Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de julio de 2016

FESTIVAL SOLIDARIO A PROL DE GALICIAME










Comisión de Festas Santa Mariña Cambados organiza unha festa solidaria a prol do "AME", durante o festival haberá sorteos e a recaudación destinarase a investigacion da AME
A comisión de festas decidiu destinar toda a recadación que se logre durante a celebración do evento á loita contra a Atrofia Muscular Espiñal (AME), que afecta a Mercedes Álvarez, unha veciña do municipio cambadés.

O evento está previsto para o próximo 15 de xullo, e vaise celebrar na praza do Concello de Cambados a partir das 21,30 horas. Nel van participar varias agrupacións musicais, entre as que se encontran a Banda de Música de Ribadumia, David Prado, Noela Prada, Olaílla de Hoyos, Take It Easy e o gripo xuvenil Os Trasnos


Durante a celebración do festival vaise proceder á venda de rifas entre todos os asistentes para participar no sorteo de diferentes elementos que os comerciantes de Cambados doaron para a causa. 
Rematamos dando as grazas tanto a comisión de festas de Santa Mariña como aos establecementos que participan donando agasallos.
  








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.