Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de noviembre de 2016

AVISO DE TEMPORAL EN GALICIA









A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Lugo a partir desta noite.


Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase, a partir desta noite, mar combinada do noroeste de 5 a 6 metros que afectará ao litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña e ao litoral da provincia de Lugo.
A situación empeorará aínda máis o sábado. Ese día case todo o interior do país estará en alerta amarela por mor do vento. As alertas comezarán a primeira hora da mañá nas zonas máis próximas a costa. Nas comarcas do interior, a alerta chegará máis tarde. Por exemplo, en Ourense comezará cara as 13 horas do sábado.
O sábado na costa continuará as mesmas alertas co venres, amarela nas Rías Baixas con períodos de laranxa no resto. As ondas chegarán aos seis metros e os ventos a forza 8, superando os 70 quilómetros hora.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.