Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de agosto de 2015

A ZONA DO POMBAL VOLVE XENERAR CONFLITOS








Veciños do Pombal piden que se finalicen as obras de urbanización da zona.
Con anos de atrasos os afectados reclaman que se finalicen as obras que unirán a Avenida de Vilagarcía coa rúa Atlántico.
En caso de que as devanditas obras non se leven a cabo os afectados terán que ser indemnizados.
Sete afectados presentaran reclamacións no Concello para que non seguira adiante con ela. Aseguran que estaban de acordo con desenvolver a unidade de xestión, pero non de forma parcial ou por partes, senón que pedían que quede completamente definida e desenvolvida dunha vez. Pedían ademais que se execute o proxecto alternativo que eles presentaran porque o que
Imaxen do 2001
Concello redactou pechaba os espazos verdes e preveía a construción de edificios sen separación entre eles, ademais de que consideraban que pecha a zona ao mar. Ademais, afirmaban no seu dia, que a división en polígonos beneficia só a un determinado grupo de propietarios.








XIII CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS DO SALNÉS







Cambados acollerá o próximo 6 de setembro a celebración da XIII Concentración do Albariño de Clásicos. Os asistentes a este evento poderán gozar co seguinte programa:

Domingo 6 de Setembro, ás 09.30 horas terá lugar na praza de Fefiñanes a apertura do parque pechado. 

Ás 10.45 horas procederase ao peche do citado parque e ás 11.10 horas dará comezo a ruta con paseo polos belos lugares da vila pontevedresa. 
Ás 11.45 horas os asistentes poderán gozar cunha visita á adegaBouza do Rei, en Ribadumia, con degustación incluída, e ás 14.30 horas poñerán rumbo ao Restaurante Forniños, onde a partir das 14.55 horas se lles servirá un aperitivo e a continuación a comida.
Pola tarde, ás 18.30 horas, procederase no citado lugar á entrega de trofeos aos clubs participantes, e media hora máis tarde a concentración chegará á súa fin.

A nota musical da xornada estará a cargo do grupo Noite Fechada, que ofrecerá un concerto acústico.



Máis información

UNHA FIN DE SEMANA INESQUECIBLE








Trece familias compartiron estes días actividades e experiencias en Cambados. Todos teñen algún membro que padece AME, atrofia muscular espiñal. Unha enfermidade rara que fai que se vaia perdendo forza muscular. A maioría dos casos prodúcense en nenos. En Galicia hai nove casos rexistrados.


A Merchi Fernández, organizadora do encontro, diagnosticáronlle AME, Atrofia muscular espinal a comezos deste ano. Unha enfermidade da que apenas sabía nada. "Aféctame en todo, a todos os músculos do pescozo para abaixo. Hai días que non podo camiñar, bloquéanse partes do corpo. Os nosos musculos vanse consumindo", explicaba Merchi.

A maioría dos casos preséntanse en nenos. 
Estes días familias de toda España reúnense en Cambados para compartir experiencias e tamén para que os cativos se coñezan. "Xogamos ao fútbol, coñecin xente nova e vimos os títeres", "o que fixemos foi comer e xogar e xogar", "vimos marionetas e xogamos ao fútbol, pero aínda quedan máis cousas", comentan con ilusión os pequenos.

En España hai uns 1.500 casos rexistrados, nove na nosa comunidade.




29 de agosto de 2015

OS CACOS CÉBANSE CO CEMITERIO DE CAMBADOS






Desde hai unhas semanas véñense producindo un pequenos  roubos no Cemiterio de Cambados. 
Desde a parroquia avisan a veciños e propietarios do que está a acontecer e que dirixa cada cidadán as suas denuncias á Policía Local.
Os "cacos" non reparan no dano que fan sentimentalmente aparte do económico.
Lévanse flores, xarróns, e ata as letras dos nomes dalgúns nichos. Calquer veciño que note a presenza de xente estrana pola zona debe estar alerta e comunicar calquer movemento estrano avise as autoridades.







