Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de mayo de 2016

UN OPERATIVO CONTRA A VENDA DE VIEIRA ILEGAL SÁLDASE CON 13 DETIDOS









A Garda Civil desmantelou unha trama dedicada á venda ilegal de vieira procedente da ría de Ferrol, unha zona onde está prohibida a extracción deste marisco. En total, o operativo rematou con 13 persoas detidas e unha máis investigada, todas da comarca de Ferrol agás 3 de Pontevedra. A vieira coa que comercializaban estaba destinada a ser servida en establecementos hostaleiros da provincia de Pontevedra.

Actuaban na zona coñecida como Entrecastelos da ría de Ferrol. Alí descargaban as vieiras que apañaban na zona. Unha área, precisamente, onde está prohibida a extracción e comercialización deste molusco.

Os responsables da investigación aseguran que logo de varios meses de indagacións puideron iniciar un
operativo en que comisaron 1.300 quilos de vieira, ao que hai que sumar a incautación varios vehículos, unha embarcación e material de mergullo.

Esa operación permitiu deter 13 persoas. Todas elas, unha máis como investigada, xa foron postas a disposición xudicial, acusadas de formar parte dunha banda organizada que atenta contra a saúde pública e de furtivismo.

Os responsables da investigación non a dan por pechada, xa que o que agora pretenden é identificar e imputar todos os responsables de locais de hostalería aos que finalmente ía dirixido este produto, en localidades como Lalín, O Grove, Vilagarcía, Meis, Meaño ou o propio Ferrol.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.