Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de diciembre de 2015

PREVIA DO XUVEN-ZORNOZTA









Con dúas vitorias seguidas pechou o ano o conxunto cambadés, que conseguiu no último encontro de 2015 a súa primeira vitoria a domicilio en Xetafe, nun choque para tomar aire cara á zona media da táboa. Este sábado, no arranque de 2016, os de Miguel Ángel Hoyo afrontan outro importante duelo nesa pelexa entre os equipos que van desde a novena posición ata a penúltima, separados apenas por un triunfo. Xuven Cambados pecha os postos de playoff, mentres que o seu rival, Zornotza ST, abre os de descenso. Os de Mikel Garitaonandia chegan a terras galegas co anuncio da incorporación do 2.16 alemán Enosch Wolf para cubrir a baixa de Óscar Raia, aínda que está pendente por ver a súa participación. 

Atención a: Zornotza non venceu en Liga Regular en Cambados: 69-66 na tempada 13/14 e 80-76 na 14/15. Iso si, os biscaíños venceron no momento máis importante do curso: 73-75 en cuartos de final, logrando o pase a semifinais.

Michel Diouf, é desde onte unha incógnita por mor dun virus gastrointestinal que mandou ao cinco senegalés directamente á cama con soro como alimento.





INCIDENCIAS DO TEMPORAL DO MÉRCORES 30









O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia rexistrou un total de 235 incidencias durante a xornada de hoxe, entre as 06:00 e as 18:00 horas deste mércores, por mor da meteoroloxía adversa. A alerta de nivel laranxa por ventos costeiros afecta aos litorais das provincias de A Coruña e Pontevedra, mentres que outra alerta, tamén laranxa, por vento en terra, deixouse notar ata as 16:00 horas de hoxe na mariña lucense e no noroeste e oeste da provincia coruñesa. A caída de árbores e pólas sobre estradas, postes de luz e teléfono e o desprendemento de cables figuran entre as incidencias que máis se repiten. De feito, en Monterroso, un coche colidiu contra unha árbore que caera na LU-221, punto quilométrico 7.500, sen causar danos persoais. Tamén en Monterroso, unha árbore caída na N-640 cortou a circulación ao concello de Antas de Ulla. Así e todo, non se rexistraron graves complicacións no tráfico. Igualmente, o 112 Galicia tivo constancia de case corenta incidencias relacionadas ca presenza de bolsas de auga en estradas e o anegamento de rúas, garaxes e baixos comerciais. A provincia de A Coruña foi a máis afectada, con 134 incidencias rexistradas, seguida de Pontevedra, con 72. Pola súa parte, en Lugo rexistráronse 21 incidencias e 7 en Ourense.

Por outra banda, no concello pontevedrés de Meis, ao redor das 17:30, un camión –que transportaba patacas e palets- envorcaba cando circulaba pola PO-531, no coñecido como cruce do Mosteiro. Neste caso, non se rexistraron danos persoais. Foron avisadas as forzas da orde, Protección Civil de Meis e o servizo de limpeza da vía. Por último, xa se restableceu a circulación que permanecía cortada na ponte da Illa de Arousa a causa de un camión envorcado esta mañá. O sinistro provocou o corte do carril de entrada á Illa durante unha media hora, ata que un guindastre se encargou da retirada do camión, cuxos remolques envorcaran sobre a barandilla da ponte e tiñan risco de desprendemento. Unha vez recibida a alerta, a escasos minutos deste mediodía, o CAE 112 Galicia púxoo en coñecemento dos Bombeiros de O Salnés, Protección Civil  e da forzas da orde. Por fortuna, o condutor resultou ileso.
En Cambados poicas incidencias e de carácter leve. A rotura dunha farola na Praza do Concello, un gran plástico pola ruas de Corvillón e a caída de planchas dun falso teito como as máis destacadas dentro da pouca importancia xeral



30 de diciembre de 2015

FIN DE ANO ADIANTADO EN CAMBADOS








Mañán Xoves 31 de decembro, ás 12.00 horas terá lugar,  no salón Peña, festa infantil adiantando as 12 badaladas en colaboración con Cambados_cca. A celebración das 12 badaladas farase con lacasitos para os pequenos e o brinde cun viño espumoso D.O. Rías Baixas para os maiores. 
A festa  contará con música, xogos infantís, talleres e inchables.







