Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de septiembre de 2016

OBRADOIRO DE MEMORIA PARA MAIORES











Durante os meses de outubro, novembro e decembro a Biblioteca Municipal Luís Rei acollerá un Obradoiro de Memoria para persoas maiores de 65 anos organizado por Cruz Vermella O Salnés.
Esta iniciativa encádrase dentro do proxecto “Atención a persoas con funcións cognitivas deterioradas”, para o que Cruz Vermella conta co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, e ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 65 anos con alguna das súas funcións cognitivas deterioradas debido ao proceso de envellecemento. Con esta actividade en concreto, preténdese mellorar a atención, a linguaxe, o cálculo, a orientación e o razoamento, entre outros.
Dado o éxito das anteriores experiencias para este colectivo como o obradoiro de pintura “Arte e saúde”, ou o recente obradoiro de Pilates, a Biblioteca Municipal desexa continuar coa colaboración nos proxectos para maiores de 65 anos que dende Cruz Vermella están a desenvolver.
O obradoiro, que se levará a cabo todos os mércores de 19.15 a 20.45 da tarde, é gratuíto e ofértanse un total de 15 prazas. As persoas interesadas poden facer a inscrición na Biblioteca Luís Rei en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.