Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de noviembre de 2015

CONVOCADO O "CENTOLO ROCK" NO GROVE







"O Grove convida a grupos locais e foráneos a competir no Centolo Rock 2015"

No marco do programa das XIII Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola do Grove, organizouse un concurso que pretende dar a coñecer novas iniciativas musicais.

Este venres 4 a partir das 20.00 horas o pavillón de deportes acollerá un concurso de bandas ou grupos musicais coa finalidade de lles dar unha oportunidade a aqueles artistas que queiran dar a coñecer os seus traballos. Segundo as bases, os únicos requisitos son non ter gravado un disco e que polo menos un integrante do grupo sexa maior de 18 anos. Os músicos deberán poder interpretar ata tres temas diferentes e serán valorados por un xurado composto por expertos, que lle outorgará un premio de 300 euros ao grupo gañador. 

As inscricións poderán formalizarse ata o xoves anterior mediante o envío do formulario de inscrición a: alcaldia@concellodogrove.es





ELOY GONZÁLEZ AS PORTAS DAS MEDALLAS







Este pasado sábado celebrouse na localidade Alemá de Hamburgo, o campionato Mundial de fisicoculturismo e fitness, Mr. Universe,da Asociación N.A.C. International, á que está adscrita a Asociación Española A.E.F.F. Ata este evento desprazáronse tres competidores galegos, o cambadés Eloy González Costa, do Ximnasio Vital Sport,que competiu na categoría Mes Phisyque,o veciño de Campo Lameiro, Francisco Iglesias Montáns do ximnasio Gimsport de Pontevedra, que competiu na categoría Men Body IV, ambos os deportistas competidores do equipo Body Sport Team de Pontevedra, dirixido polo preparador Xullo García Pampín, e o santiagués Fernando Mera Varela, do equipo de competición de David García Morlán, do EsqultureTeam de Santiago de Compostela, todos eles como integrantes da Selección Española de Competición de A.E.F.F., tras clasificarse para asistir a este evento no pasado Campionato de España, celebrado os días 14 e 15 de novembro en Torremolinos (Málaga).
Os tres competidores realizaron un gran papel neste campionato Internacional, e regresando coa satisfacción de conseguir, no caso de Eloy González, pasar a clasificación como finalista e conseguir un máis que meritorio Cuarto posto, de entre vinte e cinco competidores internacionais dun altísimo nivel. No caso de Francisco Igrexas, conseguiu subirse ao podio, ao facerse co trofeo de Terceiro clasificado da súa categoría,tras disputar o seu posto con outros dez competidores,e no caso de Fernando Mera, este tamén realizou un moi bo campionato, aínda que quedou á portas de clasificar como finalista tras medirse con outros vinte e dous competidores de diversos países e un nivel excepcional.Tanto os tres competidores como os seus preparadores, volven cunha gran satisfacción por realizar un excelente papel nun campionato Internacional cun nivel de competidores enorme e destacando a estupenda actuación de todos os competidores, tanto os tres galegos, como do resto da expedición Nacional, destacando tamén o primeiro posto e alzarse co título de campión en Men Body IV, Anxo Calderón, copando este e Francisco Igrexas dúas dos tres postos de podio dela categoría.




29 de noviembre de 2015

DERROTA DO XUVEN







A escuadra aragonesa levou o triunfo de O Pombal tras unha espectacular remontada na segunda metade, xa que chegaron a perder por vinte puntos no terceiro período. 

0-4 de saída visitante, respondido cun 8-0 local. A partir de aí, partido igualado ata o comezo do segundo período, cando Xuven Cambados estirábase cun parcial 12-0 e deixando ao seu rival en branco durante oito minutos (39-27). O acelerón galego continuaba tras o descanso e os de Miguel Ángel Hoyo parecían deixar o choque visto para sentenza cun claro +20 aos tres minutos da continuación (57-37). Pero antes de que acabase o terceiro período Simply Oliveiral metíase no encontro cun espectacular 5-23 (62-60). Os locais tomaban aire (71-64), pero un 0-11, cos galegos sen anotar durante máis de cinco minutos dáballes o mando (71-75). Quedaba pouco máis dun minuto, pero Xuven Cambados xa non puido repoñerse do golpe da remontada e a vitoria voaba cara a terras aragonesas.

