Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de mayo de 2016

O CAMBADOS MARIÑEIRO ESTE DOMINGO NA TVG










A vida que ferve nas ribeiras das vilas costeiras de Galicia será protagonista a partir desta semana nas sobremesas dos sábados da TVG con “Ribeiras”, programa que se estrea a continuación de "As Raíces" e porá de relevo a rica cultura marítima que hai na nosa comunidade a través das historias das xentes que traballan a pé de mar.
Cunha frecuencia de emisión semanal e unha duración de 50 minutos, “Ribeiras”, un espazo de Producións Celta para a TVG presentado por X. H. Rivadulla Corcón, achegaralles aos espectadores as historias persoais das xentes do mar, historias ligadas á actividade profesional ou ao papel que desenvolven no seo da familia mariñeira. Trátase dun mundo onde o compoñente humano amosa un sentimento moi intenso sobre a vida, xa que se viven situacións moi extremas que forman un carácter apaixonado e sentimental.
En todas as vilas mariñeiras galegas denomínase ribeira á zona da costa onde hai actividade humana. Dentro dela atópase o porto cos seus peiraos, as lonxas e outras dependencias, pero tamén son ribeira as zonas de marisqueo a pé, ou as zonas de praia onde hai costume de varar embarcacións para amañalas ou pintalas, ou os sitios á beira do mar onde se realizan traballos de terra necesarios para desenvolver os traballos do mar. A partir deste espazo confórmase o novo programa da Televisión de Galicia, onde se pretende mostrar a vida, tal e como é, dos homes e mulleres que fan da ribeira o seu espazo vital, tanto para o seu traballo como para a súa vida en xeral.

Así o anuncian no facebook do programa.

"ESTE DOMINGO 15, ÁS 15:30 ESTAREMOS NUN PORTO DE GRANDE TRADICIÓN, CAMBADOS. HAI QUE SENTIR A FORZA MARIÑA DESTE PORTO"

Cambados é un dos portos máis antigos, onde os seiscentos mariñeiros rexistrados na Confraría conservan un legado chegado de moitos séculos atrás, traballando en duascentas vinte e cinco embarcacións o marisqueo a flote, o rastro da vieira, o boliche, o bou de vara, o cerco e artes menores. 

Porto singular na captura da zamburiña, a volandeira, e a vieira, que vende na praza de abastos Loli Álvarez a peixeira que foi mariñeira. Ruperto Costa é o patrón maior da Confraría máis antiga de Galicia. Celsa leva moitos anos mariscando e vainos cociñar uns saborosos berberechos. 
Descubriremos como a treixadura ademais dunha uva é un grupo de música tradicional, e pola tradición mariñeira velan Yago, Xaquín e Xoan Carlos Remataremos probando un albariño mariñeiro acompañados por Sonia Costa. Pero antes camiñaremos á zona marisqueira con María José Cacabelos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.