Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de febrero de 2016

ACCIDENTE MÚLTIPLE CON TRES FERIDOS






Unha colisión múltiple saldouse con tres persoas feridas. Tratouse dunha colisión por alcance na que se viron implicados un total de tres vehículos que circulaban pola estrada que une Cambados e Pontevedra, á altura do lugar do Sineiro. No cruzamento entre a avda. de Vilariño e o Camiño do Castro. O CAE 112 Galicia recibiu a alerta dun particular ao fío das 14:30 horas de hoxe. A partir de aí, solicitouse a intervención dos técnicos de Urxencias Médicas, axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Cambados.

En concreto, duas das ocupantes dun coche da marca Suzuki, nai e filla, queixábanse de dor cervical e torácico; mentres que a condutora do turismo que sufriu os maiores danos, un Opel cuxa parte dianteira quedou esnaquizada, sinalaba dor torácica. A que manexaba o terceiro vehículo implicado, un Chevrolet, saíu ilesa. 
As feridas foron trasladadas ao Hospital do Salnés. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.