MOITO DOAR CARTOS E ANTES TIRÁBANSE CON ELES







Os cambadeses temos que pagar máis de 20.000 euros polas "mamandurrias" do PP local.
Así se desprende dos reparos da interventora municipal con relación á contratación irregular dun arqueólogo por parte do Concello de Cambados desde o ano 2003.

Aquí tedes parte do informe de Intervención e no que queda claro que tipo de contrato tiña este arqueólogo.

En relación coas facturas n° 14/1203, 14/1208 e 14/1209 emitidas por A. Acuña, en concepto de traballos arqueolóxicos dos meses de decembro 2013, xaneiro e febreiro do 2014, por importes respectivos de 1.454,44 €, trátase dun profesional que ven cobrando mensualmente mediante presentación de factura como contrato de servizos en contra da lexislación de contratación administrativa, tanto pola duración do contrato coma pola ausencia de procedemento de licitación coñecido, non resultando encaixable dentro da figura do contrato menor xa que o artigo 23.3 do TRLCSP dispon que: "O contrato menor non poderá ter unha duración superior a 1 ano nin ser obxecto de prórroga" e por outra banda, a facturación de dito profesional supera amplamente a contía establecida no artigo 138 TRLCSP segundo o cal, terán a consideración de contratos menores os de servizos cando a súa contía sexa inferior a 18.000 € (ven facturando dende o exercicio 2003).
O devandito contrato debeu adxudicarse polo procedemento que legalmente proceda dos previstos no artigo 138.2 do TRLCSP que establece que: "a adxudicación realizarase ordinariamente, utilizando o procedemento aberto ou o procedemento restrinxido e nos supostos dos artigos 170 a 175 poderá seguirse o procedemento negociado, e nos casos previstos no artigo 180 poderá acudirse ó diálogo competitivo".
No expediente de contratación que debeu ser obxecto de tramitación deberon observarse unha serie de trámites esenciais descritos no artigo 109 do TRLCSP:
*Acordo de iniciación motivando a necesidade do contrato e no que se xustifique debidamente a insuficiencia, falta de adecuación ou a conveniencia de non ampliación dos medios persoais e materiais con que conta a Administración para cubrir as necesidades que se trata de satisfacer a través do contrato.
*Certificado de existencia de crédito orzamentario expedido pola Intervención.
*Prego de cláusulas administrativas particulares informado polo Servizo Xurídico do Concello, e prego de prescricións técnicas.   SIGUE

Unha persona que cobraba 1300€ o mes , por unha mañán de traballo a semana. Este é o aforro que se facía cos anteriores governos municipais?




29 de diciembre de 2015

ALERTA PARA MAÑÁN DOUTRO TEMPORAL









A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informa no seu boletín nº 68/71 GAL do día 29/12/2015 ás 10:36 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS de nivel LARANXA que afectará ás provincias de A CORUÑA e PONTEVEDRA, de acordo aos seguintes parámetros: 
Provincia de A Coruña (Oeste e noroeste), ventos do suroeste, de forza 8, e mar combinada do oeste de 5 a 6 metros. Dando comezo o episodio a primeiras horas do día 30/12/2015. 
Provincias de A Coruña (suroeste) e Pontevedra, ventos do sur, forza 8, e mar combinada do oeste-suroeste de 5 a 6 metros. Dando comezo o episodio as 6:00 horas do día 30/12/2015. 
Estimándose que remate a alerta laranxa a primeiras horas do día 31/12/2015. POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES, QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles.





