Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de agosto de 2016

I CONGRESO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE CAMBADOS










Desde a Concellería de Cultura do Concello de Cambados e ao abeiro da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, convidan a que o desexe a participar no I Congreso de Normalización Lingüística do Concello de Cambados, baixo o título "O ensino de linguas minorizadas na Sociedade da Información, visto desde a perspectiva galega e da diversidade"; que se celebrará o vindeiro sábado 3 de setembro de 2016.
Participarán como relatoras e relatores: María Teresa Aragunde (IES Ramón Cabanillas); Ramón Blanco Fernández (IES Francisco Asorey); Séchu Sende (IES Marco do Camballón); María López Sande (IES Xulián Magariños); Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (Uvigo), Juan Carlos Moreno Cabrera (UAM), entre outros. Así, varios docentes de Educación Secundaria Obrigatoria, Sociolingüistas e Escritoros falarannos da importancia do bilingüismo tamén en linguas minorizadas coma o galego; de como traballar a Conciencia Lingüística (Language Awareness) dentro e fóra da aula, adaptándose á Sociedade da Información. Amais, o Lingüista e catedrático da Universidade Autónoma de Madrid, Juan Carlos Moreno Cabrera, debullará o tema do supremacismo lingüístico en relación ao bilingüismo.
Este Congreso está inserido dentro do programa de Dinamización Lingüística Diver-diversidade en Cambados que se levará a cabo nas fins de semana do mes de setembro e que inclúe música, teatro ou contacontos arredor da lingua galega e prestando atención ás diferentes linguas que conviven neste Concello para así promover o respecto polo plurilingüismo e pluriculturalismo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.