A clave: Os de Carlos Iglesias non baixaron os brazos cando parecía que o partido estaba resolto e lograron unha espectacular remontada. No apartado estatístico, 27 de valoración para Gaffaney, 26 para Marc Martí e 25 para Riauka.

Estadística




28 de noviembre de 2015

O XUVEN TENTARÁ GAÑAR E DISTANCIARSE DO SEU RIVAL







As seis da tarde arrancará o partido. Medirá a dous equipos igualados a 3-5, o balance que marca a última posición de descenso. Xuven Cambados saldou con vitoria as súas dúas últimas comparecencias en O Pombal, deixando unha gran impresión defensiva que desaparece fóra do seu feudo. Simply Olivar chega a terras galegas con dúas derrotas seguidas, a última ante o pechacancelas.
Son dous equipos cun xogo parecido.
Miguel Ángel Hoyo considera que a defensa será clave. Non se trata tanto de baixar o número de lanzamentos que faga a rival -cousa difícil dado o estilo de xogo de ambos os equipos- como de conseguir que empeore as súas porcentaxes.

Data e hora: Sábado, 18:00 h.(Canal Xuven de YouTube)

Atención a: A actividade defensiva marcará o partido. En O Pombal veranse as caras a peor defensa da liga (Xuven Cambados) e a terceira que máis puntos permite (Simply Olivar).

O dato: dous dos mellores equipos de cara ao aro. E os máis xenerosos. Segundo e terceiro mellor porcentaxe da LEB Prata. E os dous equipos que máis asistencias dan por encontro.




27 de noviembre de 2015

ACTIVIDADES CULTURAIS DA FIN DE SEMANA








Actividades culturais que se desenvolverán en Cambados esta fin de semana:

Sábado 28,
ás 18:00 horas no IES Francisco Asorey, VIII Gala da Imaxe Submariña de Galicia.

Domíngo 29,
ás 17:00 horas na Nave de Peña, Concerto polo 125 aniversario da Banda de Música de Castrelo, coa Banda de Música Municipal de Noia;
ás 19:00 horas no Auditorio Municipal, representación de “Carnage” do grupo de teatro Iliria.






CONSELLOS PARROQUIAIS EN OUBIÑA E VILARIÑO






Continúan as reunións cos colectivos sociais para a posta en marcha dos consellos parroquiais de Cambados. Despois da boa acollida que este sistema de participación cidadá tivo nas parroquias de Corvillón e Castrelo, é agora o turno de Oubiña e Vilariño, os días 1 e 2 de decembro respectivamente.







UN MATRIMONIO E A SUA FILLA INTOXICADOS EN CASTRELO










Segundo informou o CAE Galicia 112, un matrimonio e a súa filla foron atopados en estado inconsciente na súa vivenda situada na parroquia de Castrelo ao redor das 17,00 horas deste mércores.


Os efectivos do servizo municipal de Protección Civil de Cambados comprobaron mediante un detector de gases elevados niveis de concentración de monóxido de carbono.

Os tres afectados foron evacuados de urxencia a un centro hospitalario, tras o que se procedeu a ventilar a casa. No operativo tamén participaron, entre outros, axentes da Garda Civil e sanitarios.

Un matrimonio e a súa filla foron localizados en estado inconsciente no interior da súa vivenda, situada na parroquia cambadesa de Castrelo. Unha alta acumulación de monóxido de carbono, producida, posiblemente, pola queima, nunha cociña económica, de leña e un sillón de espuma e plástico, pode ser a causa da intoxicación que os técnicos sanitarios diagnosticaron a esta familia. De feito, mediante o uso dun detector de gases, os efectivos do servizo municipal de Protección Civil de Cambados puideron comprobar que, efectivamente, os niveis de concentración de monóxido de carbono eran elevados. Unha vez evacuados os afectados, que se encontraban en diferentes puntos da casa, os axentes de Protección Civil procederon a ventilar a vivenda. Tanto os efectivos de emerxencias, como sanitarios e axentes da Garda Civil participaron no rescate dos tres afectados, que foron evacuados a un centro hospitalario urxentemente. O CAE 112 Galicia recibiu a alerta do suceso ás 17:00 horas de hoxe.    


Despois de dous dias o home continúa en estado moi grave, estando as mulleres en mellor situación.







QUEIXAS DOS USUARIOS DO C.I.M.