28 de agosto de 2015

A SOLEIRA DA DISCORDIA. SEIS VECES MÁIS CARA PARA O PP








Postos en contacto co Concello Cores de Cambados, tivo acceso, como calquer veciño ten, a documentación sobre a famosa soleira do parque que se vai a facer en Castrelo.
Lembremos que a obra estaba presupostada en 42.000 euros custaralle finalmente ás arcas municipais de Cambados só 7.000. Trátase da explanación e pavimentado do futuro parque infantil de Castrelo, algo máis de 600 metros cuadrados. Estas obras empezarán a próxima semana, segundo anunciou a alcaldesa Fátima Abal no pleno de onte. O PP,  preguntou pola demora que acumula este proxecto. Segundo a rexedora, o atraso está motivado a que se estivo a negociar unha rebaixa do presuposto que figuraba no proxecto herdado do goberno de Luis Aragunde. Das xestións encargouse o concelleiro de ObrasJosé Ramón Abal, que logrou que Covsa asuma a man de obra e que Goblalia achegue os materiais. Deste modo, o custo para o Concello será só de 7.000 euros.

Este Parque conta con unha subvención de 60.000 euros que é o que costan os xogos dos que disporá a zona de lecer.

Na imaxe pódese ver o presuposto do anterior Goberno Municipal onde queda reflectido o gasto de máis de 42.000 euros.






EXHIBICIÓN DE TAEKWONDO INFANTIL






O Clube Vital Sport Cambados ofrece una exhibición  infantil de Taekwondo o vindeiro domingo, 6 de setembro. O escenario elixido será o parque de Torrado, o cal acollerá dita exhibición  a partires das 19:30 horas. No caso de que a choiva ou o mal tempo dificultasen a realización da exhibición, esta será trasladada ao salón Peña.





I TORNEO COPA CAMBADOS DE FÚTBOL BASE






O Campo municipal de Burgáns acolle esta fin de semana a disputa do I torneo Copa Cambados de fútbol base, categoría xuvenil.
Os partidos disputaránse durante toda a xornada do sábado, e o domingo pola mañá, coa final ás 13:00h.
Os equipos participantes son o CJ Cambados, Alondras CF, Céltiga CF, Arosa SC, ACD A Seca e USD O Grove. A entrada é gratuita.








UN FERIDO LEVE NUN ESPECTACULAR ACCIDENTE EN MEIS







Un camioneiro caeu por un desnivel co vehículo que conducía pola Autovía do Salnés (AG-41), ao paso pola localidade pontevedresa de Meis. Pese ó golpe e á situación na que quedou o camión, o condutor –único ocupante do vehículo- estaba liberado e accesible e foi evacuado en ambulancia ó centro hospitalario de referencia. 
Por causas que se descoñecen, o home perdeu o control do vehículo, precipitándose por un desnivel e acabando no camiño de senderismo de San Martiño de Meis.

A consecuencia do sinistro, a calzada quedou cuberta con combustible do depósito, deixando unha mancha importante que, posteriormente, tivo que ser retirada polos Bombeiros do Salnés.

O vehículo accidentado era un camión frigorífico que transportaba mexillón.
O seu conductor e único ocupante non quedou atrapado no interior, pese o envorcamento, o que posibilitou que os servizos de emerxencia accederan a el sen problemas para o seu traslado a un centro hospitalario.
Ademais, como consecuencia do impacto, o combustible procedente do depósito do camión derramouse sobre a calzada. 

Así, o traballo dos Bombeiros do Salnés se está a centrar en conter e retirar a vertedura. Ás 11:15 horas de hoxe, varios automobilistas, que tamén circulaban pola Autovía do Salnés, chamaron ó 112 Galicia para pedir axuda. Ademais dos efectivos do parque comarcal, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se informou a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Meis. 




CURSOS CELGA EN CAMBADOS E VILAGARCÍA






CURSOS CELGA


Están convocados  cursos de formación de lingua galega, con carácter gratuito.
Destinatarios:  Todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou que os  cumpran neste ano. Cada persoa  só  poderá  presentar  solicitude para un  único curso
Prazo:  O prazo para solicitar o curso  remata  o 9 de setembro.