TEATRO E MAXIA PARA COMEZAR O ANO 2016







Dende a Concellería de Cultura do Concello de Cambados seguen a propoñer interesantes iniciativas para facer deste Nadal unha escusa perfecta para divertirse en familia a través do teatro e a maxia. Así este vindeiro fin de semana, e dando inicio ao 2016 o Auditorio da Xuventude contará con tres citas ineludibles no calendario dos veciños de Cambados.
Así, o sábado 2 de xaneiro ás 18.00 horas, comezaremos con Dani García e o seu espectáculo “Volta á maxia”. Este mago novo fundou a súa propia compañía en 2004 co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectáculos. Na actualidade e tras unha década de traballo, compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos. Naquelas terras recoñeceron xa o seu talento con galardóns como o 1º Premio Michigan Magic Day, o 2º Premio Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o 2º Premio TAOM Texas. Esa bagaxe permítelle crear producións propias que son auténticas obras de teatro máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai do ilusionismo algo intanxible, pero próximo para o público. No espectáculo do vindeiro sábado todos os que se acheguen poderán dicir que asistiron ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. E é que nada estará escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde se lle dará unha volta á maxia. Esta é unha obra infantil, só apta para nenos e nenas...aínda que xa peiteen canas.
Ao día seguinte tocaralle o turno á compañía de teatro cambadesa “No Garaxe” que a partir das 19.00 horas porá en escena “O achado do Castro” de Manuel Núñez Singala. Teatro no Garaxe naceu da desaparecida Escola Municipal de Teatro de Cambados. Este grupo afeccionado, pero xa con tablas dabondo, dará vida este domingo a unha comedia na que o humor o é todo, unha historia que, pulando por riba do anacrónico e profundando na súa esencial hilaridade, nos retrotrae á Roma histórica da man duns personaxes arquetípicos que se comunican nun galego inzado de latín macarrónico e que se enlean en enredos cómicos cheos de equívocos e confusións que producen no espectador unha clara empatía e doado recoñecemento.
E xa o luns 4 de xaneiro, para templar os nervios antes da chegada dos Reis Magos a Cambados, os nenos poderán gozar do bo facer de Bandullo Azul. Compañía creada no 2012, nada en plena crise, os recortes afectaron tanto a esta nova compañía que soamente está formada por dous actores, xa que, como din, tres son multitude. Evaristo Calvo regresa aos escenarios para presentarnos a historia de Maestro e de Pupilo (estrea en Cambados), dous disparatados cómicos que farán que nos riamos con eles. Ou talvez deles.
Maestro, unha vella gloria dos escenarios, leva toda unha vida viaxando polo mundo co seu espectáculo, Play. Nesta ocasión recala en Galicia co seu teatrino, pero non vén só. Decidiu fai un tempo que hai de retirarse e por iso acolleu na súa escangallada caravana un aprendiz, Pupilo, para que sexa o seu sucesor. Entre os dous xurdirán varios conflitos, que terán que resolver para que o espectáculo continúe.
Dende a Concellería de Cultura recomendan non faltar a estas tres citas nas que as risas están garantidas. As dúas primeiras propostas son de balde, ata completar aforamento, mentres que a terceira ten un custo na entrada normal de 3,5€ (e 2,5€ na reducida).








28 de diciembre de 2015

AS RESERVAS DE SANGUE 0+, A- e A+ ESTÁN ESCASAS EN GALICIA






Dende o Centro de Transfusión de Galicia lembrar que son necesarias 500 doazóns de sangue cada día para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos.

As reservas dos grupos sanguíneos 0+, A- e A+ permanecen baixas en Galicia, mentres que as do 0-atópanse normais, segundo informou este luns o Centro de Transfusión de Galicia.
Recordan que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliñan a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.
Co fin de facilitar a doazón, o próximo, luns 4 de xaneiro, acudirán unidades móbiles aos municipios coruñeses de Ferrol, Carballo, Betanzos e A Pobra de Caramiñal. Tamén, o próximo luns, desprazaranse unidades móbiles á localidade lucense de Foz; así como ás ourensás de Lobeira e Bande. Así mesmo, o Centro de Transfusións de Galicia, enviará unidades móbiles aos municipios pontevedreses de Cambados, Mondariz e Cangas do Morrazo.






