Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de octubre de 2016

DOUS ACCIDENTES, UN CONATO DE INCENDIO E UN NIÑO DE VELUTINA HOXE EN CAMBADOS












Dia axetreado para os membros de Protección Civil de Cambados.

Un accidente na rotonda do Pombal requireu a presenza de efectivos de Emerxencias Cambados.Un choque entre unha moto e un coche. Neste suceso resultou ferido un home de 60 anos que foi trasladado ao Hospital do Salnés.
O segundo producíase pouco despois da 1 e media da tarde nos Catro Camiños.
Unha colisión múltiple entre dous turismos e unha furgoneta deixa duas persoas feridas en Cambados
Unha persoa ferida tivo que ser axudada a saír do vehículo. Os efectivos de emerxencias cortaron unha das portas do coche para poder evacuar á vítima. Foi trasladada nunha ambulancia ao Hospital do Salnés.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 13:40 horas de hoxe para alertar do accidente. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 estableceuse comunicación con Urxencias Médicas e cos Bombeiros do Salnés. Tamén se alertou a Protección Civil e á Policía Local. Como consecuencia da colisión, un dos carrís da vía permaneceu cortado ata que se procedeu á retirada dos vehículos e á limpeza da calzada.
O conductor dun Seat Córdoba, V.B.M. que viña dirección Castrelo perdeu o control do seu vehículo por un problema de saúde e bateu frontalmente contra un BMW conducido por M.L.D.C. e unha furgoneta, que viñan en dirección contraria. Ambos conductores foron evacuados ao Hospital do Salnés por duas ambulancias.


Pola tarde os membros de Protección Civil destruíron un niño de avispa velutina na zona dos Caeiros. O niño atopábase nuha árbore a uns 12 metros de altura. 
E pouco despois un conato de incendio nun contedor de lixo na avenida de Vilariño, que foi extinguido rápidamente.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.