Desenvolvemento do curso:
O curso terá unha duración de 70 hoas lectivas,  distribuidas en sesión de dúas horas cada día. Debe contar cun número mínimo de 15 participantes .
Cursos  previstos:

  • CELGA 2  En Vilagarcia no IES Aramando Cotarelo Valledor do 19 de  outubro ao 9 de decembro, en horario de 20 a 22 h, de luns a venres

  • CELGA 4  En Cambados, no IES Francisco Asorey, do 19 de outubro ao 9 de decembro, en horario de 18:30 a 20:30 h, de luns a venres.

Máis información:
DOG do 21 de agosto de 2015
Na páxina web http:// www.xunta.es/linguagalega
OMIX, Centro “La Merced” do Concello de Cambados



CURSO ON-LINE DE HOSTELERÍA “EMPRENDER EN RESTAURACIÓN”






NoaInnova, entidade colaboradora da Federación Española de Hostelería, pon en marcha o curso “Emprender en Hostelería”, dirixido a persoas desempregadas ou ben traballadores en activo do sector da hostelería que desexen poñer en marcha o seu propio negocio e busquen adquirir os coñecementos de xestión empresarial necesarios.
O curso é gratuito, financiado polo Plan de Formación Estatal, e realizarase baixo a modalidade de teleformación.



Podes consultar a ficha técnica a través do seguinte enlace:http://noainnova.com/FEHR/EmprenderEnRestauracion
E a inscripción pódela realizar a través de:http://noainnova.com/FEHR/EmprenderEnRestauracion#inscripcion




XSG PIDEN UNHA SOLUCIÓN PARA O RIO UMIA







As XSG esixen á Feijoo que poña unha solución inmediata á contaminación do Río Umia e escoite dunha vez á veciñanza

 As Agrupacións de Caldas, Meis e Cambados presentaron unha campaña pola que reivindican a recuperación do Río Umia, pola que convidaron ao Sr. Rajoy a darse un baño no río, xa que tanto pasea por Galicia, aínda que “por desgracia seguro que teríamos a mesma imaxe que nos dera o Sr. Fraga no lago de Palomares.

XSG: “sentímonos alarmados pola situación río Umia, consideramos que é o maior exemplo do abandono do Medio Ambiente por parte da Xunta de Feijóo. Un feito que representa un ataque á identidade Galega do país do ríos, non protexer os noso ríos é non protexer a nosa identidade e patrimonio natural.”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron no día de hoxe unha campaña pola que reivindican a recuperación do Río Umia. Aproveitaron con esta campaña para convidar ao Sr. Rajoy a darse un baño no río, “xa que tanto pasea por Galicia, aínda que por desgracia seguro que teríamos a mesma imaxe que nos dera o Sr. Fraga no lago de Palomares.”
Segundo as declaracións da Organización “sentímonos alarmados pola situación río Umia, consideramos que é o maior exemplo do abandono do Medio Ambiente por parte da Xunta de Feijóo. Un feito que representa un ataque á identidade Galega do país do ríos, non protexer os noso ríos é non protexer a nosa identidade e patrimonio natural.”
As Agrupacións das XSG de Meis, Cambados e Caldas de Reis uniron as súas forzas para facer esta demanda e reinvicar que “a riqueza ecolóxica do Umia que tivo historicamente e, aínda que moi mermada, segue a ter actualmente ven pola súa diversidade de fauna e flora, formando ademais na súa desembocadura a Enseada do río Umia catalogada coma Zona Húmida de Importancia Internacional (convenio RAMSAR). Sen embargo, nos últimos anos se veu convertido nun dos máis contaminados, sendo practicamente ano tras ano, dende a construción do Encoro da Baxe, noticia por problemas ambientais.”
Dende as XSG explicaron que “a construción do Encoro da Baxe foi o inicio da situación na que actualmente se atopa o Umia. Unha construción chea de irregularidades e que se fixo coa oposición total da veciñanza das vilas afectadas: Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. O Encoro vendeuse coma a solución ao abastecemento de augas da zona do Salnés e Caldas e as enchentes que se producían en Caldas ano tras ano; o certo é que isto non foi así, os problemas de abastecemento empeoraron até chegar a ser un risco para a saúde durante algunhas tempadas e as enchentes seguen a ser unha constante anual.”
Os mozos/as socialistas lamentaron que “o verquido tóxico da empresa Brenntag do 2006 tinguiu de azul turquesa sete quilómetros do río, provocando efectos ambientais que aínda perduran hoxe. Logo do verquido de Brenntag veu a crise da microcystina, o peche das comportas do Encoro para reducir a velocidade da mancha de Brenntag, aumentou a concentración del alga tóxica Microcystis aeruginosa, que dende ese ano se repite tódolos veráns.”
Continuaron explicando que “temos que sumar, a todo isto, a presenza da Egeria densa, un alga invasora que comezou a aparecer no Umia no 2005 e que ano tras ano, foi proliferando por todo o cauce dende a zona do Malecón de Caldas de Reis ata invadir completamente as súas augas en zonas onde está estancada.”
Para finalizar, dende a Organización concluíron esixindo o compromiso inmediato da Xunta de Galicia con esta problemática que lonxe de atopar unha solución, empeora co tempo. “Un presidente da Xunta comprometido co medio ambiente realmente non tivera permitido que se chegase a esta situación.”




