, por este motivo, reforzar o carácter democrático e mellorar a súa capacidade para prestar servizos deben ser prioritarios. É fundamental a participación da cidadanía nas decisións máis importantes dos Concellos, mediante mecanismos efectivos de participación.
A segunda característica ha de ser a transparencia. A cidadanía necesita saber de xeito claro qué fai a administración que ten máis próxima. Só así se poderá xulgar e controlar aos gobernos locais e aos seus representantes con responsabilidade.
O terceiro rasgo é a suficiencia orzamentaria. Dende hai moito tempo os nosos Concellos precisan unhas competencias claras e uns ingresos suficientes para levalas a cabo. Só unha administración que atende aos seus cidadáns e cidadás é unha administración útil.
Por todo o exposto, é polo que o equipo de goberno do Concello de Cambados, presenta o seguinte acordo para ser sometido ao Pleno:
1. Instar ao Goberno para derogar a Lei 27/2013, de 27 de decembro de racionalización e sustentabilidade da administración Local.
2. Aprobar unha Lei de Réxime Local que reforce a autonomía local, que garantice un sistema de financiación estable e proporcional a unhas competencias ben definidas dos entes locais e aquelas que non sendo propias, previo convenio, poidan desenrolarse sen comprometer  a estabilidade orzamentaria con garantías de control e transparencia da xestión pública.
3. Impulsar desde o consenso, unha nova Lei de Facendas Locais que dote de estabilidade, rigor e recursos as competencias asumidas polas entidades locais, de xeito coordinado coa financiación económica, defendendo con claridade a participación das facendas locais nos tributos do Estado (PIE) e nos das Comunidades Autónomas (PICAs).




APROBADAS AS BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL








A Xunta de Goberno Local, con data 22.12.2015 adoptou acordo de aprobación das Bases para concesión de axudas de Emerxencia Social, dentro do Programa Básico de Inserción Social, destinadas a persoas ou familias empadroadas e residentes neste Concello de Cambados.
Faise público o seu texto íntegro, para xeral coñecemento, entrando en vigor aos 15 días hábiles da publicación (hoxe martes 26 de xaneiro) do seu texto integro no B.O.P., conforme ao establecido no artigo 70.2 en relación co art. 65.2 da Lei reguladora das Bases do Réxime Local.
Na última década a sociedade experimentou un grave deterioro no seu nivel de benestar como consecuencia da grave crise económica, da falla do emprego e do deterioro das condicións laborais, da perda de capacidade adquisitiva incluso das persoas que traballan, do deterioro no estado de saúde e nas condicións de acceso ao sistema sanitario, das limitacións e retrasos na tramitacións de prestacións periódicas que garantan á cidadanía a cobertura das necesidades básicas... houbo un empobrecemento en xeral do país.
O papel que xogan os concellos neste contexto variou tamén de forma notable por dous motivos principais. Por un lado é a única administración que ten a capacidade de flexibilizar a súa actuación para dar unha resposta rápida e urxente ás necesidades da súa poboación, evolucionando nos últimos anos cara a atencións máis asistenciais dirixidas a apoiar á poboación na cobertura das súas necesidades básicas.
Por outra banda, o cambio no marco lexislativo limita ás funcións dos servizos sociais comunitarios, pretendendo reducir o seu enfoque a esta liña asistencialista que, sendo necesaria, non pode ser a única para poder desenvolver uns servizos sociais dirixidos a resolver problemas urxentes pero, á vez, orientados a buscar solucións e alternativas de futuro garantindo a igualdade e a xustiza social, nun marco de normalidade e de inclusión.
A día de hoxe, a situación dos servizos sociais comunitarios segue pendente de resolverse de forma estable, atopándonos nun período de transición normativa, que deixa numerosas dúbidas e incertezas.
Non obstante, dende os Servizos Sociais Comunitarios e, en concreto, dende os do Concello de Cambados, temos a responsabilidade de traballar e organizar os nosos recursos cunha perspectiva máis ampla e a longo prazo.
É por iso que existe a necesidade de reformular novamente o actual regulamento de medidas contra a exclusión social, dándolle un novo enfoque en positivo “pola inclusión”, reformando e adaptando as medidas que hai na actualidade ao novo contexto socioeconómico que hai no país e potenciando e incrementando todas estas medidas necesarias para unha maior e necesaria cohesión social. Ademais, deixa a porta aberta a novas medidas que se poidan ir engadindo dende servizos sociais.



FÁTIMA ABAL EN BRUXELAS








Fátima Abal participa en Bruxelas nunhas xornadas sobre Fondos Estruturais e Administración Local



O Grupo Socialista no Parlamento Europeo está a levar a cabo unhas xornadas para alcaldes e alcaldesas de Galicia sobre Fondos Estruturais e Administración Local, e entre os convidados atópase a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal.
O obxectivo da reunión é dar a coñecer aos alcaldes/as os diferentes programas de financiamento europeos que poden resultar de interese para a administración local, de maneira que dispoñan das ferramentas necesarias para elaborar programas que impulsen o desenvolvemento social, económico e medioambiental dos concellos.
Fátima Abal destaca que un obxectivo primordial desta xuntanza é a de coñecer todas as oportunidades que ofrecen os fondos comunitarios para a mellora e creación de emprego, entre as que menciona a Iniciativa de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.
As xornadas teñen lugar durante o luns e o martes, e as distintas ponencias tratarán temas como “Fondos Estruturais e de Inversión e Administración Local”, “O Fondo Social Europeo e a Iniciativa Xuvenil de Emprego”, “A Política de Cohesión reformada da Unión Europea”, “A Política Urbana da Unión Europea”. Tamén haberá un encontro na Fundación Galicia-Europa na que se abordará a participación galega nos proxectos europeos, así como as experiencias en eficiencia enerxética, xestión de residuos ou innovación.