Vari@s pacientes e usuarios do servicio de sicoloxía que presta a Mancomunidade do Salnés a través do CIM e que da cobertura aos Concellos de Cambados, Meis e Ribadumia fixéronnos chegar as suas queixas polo cese por fin de contrato da actual sicóloga deste ente.
A sua máxima prioridade e que se manteña a mesma persoa para ese posto pois consideran que de ter que ser tratados por un/unha nov@ facultativ@ sería un retroceso para moitos de estes pacientes, algúns deles levan náis de ano e medio sendo tratados pola actual.
Recoñecen que aínda que a leu ampara a Mancomunidade algo poderíase facer para que a sicóloga continuase un tempo máis.
Algúns destes pacientes son víctimas de Violencia de Xénero e un novo sicólogo tería que empezar de cero no "tratamento" polo que terían que volver a recordar cousas que xa tiñan superado en parte. "Volver a recordar episodios traumáticos do seu pasado, din as pacientes, non sería un paso adiante senón un paso a trás".

Dase a circunstancia, que durante a presentación en Ribadumia da asociación contra o maltrato "ESMAR, MALTRATO CERO", foi abordada a continuidade da profesional, loada unánimemente por todos os presentes. 
Resulta paradóxico que o seu propio xefe o popular Gonzalo Durán, presidente en funcións da Mancomunidade e alcalde de Vilanova confirmara ante varias persoas descoñecer o feito de que nun dias finalizaba o contrato da sua "subordinada". 

Todos os políticos presentes no acto acordaron tratar o tema e facer o posible para a continuidade da doctora.




26 de noviembre de 2015

O MIRADOR DA PASTORA RECUPERA AS VISTAS






Comezaron estes dias as labouras de tala selectiva de árbores no momte da Pastora.
Despois de ter o monte case pelado houbo unha reforestación sen control que obriga agora a ter que talar algunhas das árbores que pouca pouco foron medrando e ocultando as maravillosas vistas a ría que cambadeses e foráneos disfrutamos.




Técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (centro de investigación e diagnóstico forestal e agrario dependente da Deputación de Pontevedra) visitaron hai semanas o monte para realizar unha valoración da situación na que se encontran as árbores que impedían unha boa visión da ria.
Preto de vinte árbores serán talados favorecendo e recuperando as magníficas vistas.









25 de noviembre de 2015

A DEPUTACIÓN DESTINA UN 20,5% MÁIS AO FOMENTO DO EMPREGO








Un obxectivo prioritario para o novo goberno da Deputación de Pontevedra é o emprego. Así, a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, no seu discurso de investidura destacaba que o novo goberno loitaría contra o desemprego para converter a provincia de Pontevedra nun territorio próspero, planificando estratexias de desenvolvemento coa finalidade de fomentar o progreso económico e social. Esta declaración de intencións da presidenta na súa toma de investidura convértese en realidade no orzamento da Deputación de Pontevedra para 2016, que destina un 20,5 % máis de recursos económicos a fomentar o emprego na provincia.
Entre 2011 e 2016 os recursos destinados a emprego do Goberno de España diminuíron en 15.100 millóns de euros e, no mesmo período, o orzamento destinado a mellorar a empregabilidade e a facilitar o acceso ao emprego para os nosos parados recortouse nun 31 %.   O noso país é máis pobre que hai catro anos, con máis paro e parados sen axuda pública que hai catro anos, e ante estes datos a resposta do Goberno central foi formular para 2016 uns orzamentos que dan as costas aos máis vulnerables da sociedade. Así, mentres as estratexias do Goberno central e da Xunta de Galicia pasan polos recortes que levaron a que no noso país teñamos medio millón menos de ocupados, que a poboación activa se recortase en 600.000 persoas, que nove de cada dez contratos sexan temporais e que o 25 % dure menos de 2 meses, que os parados sen cobertura de desemprego sexan xa máis de 3,7 millóns e que 1,5 millóns de familias teñan a todos os seus membros en paro, a Deputación de Pontevedra aposta por aumentar nun 20,5 % e investir máis recursos para destinar ao fomento do emprego e impulso da formación como factor para o aumento da empregabilidade.
Esta aposta xa se comezou a materializar coa posta en marcha dun departamento propio denominado Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, ata o momento inexistente, cuns fins diferentes ó Servizo de Recursos Humanos e Formación. Este departamento aglutina accións de formación e inserción/integración sociolaboral coa finalidade de paliar as necesidades das persoas máis vulnerables, tratando de eliminar a precariedade laboral e impulsando o traballo de calidade, que respecte os traballadores e garanta unhas dignas condicións económicas. Pero o servizo tamén está a impulsar as prácticas laborais e as axudas para a creación de empresas, dando un forte apoio á formación e incorporación cualificada ao mercado de traballo. Así, a través deste servizo xa se puxeron en marcha iniciativas coma o Depoemprega 2015, iniciado o paso mes de outubro, que ten por obxectivo mellorar a empregabilidade e acadar a inserción laboral dos seus participantes, o Practicum Depo 2015, que impulsa as prácticas laborais no estranxeiro, ou obradoiros de emprego dirixidos a mozas e mozos menores de 25 anos.

