Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de julio de 2016

A CAMBADESA ARIADNA CORDAL OBTÉN O 1º PREMIO NO CONCURSO CONTAR A CIENCIA DE GCIENCIA E LA CAIXA





A reportaxe da cambadesa Ariadna Cordal, alumna da Universidade de Vigo, sobre un proxecto de estudantes de Telecomunicacións da UVIGO para desenvolver un sistema de domótica que facilite a vida das persoas con autismo resultou gañadora da terceira edición do Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia,convocado conxuntamente por la Caixa e GCiencia, cola colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A reportaxe pode lerse na seguinte ligazón: Autismo 3.0: a domótica ó servizo das persoas dependentes.

Segundo informa a organización, o xurado valorou a elevada calidade do traballo realizado por Cordal, que realizou unha reportaxe escrita apoiada con entrevistas audiovisuais, así como o indubidable interese que esperta a temática elixida. Como gañadora do certame, Cordal recibirá 700 euros en metálico, un smartphone Z2 da marca galega Primux e un diploma acreditativo.


O segundo premio foi para a alumna da Universidade de Santiago Sara Pérez Seijo, que realizou unha reportaxe escrita sobre as investigacións do Grupo de Neurociencias Clínicas e Investigacións Sanitarias (IDIS) para aplicar a nanotecnoloxía na detección precoz do alzhéimer. A calidade do traballo e a importancia das investigacións analizadas na reportaxe foron as razóns polas que o xurado concedeu unha distinción á reportaxe. A autora recibirá unha tablet Siroco X da marca galega Primux e un diploma acreditativo.
Este premio, no que participaron decenas de estudantes, pretende poñer en valor o xornalismo científico entre os futuros profesionais da comunicación e dar a coñecer a investigación científica universitaria que se fai en Galicia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.