Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de julio de 2016

ERRO MONUMENTAL DO GOBERNO DE CAMBADOS












Anda a dereita cambadesa "de morros" porque o Concello négase a dar todo o que pide o Capítulo Serenísimo para poder levar a cabo o Desfile e posterior Acto de nomeamento de Cabaleiros e Damas do Albariño.

A miña opinión persoal é que o Concello está totalmente errado.
Xa lles conceden cousas demáis. Porque agora veñen coa chantaxe de que o Concello pode nomear a algún Cabaleiro ou Dona. Na mente do Capítulo está nomear a Carmela Silva, presidenta da Deputación e a César Antonio Molina ministro do Goberno Zapatero case 2 anos.
Acordoulles agora!!!


Hai que lembrar que das arcas municipales sae ou saía o coste destes actos. 20.000 euros aproximadamente para que uns poucos tiveran acceso ao Patio de Armas do Palacio de Fefiñáns. Falan do desplante do bipartito PSdeG e BNG cando non viñeron á Festa, pero non lembran que hai uns cuantos anos que o sr Feijóo non se digna a facer o desfile por non sei que razón, ou como Rajoy de vacacións moi cerquiña non ten a delicadeza de acercarse a Cambados pero si que disfrutaba
dos touros en Pontevedra o mesmo dia.

Desde o PP Aragunde sentencia que eles nunca lle diron ao Capítulo 20.000 €.  Poñédevos a sumar os gastos que arrarexa todo o evento e veredes. Montaxe do palco, horas extras de Policía Local, Grupos de gaitas, horas do persoal de Cultura, decoración, sillas, limpeza de capas, máis 2 invitacións para o xantar por cada Confraría invitada, este ano 50 confrarías (100 invitados) por decisión do Concello e non 70 (140) como en anteriores edicións.

Esta xente da dereita fala que a festa é grande polos veciños e recalcan, todos os veciños. Pois todos os veciños queren que a festa sexa pública. Porque todos temos escoitado polas rúas que o acto debería ser visible para todos os cambadeses e turistas que o quixeran ver. Pero agora dirán que eso non é certo e cousas así.

Parece que venlles a necesidade de consultar cos cambadeses non sei que cousas á dereita. Supoño que se referirán a cando os cambadeses fumos consultados pola venda do Campo da Merced, ou pola compra da actual Exposalnés ou o Pazo de Torrado

A Festa é anterior ao Capítulo Serenísimo e aguantará así mentras os cambadeses queiramos.



1 comentario:

Nano O Grove dijo...

Sigo sin entender, e perdoade a intromisión dun meco nos asuntos vosos, como a principal festa de Cambados e unha das máis importantes de Galiza, está parcial ou de algunha maneira ligada a intereses que non sexan extrictamente municipais. Que exista unha comisión ou padroado, ou como se lla queira chamar, para repartir o traballo da organización, é normal, pero sempre baixo a supervisión dos representantes da cidadans que é o concello e só o concello. Menos pantallada caciquil e máis participación dos veciños a través das organizacións sociais democráticas. Moita sorte eciños, adiante coa mellor festa gastronómica (xunto coa do Marisco) de Galiza.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.