INCIDENCIAS DO TEMPORAL








Foto de Miguel Chaves Lago
O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou no día de hoxe -entre as 06:00 e as 18:00 horas- un total de 131 incidencias relacionadas co fenómeno adverso laranxa por vento en terra e nos litorais das provincias de A Coruña e Pontevedra.





O maior número de intervencións –un total de 66- estiveron relacionadas ca retirada de pólas e árbores caídas en estradas principais e secundarias da comunidade galega. Ademais, rexistráronse case unha trintena de chamadas por mor de anegamentos en vivendas, rúas, baixos comerciais e bolsas de auga en estradas. Por fortuna, non se rexistraron danos persoais causados pola desfavorable meteoroloxía, nin graves danos materiais. A provincia máis afectada foi Pontevedra, con 53 incidencias, seguida de A Coruña, con 44. Pola súa parte, Lugo e Ourense foron as menos afectadas, con 18 e 16 incidencias, respectivamente.
Polo que respecta a Cambados cabe destacar pequenos anegamentos nas habituais ruas, Carreira, Pombal e na Praza do Concello ademáis da caída de ponlas de árbores sen danos persoais e o desprazamento de contenedores do lixo.



ADIVIÑA ADIVIÑANZA, QUEN "CASE" COMETE DELITO ELECTORAL





Todo aconteceu o pasado domingo nun colexio electoral da nosa comarca
Que interventor e de que partido marcou a papeleta dunha votante na mesma mesa electoral?
É lícito facer tal cousa?
A sorte deste interventor é que nin foi nin vai ser denunciado.
A papeleta foi eliminada antes de ser depositada na urna tralas protestas de outros interventores e a intervención de un cargo político do Partido do interventor e que lle botou unha bronca pola pouca intelixencia deste "señor".






27 de diciembre de 2015

CONCERTO DA BANDA DE CASTRELO HOXE








Hoxe domingo a partires das 19:00 hrs no Auditorio da Xuventude concerto de clausura do 125 aniversario da Banda de Música de Castrelo.

































ALERTA DE TEMPORAL







A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de mañá, 28 de decembro.


Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), comezará a partir das primeiras horas de mañá, con intervalos de vento do Sur e Suroeste de forza 8, e afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. 
Ademais da alerta de temporal costeiro de nivel laranxa a Aemet avisa dunha alerta laranxa por vento con refachos de ata 100 km/h que afectará desde primeiras horas da mañá ás catro provincias. En concreto: no noroeste, oeste e suroeste da Coruña, na Mariña lucense, no noroeste, sur e na montaña de Ourense e nas Rías Baixas, zona do Miño e o interior da provincia de Pontevedra.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.









26 de diciembre de 2015

XIMNASIA RÍTMICA A PROL DO REFUGIO DE CAMBADOS











Hoxe 26 de decembro os nenos da clase de Ximnasia Rítmica, Grand Jete van organizar unha demostración, onde a entrada custará 1€ anticipada e en despacho de billetes o mesmo día 2€ .Todo o recadado irá destinado ao Refuxio de Animais de Cambados. Un xesto que honra aos máis novos do pobo e aos seus profesores. Vén unha xeración que quere axudar aos máis débiles. Ti tamén te animas a AXUDAR?  Lembrade no Pavillón Alejandro García Fariña (instituto Ramón Cabanillas) o día 26 de decembro ás 18:00 horas. 

AXÚDANOS A AXUDAR. GRAZAS








O BELÉN MÁIS CAMBADÉS DE TODOS OS BELÉNS










Hoxe convidámolos a visitar o belén dun veciño de Cambados. Un clásico por estas datas e que leva  anos montando o nacemento nun dos comedores do seu Hotel. Cada ano vai incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera unha superficie de 15 metros cadrados e máis dun cento de figuras.

Carmelo  Fernández, o autor e dono deste belén, ten  máis dun cento de figuras sobre unha superficie de máis de 15 metros cadrados. Carmelo leva uns vintecinco anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Este ano aparte da presenza do Refugio de Animales ou o Teatro Caracol, hai varias novidades.

