Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de noviembre de 2016

A CAMPAÑA DA CENTOLA E O BOI ARRANCA CON ESCASAS CAPTURAS






Comezou a campaña da centola e do boi de mar nas provincias da Coruña e de Pontevedra.
Despois de 5 meses de paro, o boi e a centola volven á lonxa. Onte comezou a campaña, pero as expectativas,  non parecen ser moi boas.....
Un cento de barcos galegos participan na campaña da centola e do boi de mar, que comezou onte nas provincias da Coruña e Pontevedra. En Lugo non comezará ata o mes de decembro.

Os mariñeiros, que xa chegaron a terra, queixanse da escaseza de produto. Tanto en Ribeira, Cambados e O Grove os mariñeiros sinalan que non foran capaces de chegar ao tope.
Cabe lembrar que a cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, ao cal se engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.