Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de septiembre de 2016

CONCERTO NA BIBLIOTECA LUÍS REI PARA TODOS OS PÚBLICOS












A voz do vento quere ser unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa.

Manuel María a ritmo de rock tamén para a rapazada! Neste concerto, Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel achegarán en forma de canción poemas de Manuel María, ademais doutros temas infantís e xuvenís de Chuches Amil ou A Gramola Gominola. Poden participar nenos e nenas a partir de 3 anos acompañados/as de persoas adultas.

A voz do vento

Poemas de Manuel María. Música de Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel. 


Os temas son extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas.

A Tribo Incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás.

Neste libro-CD colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.


Podedes escoitar "Ollei misiles con radar" o tema 5 da Voz do vento en:

http://www.amesa.gal/…/uplo…/ollei-misiles-con-radar-mp3.mp3 


Sábado 17 as 18:30 na Biblioteca Luís Rei de Cambados






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.