27 de agosto de 2015

OS TRABALLADORES DE DIARIO DE AROUSA VOLVEN A FOLGA






COMUNICADO DOS TRABALLADORES DE DIARIO DE AROUSA
CONVOCANDO FOLGA 

Ante os ataques realizados pola empresa nos últimos días, co resultado provisional de tres traballadores despedidos e o resto sen cobrar durante meses, as asembleas das cabeceiras de Editorial a Capital convocan unha folga para os días 2 e 3 de setembro. 
Os traballadores de Diario de Arousa acudiremos o mércores 2 a Ferrol a apoiar os nosos compañeiros e o 3 esperámosvos a todos na concentración que faremos, a partir das 20:30 horas, na Prazade Galicia de Vilagarcía. Non faltes. NON MÁIS DESPEDIMENTOS, NON MÁIS NON PAGAMENTOS.




UNHA VIGUESA NADARÁ 10KM POLO REFUGIO DE CAMBADOS








Unha viguesa participará no Desafío Cíes, nadando os dez kilometros que separan a illa da praia do Vao, para recadar fondos destinados á protectora El Refugio de Cambados. A intrépida nadadora pode ser patrocinada por diferentes empresas, negocios ou particulares que doan unha determinada cantidade de diñeiro xa sexa polo percorrido completo como por quilometro que logre avanzar nesta travesía que terá lugar o próximo sábado. A idea xorde " porque dende fai algo máis dun ano colaboro co Refuxio e quería contribuír dalgún xeito con este proxecto e co traballo que fan rescatando cans e educando" á xente" "no respecto aos animais", explica Alicia Irisarri, unha educadora infantil que recoñece ter medo á auga aínda que asegura que "todo se supera se tes unha motivación".
Alicia comezou a nadar hai apenas un ano por un problema na cadeira "que me impedía facer o tipo de deporte que practicaba ata ese momento, polo que non me quedou máis remedio que ir á piscina".
A rutina de facer rúas sen outra compañía pronto fíxoselle tediosa, porque como ela recoñece "o que me gusta é estar en contacto con outras persoas e os deportes de grupo", polo que decidiu buscar unha motivación. Esta xorde nas redes sociais cando encontra "un rapaz que en Barcelona fai unha proba de natación para recadar fondos para un refuxio de animais. Como eu estaba a colaborar co de Cambados e me falaran moi ben da proba do Desafío de Cíes decidín apuntarme".