O novo Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local terá, en 2016, un orzamento de preto de 4 millóns de euros que se complementarán cos preto de 3 millóns de euros que o novo Goberno da Deputación de Pontevedra destinará ao Servizo de Recursos Humanos e Formación. Así, as dúas partidas destes centros xestores de fomento e promoción do emprego suman preto de 7 millóns de euros no orzamento provincial de 2016, aos que, ademais, é necesario engadir os 9 millóns de euros destinados ao fomento do emprego nos concellos da provincia.




UN MATRIMONIO E A SUA FILLA INTOXICADOS EN CASTRELO






Segundo informou o CAE Galicia 112, un matrimonio e a súa filla foron atopados en estado inconsciente na súa vivenda situada na parroquia de Castrelo ao redor das 17,00 horas deste mércores.


Os efectivos do servizo municipal de Protección Civil de Cambados comprobaron mediante un detector de gases elevados niveis de concentración de monóxido de carbono.

Os tres afectados foron evacuados de urxencia a un centro hospitalario, tras o que se procedeu a ventilar a casa. No operativo tamén participaron, entre outros, axentes da Garda Civil e sanitarios.

Un matrimonio e a súa filla foron localizados en estado inconsciente no interior da súa vivenda, situada na parroquia cambadesa de Castrelo. Unha alta acumulación de monóxido de carbono, producida, posiblemente, pola queima, nunha cociña económica, de leña e un sillón de espuma e plástico, pode ser a causa da intoxicación que os técnicos sanitarios diagnosticaron a esta familia. De feito, mediante o uso dun detector de gases, os efectivos do servizo municipal de Protección Civil de Cambados puideron comprobar que, efectivamente, os niveis de concentración de monóxido de carbono eran elevados. Unha vez evacuados os afectados, que se encontraban en diferentes puntos da casa, os axentes de Protección Civil procederon a ventilar a vivenda. Tanto os efectivos de emerxencias, como sanitarios e axentes da Garda Civil participaron no rescate dos tres afectados, que foron evacuados a un centro hospitalario urxentemente. O CAE 112 Galicia recibiu a alerta do suceso ás 17:00 horas de hoxe.    





PRESENTACIÓN DE "ESMAR, MALTRATO CERO"







Este mediodía tivo lugar a 13:30 no Salón de Plenos do Concello de Ribadumia 
a presentación da Asociación contra o maltrato "ESMAR, Maltrato Cero"
A presidenta Mary Torres dou unha breve explicación presentación do nome completo da asociación (orixe das siglas)
ESMAR, é unha asociación que quere acoller a todas as víctimas de violencia de xénero e acoso escolar, tanto a mulleres, nenos e homes.
O ámbito de influencia xeográfica da asociación é a Comarca Do Salnés.
Obxetivos da asociación e quen pode ser socio tamén foron explicados nesta presentación, polo que convidaron a todo aquel que sufra violencia de xénero directa ou indirectamente e tamén  a calquer persoa que estea interesada no tema e que poida aportar ideas e axuda, a entrar na asociación.

Invitaron a os concellos da comarca so Salnés a facerse socios honoríficos e a participar e nivolucrarse no proxecto.
Un dos primeiros obxetivos ou metas a obter en primeiro lugar  desde a asociación é ter un servicio de atención no hospital do Salnés, algo  que demandan con urxencia posto que o centro máis cercano atópase en Pontevedra, no Hospital Provincial.

