Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de julio de 2016

CHARLA EN CAMBADOS SOBRE INSPECCIÓN DE EQUIPOS DE APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS










Unhas 9.500 máquinas de aplicación de fitosanitarios teñen que pasar unha inspección técnica obrigatoria antes do mes de decembro. Neste momento son 12 as empresas autorizadas por Medio Rural para prestar este servizo en Galicia. Hoxe no Agro acompañamos unha delas para que nos dea uns consellos prácticos para superar con éxito esta revisión.

As máquinas de aplicación de fitosanitarios que teñen a obriga de pasar a inspección técnica son as que teñen máis de 5 anos de antigüidade e un depósito de máis de cen litros. Teñen que estar inscritas no Rexistro Oficial de Maquinaria, ROMA, cuxa cartilla terán que mostrar o día da inspección. Ademais terán que chegar limpas, co depósito cheo de auga, e a transmisión e a toma de forza correctamente protexidas. 

Para supera-la inspección as máquinas teñen que ter en bo estado tres filtros: un na cesta do depósito, outro antes da bomba e un terceiro despois da bomba. O manómetro ten que ser visible e cumpri-los rangos correspondentes á presión coa que traballa a máquina. O circuíto non pode ter fugas e as embocaduras teñen que facer unha distribución homoxénea do produto. 

Se hai un defecto grave o agricultor terá un prazo para corrixilo e repetir a inspección sen volver pagar as taxas. Se todo está correcto recibirá un informe e un adhesivo que terá que poñer nun sitio visible. A inspección repetirase de 5 en 5 anos, menos na maquinaria de uso colectivo que caduca aos tres anos. As unidades de inspección son móbiles e hai que reservar cita previa, por teléfono ou por Internet.

Din estes expertos que as máquinas máis vellas poden pasa-la inspección en igualdade de condicións porque non é obrigatorio ter depósitos auxiliares para lavar mans nin filtros nas embocaduras se estes non viñan na fabricación orixinal. En todo caso están a organizar reunións informativas para despexar este tipo de dúbidas. A vindeira será o 4 de agosto ás seis da tarde no auditorio de Cambados.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.