Este ano tamén inclúe unha particular homenaxe a Xaquín Charlín, CHON, e un pequeno poboado da República Independiente de Beleco


 É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da súa familia e de veciños que aportan pezas.

Se queredes velo so tedes que acercarvos polo Hotel "OS PAZOS" de Cambados detrás da igrexa parroquial, e poderedes contemplalo.



Preme nais imaxes para amplialas 











25 de diciembre de 2015

OS GARDACOSTAS DECOMISAN 700 Ks DE MARISCO









Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de 700 quilos de peixe e marisco, 100 aparellos de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle en diferentes controis realizados polo litoral galego e en diferentes lonxas e portos durante os últimos días. A Consellería do Mar realiza estes controis para vixiar a extracción ilegal de cara ás festas de Nadal.
Na área da ría de Vigo, os Gardacostas requisaron 116 quilos de marisco e peixe e 22 aparellos. A actuación de maior relevancia foi realizada en colaboración coa Garda Civil de Moaña, en Domaio e nela os axentes comisaron 115 quilos de vieira, extraída de forma ilegal, xa que a súa extracción está prohibida na ría de Vigo, e incautaron unha embarcación e un vehículo nos que se transportaba o produto.
Por outra banda, na área da ría de Pontevedra os axentes aprehenderon máis de 370 quilos de marisco, 39 útiles de pesca e 500 metros de trasmallos (arte de enmalle). A actuación máis destacada foi na lonxa de Campelo, onde requisaron 350 quilos de ameixa xapónica que excedían o cupo e máis de 5 quilos de ostra de talla antirregulamentaria.
Na ría de Arousa os gardacostas comisaron 5 quilos de centola, 4 de ameixa xapónica e 500 metros de miños (arte de enmalle) sen identificar. Ademais os controis realizados na área da ría de Muros e Noia deron como resultado o comiso de 142 quilos de ameixa de talla antirregulamentaria e 32 nasas de madeira sen identificar e na Costa da Morte requisaron preto de 50 quilos de marisco, a maioría percebe, e 2 aparellos de pesca.
En Coruña aprehendéronse de 25 quilos de peixe e marisco 3 útiles de pesca e na ría de Cedeira preto de 2 quilos de robaliza e 2 palangrillos sen identificar, un de 230 anzois e outro de 108 anzois.
A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.





23 de diciembre de 2015

ACTIVIDADES DE NADAL PARA TODOS OS PÚBLICOS















SAN SILVESTRE SOLIDARIA EN CAMBADOS










O vindeiro xoves 31 de decembro terá lugar, tras o éxito acadado o ano pasado, a IIª San Silvestre Solidaria de Cambados, organizada polo Club de Atletismo de Cambados.
A partir das 16.30 horas, na Praza do Concello, están proxectadas unha serie de probas organizadas por categorías. O obxectivo fundamental será divertirse a través do deporte, apoiando a Cáritas de Cambados  coa doazón dun kilo de comida non perecedoira por participante.
A xornada comezará coas probas infantís, que se dividirán en  tres categorías:
 Ás 16.40 horas será a Chupete San Silvestre, para nenos e nenas de 3 a 7 anos (cumpridos no día 31 de decembro de 2015), cun percorrido de 100 metros pola Avenida de Galicia.
 A continuación darase paso á Mini San Silvestrepara nenos e nenas de 8 a 10 anos (cumpridos no día 31 de decembro de 2015), cun percorrido de 400 m. polo centro urbano.
 Finalizarase ás 17.00 horas coa San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas de 11-13 anos (cumpridos no día 31 de decembro de 2015), cun percorrido de 800 m. polo centro urbano.
Proba Absoluta estará aberta a todos os atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba (nados no 2001 e anteriores) e terá lugar a partir das 17.30 horas.
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que
estean inscritas, nos prazos establecidos, e cumpran as condicións de participación.
Os interesados en participar nas probas poderán inscribirse na páxina web http://www.prueba-t.es/index.php/inscripciones?view=project&id=2%3Aii-san-silvestre-solidaria-cambados ata o martes 29 de decembro de 2015 ás 24.00 horas. A inscrición será GRATUÍTA para as categorías infantíe terá un custo de 1 para a categoria absoluta. Ademais haberá un inchable con monitor, sorteos, premios para os que acudan disfrazados e para os primeiros clasificados e ao rematar a carreira chocolate con rosca para todos.
Dende a organización animan a todos os veciños a sumarse a esta iniciativa. O público en xeral tamén poderá achegarse para doar 1 Kg de produtos alimenticios non perecedoiros ou produtos de limpeza e de hixiene persoal, que serán entregados a Cáritas de Cambados.
Máis información no Facebook do Club de  Atletismo Cambados:https://www.facebook.com/events/1661424350780524/ ou no correo atletismocambados@gmail.com