Quixeron agradecer tamén nomear as "fundadoras" e directivas que arrancaron o proxecto:
Vicepresidenta: Soledad
Secretaria: Tita
Tesorera: María Rosa
1º Vocal : María José
2º Vocal: Mª Carmen
A o acto acudiron representantes de Cambados (Fátima Abal) Ribadumia (David Castro), de Meis e da Mancomunidade (Gonzalo Durán).

Agradecemento tamén a todos os concellos do Salnés en especial aos Concellos de Ribadumia e de Cambados polas xestións realizadas e axuda prestada no nacemento de ESMAR o Centro de información as mulleres (CIM) dos Concellos de Meis, Ribadumia e Cambados e aos traballadores sociales, sicólogos etc que traballan axudando as víctimas.


Para  rematar tamén lembraron a duas personas que nos deixaron este ano, e desde o principio deron o seu apoio incondicional, e merecen o seu recoñecemento.
Xoaquín “Chon” Charlín
Rosi Moldes




A PRAZA DAS RODAS CERRARÁ NA PONTE DA CONSTITUCIÓN








Por parte de un representante dos Hosteleiros da Praza das Rodas, vense de interesar desta Alcaldía a posibilidade de pechar ó tráfico dita zona, durante a ponte da Constitución, ó igual que xa se ten efectuado noutras ocasións, co fin de garantizar a seguridade vial e o acceso a residentes e conciliar ó mesmo tempo o seu uso coa actividade comercial que se desenvolve na zona.
Tendo en conta que para elo resulta necesario manter un reparto equitativo do espazo público, que permita ser utilizado de xeito lóxico e proporcional por todos os usuarios da vía; visto o informe emitido no seu día polo Inspector-Xefe da Policía Local, no que se recollía que de acordo co disposto no artigo 7, apartado f, da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e de Seguridade Vial, Real Decreto 339/90, de 2 de marzo, polo que se atribuen aos concellos, no ámbito de dita Lei, e entre outras, a competencia para o peche de vías urbanas cando sexa necesario, e tendo en conta tamén a experiencia dos últimos meses, que resultou altamente positiva, esta Alcaldía, en uso das atribucións que lle recoñece a vixente lexislación, por medio da presente ten a ben.




MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO








                             MANIFESTO MANCOMUNADO 25N

                                Cambados - Meis - Ribadumia


O 25 de novembro foi a data elixida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que lembra-nos e deixa claro este tipo de violencia como unha das principais formas de desigualdade entre homes e mulleres.
Con motivo da conmemoración, o noso Concello manifesta o seu rexeitamento e o de toda a sociedade cambadesa para todas as formas de violencia contra as mulleres, así como o seu firme compromiso para a súa erradicación, impulsando para iso, todas as medidas que sexan necesarias.


A violencia nas súas diversas manifestacións é perpetrada contra as mulleres polo simple feito de ser, constitúe un atentado á dignidade persoal, integridade e os dereitos humans básicos.
A súa erradicación esixe non só unha condena e rexeitamento enérxico, senon tamén o compromiso de todos os gobernos e a participación activa da cidadanía.
Debemos asumir que a desigualdade, a discriminación, a desvalorización do traballo e a ocultación das contribucións das mulleres son os factores que se atopan detrás desta violencia que rexeitamos.

Doenos e avergoñanos as 40 mulleres asasinadas este ano.
Degrádanos como sociedade e cada nova vítima fainos cómplices.
As ameazas, As coaccións, os abusos dentro dunha parella "matan", Non son mera expresión de confllictos familiares son sinais e antecedentes do que é o acto máis cruel e violento, sacar a vida doutra persoa.
Os mitos, xustificacións e resistencias desvian a atención da orixe e a causa da violencia, que é a desigualdade.
Dita desigualdade debe ser eliminada a través da prevención e concienciación da sociedade sobre os abusos e violacións dos dereitos humáns.
Neste contexto, hai que estar atento para escoitar e detectar novas formas de violencia de xénero que están xurdindo a través do uso de novas tecnoloxías.
O cyberbullying asi como outras formas de invasión de privacidade nas redes son realidades que temos detectadas dende o noso centro de información as mulleres para os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia.
Refléxanse nos datos recollidos certas conductas de dominación e relacións desiguais incluso a través dos medios de comunicación como é o internet entre a nosa mocidade que debe ter pola nosa parte unha atención especial.

