Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de septiembre de 2016

ÉXITO DO I CONGRESO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA CONCELLO DE CAMBADOS












O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, clausurou este serán o 'I Congreso de Normalización Lingüística. O ensino de linguas minorizadas na Sociedade da Información, visto desde a perspectiva galega e da diversidade' que se celebrou ao longo do día no Auditorio da Xuventude de Cambados. O congreso, organizado pola Concellería de Cultura deste concello, contou co apoio da Deputación de Pontevedra e da Consellería de Cultura.

Durante o acto de clausura, Valentín García felicitou a Cambados pola iniciativa e destacou a pertenza deste concello á Rede de Dinamización Lingüística, que “serve de estímulo para que as entidades locais traballen a prol da lingua galega dunha maneira cada vez máis directa, eficaz e coordinada”. O secretario xeral quixo deixar constancia “unha vez máis” do éxito do uso de linguas coma o galego na educación, “en programas de ensino bilingüe ben deseñados que garanten a aprendizaxe dos contidos e mais dos idiomas empregados como vehiculares”, un éxito para o que, “ademais das políticas deseñadas dende a Administración, é imprescindible o bo facer do profesorado e a colaboración de toda a comunidade educativa”.
Acompañaron o secretario xeral na mesa de clausura o concelleiro de Cultura e Educación do concello de Cambados, Víctor Caamaño Rivas, e a docente e coordinadora do congreso, Inma Castro González.

O 'I Congreso de Normalización Lingüística. O ensino de linguas minorizadas na sociedade da información, visto desde a perspectiva galega e da diversidade' celebrouse co obxectivo de presentar experiencias dos e das docentes de Educación Secundaria Obrigatoria en canto ao uso do galego no currículo educativo, ademais de facer fincapé nos resultados positivos do ensino en linguas minorizadas e o aproveitamento para a súa promoción a través da análise entre 'linguas colaterais', coma o galego e o portugués.

Baseado nos obxetivos europeos de favorecer o plurilingüismo e o pluriculturalismo, ocupouse tamén do 'supremacismo lingüístico', para o que contou coa presenza do profesor da Universidade Autónoma de Madrid Juan Carlos Moreno Cabrera. Os 65 asistentes a esta actividade de formación e de debate puideron escoitar tamén as conferencias de Marcos Maceiras (da Mesa pola Normalización Lingüística), que se ocupou do galego nas relacións cos países de lingua portuguesa, e de Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (da Universidade de Vigo), quen disertou sobre “A xestión do noso bilingüismo e a súa posta en valor”. Así mesmo, celebráronse dúas mesas redondas -”Conciencia lingüística” e “A lingua galega a través das TIC”- con participación dos docentes de educación secundaria Héctor Rodríguez (Compañía de María), María López (IES Xulián Magariños), Séchu Sende (IES Marco do Camballón), María Teresa Aragunde (IES Ramón Cabanillas), Ramón Blanco (IES Francisco Asorey) e Rafael Lobelle (IES O Couto).

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria valorou a asistencia ao congreso con 8 horas de formación do profesorado.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.