Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de noviembre de 2016

ACCIDENTE LABORAL GRAVE NO POLÍGONO DE SETE PÍAS











© Protección Civil de Cambados


Un home duns 30 anos veciño de Vilanova de Arousa e de iniciais D.R.C., resultou ferido esta mañán nun accidente laboral nunha empresa do Polígono Industrial de Cambados.
O traballador sufreu cortes no baixo ventre, e zona xenital cunha radial mentres traballaba na nave da empresa Galventus no Polígono Industrial do Sete Pías. Aínda que outras fontes indican que o corte producíuse na zona xenital.
O 112 Galicia recibiu a chamada dos responsables da empresa na que se produciron os feitos ás 10:00 horas desta mañá. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil.
Os efectivos sanitarios trasladaron á vítima nunha ambulancia ao Hospital do Salnés. 

Última hora!!!

Ao parecer os cortes poduxéronse no na ingle, pene e testículos e trala operación o paciente está bastante ben, aínda que hai que agardar uns dias a como evoluciona.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.