APROBADO O ORZAMENTO DA MANCOMUNIDADES DO SALNÉS








A Xunta da Mancomunidade do Salnés, na sesión do 18 de decembro de 2015 aprobou inicialmente o orzamento xeral para o exercicio económico 2016 e o cadro de persoal.
Queda exposto ao público na Secretaría da Mancomunidade, por prazo de quince días hábiles, contados dende a inserción deste edicto no BOP (22-12-2015), para que nese prazo os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que xulguen pertinentes, de acordo co disposto no artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. As reclamacións deberanse dirixir ao Sr. Presidente da Mancomunidade do Salnés.
De non presentarse reclamacións durante o devandito prazo, o orzamento xeral considerarase definitivamente aprobado.




OS INSTITUTOS CAMBADESES AUMENTARÁN OS FONDOS DAS SUAS BIBLIOTECAS






Os dous  institutos cambadeses IES Ramón Cabanillas e IES Francisco Asorey forman parte da rede de Clubes de Lectura dos centros de ensino secundario obrigatorio e postobrigatorio.
Estes dous centros pecibirán 800 e 900 euros cada un para a adquisición de libros.

Este curso 2015/2016, un total de 239 centros educativos públicos contarán con clubs de lectura, o que supón once máis con respecto ao curso anterior. Así se desprende da recente resolución da convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten por obxecto dinamizar a lectura entre os mozos e mozas nos centros de ensino secundario obrigatorio e postobrigatorio.
Por provincias, A Coruña conta con 99 centros con club de lectura, Pontevedra con 79 (nove máis que no curso 2014/2015), Lugo con 35 e Ourense, con 26 (dous máis que o curso pasado). Os detalles da resolución poden consultarse no seguinte enderezo web http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/resol_clubslectura_1516_final.pdf.
A Consellería destina un total de 200.000 euros -distribuídos entre os 239 centros- co fin de sufragar os gastos derivados do desenvolvemento das actividades previstas para o club de lectura. En concreto, as contías están destinadas, fundamentalmente, á adquisición de libros para realizar as diferentes accións, volumes que posteriormente pasarán a engrosar os fondos da biblioteca escolar.





ENTREGADOS OS 25 COMPOSTEIROS PARA CAMBADOS









O pasado 17 de decembro Cambados deu un paso adiante na xestión dos residuos adheríndose ao Programa de Compostaxe Doméstica, onde un técnico da empresa adxudicataria por SOGAMA explicou como montar o composteiro e impartiu unha charla formativa dando algúns consellos e resolvendo as dúbidas que xurdiron.
Entregáronse 25 composteiros dos cales, 7 foron para os colexios do municipio e 18 para vivendas unifamiliares con horta ou xardín.
A compostaxe permite tratar os residuos orgánicos para convertelos en abono ecolóxico sen necesidade de usar o contedor verde. O que se lle chamaba “cañeira” ou “esterqueira”, agora chámaselle composteiro porque é máis hixiénico. Si se seguen os consellos que deu o técnico na charla formativa non da cheiros, non hai moisquiñas nin roedores. O que si ten que haber son miñocas e vermes que son os encargados de transformar a materia orgánica en abono.