Por todo isto dicimos ,sentimos e expresamos que :
- O noso concello está unido contra a todo tipo de violencia dirixida as mulleres.
- Dando o paso , mulleres e homes, de forma coordinada , toda a sociedade poderá atopar a SAIDA.
- Dende o Concello de Cambados facilitaremos todos os medios para promover a eliminación de violencia de xénero insistindo na educación como unha vacina eficaz contra dita violencia.





NOVO PLAN DE CONCELLOS´16 DA DEPUTACIÓN










Por vez primeira a Deputación de Pontevedra deulles información aos 60 concellos da provincia de Pontevedra e aos seus cidadáns de cada un dos proxectos en marcha e, en consecuencia, da posta en funcionamento do Plan Concellos 2016, o novo plan que incrementa en 16 millóns de euros os fondos que recibirán todos os municipios da provincia de Pontevedra con respecto ao pasado ano.
Co obxectivo de transmitir esa información desde a Deputación envióuselles a todos os concellos información dos criterios de repartición do Plan Concellos 2016 coa finalidade de que analizasen as cifras e indicasen, de ser así o caso, alternativas ou modificacións a este. Ningún concello, nin sequera os gobernados polo Partido Popular e que agora cuestionan o plan, enviaron modificacións ou queixas relativas aos criterios antes da súa aprobación.
Novamente, e unha vez aprobado, desde a institución provincial informouse a todos os concellos do investimento que recibirán, en concorrencia, a través do Plan Concellos 2016, sendo, nos 62 municipios da provincia de Pontevedra, superior ao do ano 2015. Todos os concellos da provincia, independentemente da súa cor política, recibirán maiores recursos económicos. Así, o Plan Concellos representa para os municipios da provincia un investimento de 16 millóns de euros máis que no ano 2015, xa que, a maiores de incrementar en 10 millóns de euros os fondos de concorrencia, incorpora os 6 millóns de euros de libre disposición que o anterior presidente tiña como instrumento para unha repartición arbitraria, clientelar e caciquil na que os municipios non gobernados polo PP non recibían nin un euro mentres que o diñeiro chegaba unicamente aos "amigos", aos concellos gobernados polo Partido Popular. 
Recordamos casos vergoñentos coma Agolada, con 2.651 habitantes, que recibía de libre disposición 648.753 euros, o dobre do que lle correspondía por concorrencia; Meis, con 5.033 habitantes, que recibía 380.000 euros por concorrencia e un 103 % a maiores, é dicir 389.982 euros, de libre disposición; Ribadumia, cunha poboación de 5.103, que recibía de concorrencia 373.838 euros e de libre disposición un 60 % máis de fondos, é dicir, 224.657 euros; ou Vilagarcía de Arousa, con 37.712 habitantes, que recibía por concorrencia competitiva 1.169.397 euros e un 36 % a maiores de libre disposición, é dicir, 416.657 euros. No ano 2015 ningún concello da provincia de Pontevedra que non gobernase o PP recibiu un só euro do diñeiro de libre disposición que o ex-presidente Louzán tiña para os seus amigos.
Con esta nova Deputación cómpre destacar que se eliminan os fondos de libre disposición para incorporalos aos que se dan por concorrencia, coa finalidade de beneficiar a todos os concellos da provincia de Pontevedra independentemente do partido político que os goberne.
Ademais do Plan Concellos, deses 16 millóns de euros máis con respecto ao 2015 que a Deputación de Pontevedra repartirá de forma equitativa entre os 60 concellos da provincia, todos os municipios tamén se verán beneficiados de novos plans que, como xa coñecen os alcaldes e todos os grupos políticos provinciais, incrementarán os investimentos da institución provincial nos concellos. Así, os municipios recibirán fondos a través do Plan de Infraestruturas, do Plan de Turismo, así como de máis liñas de subvencións por concorrencia destinadas a clubs deportivos federados, deportistas de elite, federacións, asociación culturais, asociacións de medio ambiente, entidades sociais, etc. Todos eses investimentos non forman parte do Plan Concellos e os alcaldes coñecen esta información de maneira directa desde a Deputación. E, aínda máis, tamén por vez primeira haberá novas axudas mediante a asistencia técnica a todos os concellos da provincia a través da posta en marcha dun departamento propio na Deputación de Pontevedra que existe en todas as deputacións españolas e, ata o momento, non se creara na nosa provincia.
En resumo, a maiores dos investimentos que os concellos percibirán en 2016 correspondentes ao Plan Concellos, moi superiores aos do ano pasado, os municipios tamén incrementarán notablemente as cantidades que ingresarán por parte da Deputación a través dos novos plans e liñas de subvencións, así como do servizo de asistencia técnica municipal que a institución porá en marcha durante 2016, unha información que lles foi comunicada a todos os alcaldes desde o primeiro momento.












