Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2016

OBRADOIROS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES






A Deputación organiza en xaneiro vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para autónomos e pemes

A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.

Para acadar os seus obxectivos o CPAE 2.0 ofértalles aos seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92 % do tecido empresarial desta, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

En concreto, a Deputación organiza vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de xaneiro. Máis información en www.cpae20.depo.es





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.