Os participantes terán varias visitas do Técnico de Medio Ambiente do Concello para ver como vai o proceso e resolver as posibles dúbidas.
Para o 2016 o Concello pretende seguir por esta liña e permitirá que máis veciños e veciñas se adscriban ao Programa de Compostaxe Doméstica debido aos beneficios económicos, ecolóxicos e sociais.




VIDEO DO PLENO DE DECEMBRO DO CONCELLO DE CAMBADOS






Xa podedes ver o pleno de decembro do concello de Cambados o primeiro da historia retransmitido en directo e no que se trataron os seguintes puntos do dia.

1º.- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN CELEBRADA O DÍA 26.11.2015.-
2º.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DA ORDENANZA DE TRANSPARENCIA, ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA E REUTILIZACIÓN DE DATOS DO CONCELLO DE CAMBADOS.-
3º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DE GOBERNO EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.-
4º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE ACORDO DE GOBERNO, EN APOIO Ó EQUIPO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS DO SPAD DE VILAGARCÍA DE AROUSA.-
5.- DAR  CONTA DAS RESOLUCIÓNS DICTADAS POLA ALCALDÍA.-
6º.- CONTESTACIÓN A PREGUNTAS FORMULADAS.-
7º.- ROGOS E PREGUNTAS.-


Preme no seguinte enlace para ver o vídeo do pleno









NOVAS ORDENANZAS EN CAMBADOS







De conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais, finalizado o período de exposición pública sen presentarse reclamación ningunha, enténdese definitivamente adoptado o acordo do Pleno do Concello de data 29.10.2015, de aprobación das Ordenanzas reguladoras do prezo público pola prestación de actividades organizadas por monitores nas parroquias e pola prestación do servizo do Plan Madruga no Concello de Cambados,  modificación de diversas Ordenanzas Fiscais( IBI, IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, e outras tarifas varias) publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 10/11/2015, procedéndose segundo o disposto no artigo 17.4 do devandito texto legal, á publicación do acordo automaticamente elevado a definitivo.

IBI E OUTRAS

PLAN MADRUGA





ACTIVIDADES DE NADAL NO CONCELLO DE CAMBADOS








                        Programa 2015-2016: 


Cambados acollerá desde o 7 de Decembro ao 8 de Xaneiro unha nova programación lúdica e do Nadal na que os máis pequenos serán os principais protagonistas. 
Algúns das actividades programadas serán as seguintes: 

Desde o mércores 23 ao xoves 31, nenos e nenas poderán gozar de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas co parque de atraccións, onde haberá inchables, talleres didácticos, música, xogos, a visita de Papá Noel... 
O parque permanecerá pechado o venres 25, e só abrirá en horario de tarde nas xornadas do sábado 26, domingo 27 e xoves 31. 

Xoves 31, ás 12.00 horas terá lugar na praza do Concello a celebración das 12 badaladas con lacasitos e o brinde cun viño espumoso D.O. Rías Baixas. 

CABALGATA
Os máis pequenos da casa tamén poderán deleitarse coa Cabalgata dos Reis Magos o martes 5 de Xaneiro. As súas Maxestades chegarán á vila ás 12.00 horas e acto seguido recibirán aos nenos e nenas no salón de plenos de Concello. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán coas súas carrozas as principais rúas da localidade, desde a praza de Fefiñáns. 





APROBACIÓN DEFINITIVA CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLEMENTO DE CRÉDITO







O Pleno do Concello de Cambados, en sesión celebrada o día 29.10.2015, aprobou con carácter provisional o expediente de crédito extraordinario e suplemento de crédito nº 3/2015 con cargo a baixas por anulación.
De conformidade co disposto nos artigos 169 e 177.2 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 20 e 38 do R.D. 500/1990, de 20 de abril, o expediente foi exposto ó público durante un prazo de 15 días hábiles, prazo no que os interesados puideron examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
Ó non terse presentado reclamacións contra a devandita modificación de crédito, esta considerarase definitivamente aprobada.
Faise público que unha vez realizada as modificacións obxecto deste expediente, o orzamento deste Concello para o exercicio 2015, presenta a seguinte distribución por capítulos:


.