Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de mayo de 2016

ENCONTRAN RESTOS DE COCAÍNA NOS PLÁSTICOS ATOPADOS NO POZO DE CORBILLÓN








Os restos plásticos aparecidos onte nun pozo de rego en Corvillón, Cambados, confirmaron tras a análise aos que foron sometidos que nalgún momento serviron para envolver cocaína.

A Garda Civil nun amplo operativo na parroquia cambadesa de Corbillón localizou onte un pequeno paquete sospeitoso. O paquete detectouno un agricultor no fondo nun pozo de regadío, mentras estaba a realizar labores de regadío, ante a sospeita de que puidese tratarse de droga, alertou á Garda Civil.

Varias patrullas da Garda Civil desprazáronse ata o lugar, mobilizándose tamén unha unidade do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Coruña. Un dos submarinistas descendeu ao fondo do pozo coa axuda dos Bombeiros do Salnés. No fondo atopouse un pequeno paquete, que finalmente resultaron ser restos plásticos. Unha vez recollido o "paquete" por axentes de paisano para a súa  análise, esta dou como resultado que os plásticos estiveran en contacto con cocaína, confirmando a hipótese inicial.


IMAXE: Faro de Vigo






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.