Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de junio de 2016

PORTUGAL ARRASA EN CAMBADOS













Todas as clasificacións da IV Ruta do Albariño-Memorial Modesto Sánchez Alba ‘Teto’ tiveron como gañador ao Clube Ciclismo da Bairrada. O conxunto portugués impúxose na  xeral, nas tres etapas, na montaña, nas metas volantes, por equipos e en juniors . O seu corredor Joao Almeida defendeu  con éxito o maillot amarelo na última xornada dun tríptico que rematou este domingo coa vitoria parcial do seu compañeiro Daniel Viegas en Cambados.
Despois do dobre sector do sábado, no que Almeida triunfou na cronoescalada ao alto do Busto e Viegas na proba en liña con final en Meaño, esta competición para ciclistas en idade Junior e Sub20 concluíu cunha etapa de 69 kilómetros na que se deron tres voltas a un circuito no que sobresaía a subida a Padrenda, de 3ª categoría. 
Os dous primeiros pasos pola Avenida de Galicia eran puntuables para as metas volantes. No primeiro, o pelotón transitou compacto e no segundo Guillermo Janeiro (Club Ciclista Vigués) e Aarón Mariño (Cidade de Lugo) fixérono cunha mínima vantaxe respecto ao gran grupo. A carreira decidiuse na última ascensión a Padrenda, onde Almeida e Viegas puxeron terra de por medio xunto a José Carlos Amil (Cambre Caeiro).
Viegas coroou en primeira posición e lanzouse na baixada impedindo que o representante do conxunto coruñés puidese conseguir unha vitoria con sabor galego. O ciclista do Bairrada sumou o seu segundo triunfo parcial marcando un tempo de 1:40:05. Almeida, o seu compañeiro e líder, entrou a oito segundos superando no sprint a Amil, que obtivo a recompensa de adiantar na xeral a Daniel Rodríguez (Altairan Redondela) e situarse terceiro. “O primeiro día tiven problemas estomacais, pero hoxe xa me atopei mellor. Gañar a etapa complicouse moito e prioricei a xeral”, afirmou o junior do Cambre. 
Podio final e homenaxe

Deste xeito, os tres primeiros da xornada tamén subiron ao podio final da Ruta do Albariño con Almeida recibindo a Folla de Albariño de Prata como gañador do tríptico, Viegas na segunda praza a 27” e Amil na terceira a 1:13. Juri Leitao dominou as metas volantes, Viegas a montaña e Almeida foi o mellor Junior. Na entrega de premios participaron Víctor Caamaño, concelleiro de deportes de Cambados; Lourdes Ucha, alcaldesa de Meaño; Ernesto Falcón, do Club Ciclista Cambados; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo.
A cerimonia de clausura rematou cunha homenaxe a Modesto Sánchez Alba ‘Teto’. Ernesto Falcón lembrou cunhas emotivas palabras a figura desta personalidade do mundo do ciclismo falecida durante o pasado outono e os seus fillos Modesto e Cristina recibiron no podio o recoñecemento de toda a caravana da IV Ruta do Albariño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.