Todo o artigo en LOCAL@ATLANTICO.NET













NENOS SAHARAUIS VISITAN A DEPUTACIÓN







Este ano, 407 nenos saharauís chegaron ata Galicia no marco do programa "Vacacións en paz" que cada ano organiza a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Ata a provincia de Pontevedra viñeron 170 dos cales 80 visitaron, onte, o Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra onde foron recibidas pola Presidenta Carmela Silva e a deputada provincial Eva Villaverde.
Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) é unha organización non gobernamental que ten por obxectivo tanto mellorar as condicións de vida dos refuxiados saharauís como da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos. A súa presidenta, Maite Isla, subliñou, durante a visita ó Pazo da Deputación de Pontevedra, que ademais do programa "Vacacións en paz", SOGAPS ten en marcha outras iniciativas como unha comisión sanitaria que con periodicidade viaxa ós campamentos, unha comisión de ensino, outra de dereitos humanos e ata unha de xornalistas.
Sobre "Vacacións en paz", Maite Isla destacou que "a provincia de Pontevedra é a que máis está respondendo de Galicia, aquí foi onde se iniciou o movemento de solidariedade co pobo saharauí e ata aquí, dos 407 nenos que chegaron a Galicia, viñeron 170 que regresarán os días 6 e 7 de setembro ó Sáhara".
Pola súa parte, a presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que "hoxe recibimos ás rapazas e rapaces do pobo saharauí que pasan na provincia de Pontevedra as súas vacacións no marco do programa de solidariedade de <Vacacións en Paz> que nos enche a todas e todos de orgullo". A maiores, Silva engadiu que esta recepción serve para que as mozas e mozos "coñezan como funcionan as nosas administracións, os espazos onde se desenvolve a actividade política, nos que se toman decisións".



26 de agosto de 2015

ORDE DO DIA DO PLENO DE HOXE







A continuación podedes ver a orde do dia sesión ordinaria que celebrará o PLENO DA CORPORACIÓN, na Casa Consistorial, ás 21’00h., do día 27 de agosto de 2.015 (xoves).

ORDE DO DIA
1º.- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN CELEBRADA O DÍA 28.07.2015.-
2º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR APROVEITAMENTOS ESPECIAIS DA VÍA PÚBLICA CON CAIXEIROS AUTOMÁTICOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS ADOSADOS ÓS EDIFICIOS E CON ACCESO DIRECTO DENDE A VÍA PÚBLICA.-
3º.- ADOPCIÓN, SE PROCEDE, DE ACORDO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBADOS A FAVOR DOS USUARIOS DO CENTRO OCUPACIONAL DE SAIAR.-
4º.- ADOPCIÓN, SE PROCEDE, DE ACORDO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA QUE A BIBLIOTECA MUNICIPAL PASE A CHAMARSE “LUÍS REI”.-
5º.- DAR  CONTA DAS RESOLUCIÓNS DICTADAS POLA ALCALDÍA.-
6º.- CONTESTACIÓN A PREGUNTAS FORMULADAS.-
7º.- ROGOS E PREGUNTAS.-




XV FESTIVAL XIRONSA ESTA FIN DE SEMANA







AQUÍ TEDES A PROGRAMACIÓN DO XV FESTIVAL XIRONSA

Venres 28 de Agosto, neste xornada, previa á celebración do XV Festival Xironsa na parroquia de Corvillón, do municipio deCambados, os grupos folclóricos Aires dá CotraMecos de Ogrobe, Grupo Paradanda EichdisirAbiñadoiraNon Vale Furar e De Corbata percorrerán as rúas da vila de Cambados.

Sábado 29, comeza o Festival Xironsa ás 13.00 horas coa celebración da sesión vermú, amenizada pola Banda de Música Cultural de Ribadumia, e ás 14.00 horas os presentes poderán gozar dunha amena comida, cuxa sobremesa estará amenizada a partir das 15.30 horas por Peter PunkPandereteiras Xironsa e Bambalas Vaamonde, Lamas e Romeiro.

Entrada a noite, ás 21.00 horas, dará inicio o festival que este ano contará coas actuacións de:
-Xironsa
-Os Xeitosiños
-Zurrumalla
-Aires dá Cotra

-Fiandola
-Eichidisir
-Cuchufellos

Ademais os asistentes poderán gozar dunha zona de acampada gratuíta e de sesión picadiscos.







