Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de junio de 2016

DESAPARECE UN MERGULLADOR CAMBADÉS EN AUGAS DA RIA DE AROUSA








Persoal da lonxa de Tragove alertaba esta mañá ao CAE 112 Galicia da falta dun mergullador. Segundo explicaron, foi visto por última vez na zona de Ourido, entre o porto de Tragove e o Grove, en Cambados. Eran as 11:15 horas cando o persoal do 112 Galicia recibiu a chamada de alerta e, de inmediato, puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo que, a partir de aí, activou o operativo de busca. 
Unha embarcación e un helicóptero atópanse neste intre na procura do mergullador. Tamén, os GEAS da Garda Civil, unha embarcación do servizo de Protección Civil de Cambados e outras,  de distintos particulares, que se atopaban fanando pola zona rastrexan – a esta hora- o lugar onde ocorreron os feitos. O Servizo de Gardacostas de Galicia, Urxencias Médicas e a Policía Local tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.



Última hora.

Minutos despois das 13 horas atopouse o corpo sen vida de Xaquín Oubiña






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.