Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de junio de 2016

SETE OBRADOIROS TIC NO CPAE DE CAMBADOS









O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, o CPAE 2.0, desenvolverá ao longo deste mes de xuño 36 obradoiros  dentro da súa programación de eventos informativos sobre as TIC. Este proxecto, un servizo de asesoramento TIC para as empresas, está composto por unha rede de seis centros situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño. O CPAE 2.0 ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio electrónico e impulsar a venda en liña.
En Cambados, no Centro ExpoSalnés, os obradoiros serán "Xestiona o teu negocio dende o móbil" (o martes 7), "Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico" (o luns 13), "Vén descubrir qué son e para qué serven as redes sociais" (o xoves 16), "Sácalle partido á túa conta de Gmail" (o martes 21) e, por último, "Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…" (o mércores 29), todos en horario de 19:00 horas. A eles haberíaselle que engadir o de "A túa información sempre á man, almacenamento na nube" que tivo lugar o pasado día 2.




Máis información








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.