Por comarcas...



24 de noviembre de 2015

XORNADA DE FOMENTO DO TRABALLO AUTÓNOMO COMO VÍA DE CREACIÓN DE EMPREGO










A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do MAR (AGTAMAR) e a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) organizan o vindeiro mércores 2 de decembro en Exposalnés unha xornada denominada “Fomento do Traballo Autónomo como vía de Creación de Emprego”.
O obxectivo xeral da xornada é promover e fomentar o emprendemento como vía sostible de creación de emprego eliminando as barreiras que poidan frear ao colectivo obxecto do proxecto a levar a cabo o seu proxecto de autoemprego e difundir de maneira clara e precisa as medidas de fomento do emprendemento levadas a cabo polo goberno.
A actividade vai dirixida a persoas que se atopan en situación de desemprego, demandantes de emprego que amosen iniciativa emprendedora, estudantes de ciclos ou obradoiros de emprego, que se enfronten ao mercado laboral.
Tamén a colectivos de parados de longa duración, xóvenes, mulleres e persoas con discapacidade.
A xornada está aberta a todas aquelas persoas que indistintamente da súa situación laboral teñen ou se plantexan algunha iniciativa emprendedora.

Contido da Xornada:
-Presentación de obxectivos e procedementos de actuación
-Breve introducción ao autoemprego. Detección de capacidades, posibilidades e oportunidades
-Como orientar a iniciativa económica. Análise do aproveitamento do portal de emprego e autoemprego do Ministerio de Emprego e Seguridade Social
-Orientación formativa segundo as súas necesidades
-Medidas especiais de apoio ás persoas que disfrutan do acceso a unha prestación contributiva (capitalización, compatibilidades, reserva dos dereitos de prestación, figura do autónomo colaborador, promoción do relevo xeracional)
-Obrigas fiscais e coa Seguridade Social
-Aproveitamento das novas tecnoloxías e mellora da competitividade
-Intercambio e dinámica colectiva





EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO I.E.S. AROREY






Entre os días 23 e 27 de novembro de 2015 pódese visitar no IES Francisco Asorey de Cambados a exposición fotográfica da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS). A colección das corenta fotografías que a compoñen correspóndense coas mellores imaxes tomadas por fotógrafos submarinos de Galicia nas competicións desenvolvidas baixo o amparo da FEGAS durante o ano 2014.

O sábado 28 de novembro tamén se poderá visitar en horario de tarde e a partires das 18:00 horas celebrarase a VIII Gala da Imaxe Submarina de Galicia que reunirá ós máis destacados especialistas en imaxe submarina de toda Galicia. Neste evento que conta coa implicación da FEGAS, do IES Francisco Asorey, do Concello de Cambados e da Deputación de Pontevedra, proxectaranse as imaxes obtidas nas competicións realizadas en Galicia durante o ano 2015 baixo o amparo da FEGAS nas súas distintas modalidades (Fotografía Submarina, Vídeo Submarino e Cazafotosub en Apnea) e entregaranse os premios correspondentes a estas competicións. O acto está aberto a todo o público en xeral.




ACTIVIDADES MUSICAIS NO I.E.S. ASOREY















MAÑÁN PRESÉNTASE "ESMAR"






Presentación no Concello de Ribadumia da “Asociación contra o maltrato ESMAR, Maltrato Cero”

A asociación de competencia comarcal ten entre as súas finalidades o apoio a mulleres do Salnés víctimas de violencia de xénero e de calquer tipo de maltrato físico ou psicolóxico.
Mulleres, nenos ou homes están a padecer a lacra da violencia de xénero e para dar apoio e cobertura as víctimas nace esta asociación de ámbito comarcal promovida por un grupo de mulleres da comarca coa axuda do CIM que abrangue aos concellos de Cambados, Meis e Ribadumia e da Mancomunidade do Salnés
Ao acto que terá lugar mañán mércores 25 a 13:30 no Salón de Plenos do Concello de Ribadumia e asistirán a Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o alcalde de Ribadumia, David Castro, membros do CIM e da Mancomunidade entre outras autoridades.
No acto farase a presentación da directiva de "ESMAR" e daranse a coñecer as lineas de actuación da asociación e os proxectos que tentarán levar a cabo.

