Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de junio de 2016

ADRIÁN CHAPELA DO XUVEN NO QUINTETO REVELACIÓN DA LEB-PLATA













Chegou a Cambados como xogador cedido polo Cafés Candelas Breogán tras dous anos sen apenas protagonismo no xogo do conxunto celeste e con toda a ilusión do mundo para a súa nova etapa profesional. Cun enorme potencial nas súas mans pero falto de ritmo de xogo, o principal reto de Adrián Chapela pasaba por poder recuperar a esencia que lle levou a ser un dos xogadores fixos en cada unha das convocatorias das categorías de formación da FEB. Un obxectivo alcanzado realmente pronto coa inestimable colaboración dun Miguel Ángel Hoyo que intuíu nel un dos numerosos retos da tempada no seo dunha plantilla na que Chapela non tardou en destacar.

A mellor proba diso as suas cinco presencias nun quinteto ideal da xornada no que cada unha das súas irrupcións supoñían unha pequena vitoria para un xogador que, aos seus 22 anos recentemente cumpridos, mira de novo con optimismo cara a un futuro profesional ao que chegará cunha gran experiencia ás súas costas e convertido nun dos directores con mellor visión de xogo da categoría. Un futuro que de seguro se xustificará moi pronto grazas a un gran ano xunto aos seus compañeiros de Cambados.



Estatísticas da tempada - Adrián Chapela

Ficha completa

Partidos xogados: 26
Minutos: 27,10 p.p.
Puntos: 9,1 p.p.
Rebotes: 3 p.p.
Asistencias: 3 p.p.
Recuperacións: 1,5 p.p.
Tapóns: ---
Faltas recibidas: 3,4 p.p.
Valoración: 12,7 p.p.


Traxectoria deportiva - Adrián Chapela

Categorías Inferiores: Estudantes Lugo
2006/08: Estudiantes Lugo (Infantil)
2008/10: Estudiantes Lugo (Cadete-Junior)
2010/11: Estudiantes Lugo (Junior)
2011/13: Estudiantes Lugo (Liga EBA)
2013/15: Ribeira Sacra Breogán (LEB Ouro)
2015/16: Xuven Cambados (LEB Prata)

Declaracións de Adrián Chapela









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.