Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de febrero de 2016

CONVOCATORIA DO PLENO ORDINARIO DE FEBREIRO






Foto da novaCONVOCATORIA DO PLENO ORDINARIO DE FEBREIRO

O xoves 25 de febreiro, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte.
ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación da acta correspondente á sesión celebrada o día 28.01.2016.
2. Aprobación inicial, se procede, da modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Cambados, no tocante ó posto de tesourería.
3. Aprobación inicial, se procede, do orzamento municipal para o exercicio 2016.
4. Dar conta do informe de intervención municipal, sobre período medio de pago, referido ó 4º trimestre/2015.
5. Dar conta do informe da tesourería municipal, en cumprimento da lei 15/2010, referido ó 4º trimestre/2015.
6. Aprobación, se procede, do acordo de goberno sobre cumprimento real e efectivo da carta europea das linguas rexionais e minorizadas.
7. Aprobación, se procede, do acordo de goberno en relación co subministro de auga á illa de A Toxa.
8. Aprobación, se procede, da moción do Partido Popular para solicitar un plan de actuación do parque de maquinaria da Deputación nos Concellos.
9. Aprobación, se procede, da declaración institucional do 40 aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática.
10. Dar conta das resolucións dictadas pola alcaldía.
11. Contestación a preguntas formuladas.
12. Rogos e preguntas.

Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da canle do Concello en youtube, con enlace na páxina web do Concello.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.