ESMAR xa conta con páxina no Facebook, onde poderedes ver as suas iniciativas e proxectos.




ACTIVIDADES POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO








O 25 de novembro foi a data elixida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que lembra e deixa claro este tipo de violencia como unha das principais formas de desigualdade entre homes e mulleres.
Con motivo da conmemoración, están proxectadas unha serie de actividades ao longo do día:

12:00 – Lectura do manifesto mancomunado 25N
Na Praza do Concello, farase unha lectura pública do manifesto mancomunado dos concellos de Cambados, Meis e Ribadumia.

13:30 – Presentación no Concello de Ribadumia da “Asociación contra o maltrato ESMAR, Maltrato Cero”
A asociación de competencia comarcal ten entre as súas finalidades o apoio a mulleres do Salnés víctimas de violencia de xénero e de calquer tipo de maltrato físico ou psicolóxico.

18:00 a 20:00 – Charlas sobre “Intelixencia emocional no ámbito familiar”
Promoción do bo clima familiar para pais/nais e titores de alumnos de educación secundaria (12 a 16 anos)
Obxectivos:
-Favorecer a educación en valores de promoción da igualdade e prevención de conductas violentas no ámbito familiar e cos/cas menores.
-Fomento da coeducación e a corresponsabilidade.
-Educar a intelixencia emocional familiar para afrontar conflictos.
-Fomentar a comunicación dentro da familia.
-Comunicación, coeducación e corresponsabilidade familiar.
-Traballar en empatía e asertividade.




23 de noviembre de 2015

PRETO DE 400.000 PARA CONSERVATORIOS E ESCOLAS DE MÚSICA DA PROVINCIA








A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou subvencións por un valor total de 350.000 € destinados a 46 centros que imparten formación musical na provincia de Pontevedra. En concreto, concedéronse 150.000 € a 10 conservatorios de música, non dependentes da Consellería de Educación, de Cambados, Cangas, A Estrada, Gondomar, A Guarda, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Vilagarcía de Arousa. A maiores, 23 escolas de música públicas de Agolada, Baiona, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, Fornelos de Montes, Marín, Meaño, Moaña, Mondariz, Moraña, As Neves, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Silleda, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa recibirán 150.000 €.  Ademais, 13 escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro recibirán subvencións por valor de 50.000 €, en concreto, a Agrupación Musical de Vincios (Gondomar), a Banda de Música de Lalín, a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), a Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas), a Banda de Música La Unión de Guláns (Ponteareas), Músico Cultural San Martiño de Salcedo (Pontevedra), Agrupación Musical do Rosal, Amigas da Música de Salceda de Caselas, Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá (Vigo), Unión Musical de Coruxo (Vigo), Unión Musical de Valladares (Vigo), Asociación Banda Escola de Música de Beade (Vigo) e Asociación Pro Escola de Música de Vilanova de Arousa.
No eido deportivo a Xunta de Goberno aprobou o expediente para a contratación, mediante o procedemento aberto e cun orzamento de 240.000 €, da subministración de material deportivo diverso para os clubs federados da provincia de Pontevedra. Por outra banda, tamén se aprobaron as bases para a convocatoria de subvencións, por valor de 197.000 €, a concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, para a adquisición de desfibriladores, o mantemento e a reparación de instalacións deportivas e a adquisición de material deportivo e ocio inventariable durante o exercicio 2015.
En canto aos servizos sociais a Deputación de Pontevedra aprobou a ampliación da subvención dos servizos de axuda no fogar a 28 concellos da provincia de Pontevedra, de menos de 20.000 habitantes, por valor de 125.000 €. En concreto, beneficiaranse Agolada, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Lama, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilanova de Arousa. 
Ademais, a Xunta de Goberno aprobou unha segunda edición das accións formativas Actívate 2015 concedidas a tres concellos (Ponteareas, Portas e Tui). Actívate 2015 ten por finalidade desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre para mellorar a formación básica da mocidade da provincia de Pontevedra.