Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2016

O "DEGUSTA EUROPA" RECALARÁ EN CAMBADOS O 11 DE MAIO










"Degusta Europa" forma parte dunha serie de actuacións que a institución provincial promoverá para conmemorar o Día de Europa e reivindicar, tal e como subliñou Carmela Silva, "un modelo europeo diferente ó actual, un modelo baseado no respecto, solidariedade, paz e dereitos humanos"

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada por alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cambados, Caldas de Reis e A Guarda, e responsables dos centros públicos educativos Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra, deu a coñecer o programa "Degusta Europa", enmarcado nunha serie de actuacións que a institución provincial promoverá para conmemorar o Día de Europa.
Carmela Silva recordou que o 9 de maio de 1950 o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schumann, pronunciou un discurso para impulsar a cooperación política en materia de carbón e aceiro entre as nacións de Europa que se converteu no xerme da Unión Europea.  Por tal motivo, conmemórase esta data como Día de Europa e –tal e como destacou Silva- "aprovéitase a ocasión para enxalzar os principais valores da Unión Europea, asentados na paz, solidariedade, proxecto común, benestar, dereitos humanos, unidade,… que tristemente hoxe non estamos a sentir en Europa". Neste contexto, a Presidenta da Deputación de Pontevedra reivindicou que "a Europa na que estamos a vivir non é a Europa coa que estamos comprometidos, a Europa dos valores e dos pobos, e por iso queremos abrir un debate a través dunha serie de actuacións que estamos a preparar con motivo do Día de Europa para concienciar á cidadanía da necesidade de salvagardar os dereitos das persoas e impulsar un modelo europeo diferente ó actual, un modelo que estea baseado no respecto, na solidariedade, na paz e nos dereitos humanos".
Así, a primeira das actuacións será "Degusta Europa", que ten por obxectivo simbolizar a unión entre os diferentes pobos europeos empregando como elemento motor a gastronomía ó tempo que se impulsa a materia prima da provincia de Pontevedra.  Neste eido, Silva destacou que "a gastronomía é unha manifestación cultural dos pobos, que fortalece e forxa a súa identidade e singularidade" e engadiu que "non hai mellor forma de coñecer un país, a súa cultura, o seu modo de vivir, que a través das súas costumes gastronómicas. Por todo iso, a través de Degusta Europa, que se iniciará a vindeira semana, en concreto a partir do 3 de maio, queremos facer fincapé na riqueza cultural do noso continente, representada pola gastronómica, e enxalzar o máis local e autóctono: os nosos mercados municipais e os produtos da nosa terra".
Para elo, un grupo de profesorado e alumnado voluntario dos centros educativos públicos Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo encargaranse de comprar produtos das Rías Baixas nos mercados municipais e, aí mesmo e ó estilo dun show cooking, elaborar pratos típicos de diferentes países europeos que poderán ser degustados a partir das 11:00 da mañá. En concreto, o profesorado e alumnado do Carlos Oroza encargarase das degustacións nos concellos de Caldas (3 de maio), Pontevedra (6 de maio) e Cambados (10 de maio) e as profesoras e profesores e estudantes do Manuel Antonio nos concellos de a Guarda (11 de maio), Bueu (12 de maio) e Vigo (13 maio).

Tanto as alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cambados, Caldas de Reis e A Guarda, como as e os responsables dos centros públicos educativos Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra manifestaron a boa acollida do evento e a total colaboración coa Deputación de Pontevedra tanto para poñer en valor a gastronomía,os produtos locais e os mercados municipais como para reivindicar un novo modelo para Europa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.