OS MARISCADORES DA RÍA DE AROUSA NON DESCARTAN MOBILIZACIÓNS






Os patróns maiores da Ría de Arousa iniciarán este venres unha rolda de asembleas informativas para explicar aos mariñeiros a difícil situación que afrontarán esta campaña de libre marisqueo. A primeira será na Illa de Arousa. O seu patrón comparte a preocupación dos outros pósitos e asegura que a campaña rematará, como tarde, no mes de decembro. A Xunta segue sen tomar medidas, por iso non descartan mobilizarse en Santiago co apoio dos mariñeiros.
A menos de mes e medio do arranque da campaña de libre marisqueo, a ría de Arousa segue sen solucións que garantan a existencia de recursos. Rianxo e Cambados serán as seguintes paradas. Nun principio son encontros informativos, aínda que non descartan comezar mobilizacións. Queren que os mariñeiros coñezan xa as perspectivas negativas que se repetirán este ano, sobre todo nos Lombos do Ulla. Os patróns advirten de que esta será a segunda campaña de libre marisqueo que perde o sector. A pesares do todo, as medidas non chegan. Lamentan que a Xunta non escoitara as súas advertencias que fixeran a finais do ano pasado. Agora, as propostas dos técnicos son insuficientes e chegan tarde. Ante a perspectiva dunha nova campaña perdida, os patróns seguen a traballar na procura de medidas sociais que axuden aos mariñeiros. Algo que tamén abordarán nas asembleas que arrancan este venres.




SI TE PERDECHES ONTE O PROGRAMA, AQUÍ TES "EL CHEF DEL MAR" EN CAMBADOS







Si te perdeches o programa de TVE, "El chef del mar" adicado a Cambados aquí tedes o enlace para velo.
No capítulo de hoxe, Ángel León viaxa a Cambados, en Pontevedra, pobo famoso polo seu marisco e por ser a capital do albariño(no programa dixeron Ribeiro). No noso pobo, Ángel sae a coñecer o día a día dos mariscadores de navallas e berberechos, que aplican a súa sabedoría ancestral á recollida destes excepcionais moluscos.

VER PROGRAMA





CARNAVAL DE VERÁN EN BRAÑAS







O Carnaval de Verán de Brañas xa está aquí. Este sábado 29 con actividades para os pequenos, inchables, talleres. espectáculo de maxia pola noite concerto de NOITE FECHADA a partires das 11.










MARTIRIO E UXÍA CERRAN "OS XOVES DE CÓDAX"






Os Xoves de Códax, organizado por Bodegas Martín Códax, presenta hoxe o concerto de peche deste ciclo musical. Dende o mes de xullo, o viño as vistas desde a terraza da adega e a música formaron parte desta cita semanal.

Os últimos en subirse esta tempada ao escenario da terraza serán Martirio e Uxía. Estas dúas grandes artistas, e tamén amigas, compartirán espazo, talento e sensibilidade.  O concerto arrancará a partir das 20.30 horas e a actuación terá unha duración aproximada dunha hora. As entradas para este concerto solidario xa están esgotadas dende hai semanas e o importe destas entregarase á Cociña Económica de Santiago.





PRESENTADO O "I ENCUENTRO DE FAMILIAS AME"







O colexio salesiano “A Merced” acolle esta fin de semana o I Encontro Nacional de Convivencia de familias AME, que organiza a asociación sen ánimo de lucro GaliciAME.
Este encontro ten sobre todo a finalidade de que durante tres días os rapaces afectados por esta terrible enfermidade, poidan desconectar da súa rutina diaria e relacionarse con outros nenos.
É un evento moi esperado pola comunidade AME, xa que era unha necesidade de tódalas familias AME ter un encontro deste tipo. Como moita xente sabe, a atrofia muscular espiñal, aparte de ser unha das denominadas “enfermidades raras” é predominantemente infantil e de carácter mortal sendo a súa esperanza de vida moi curta, e moitas veces as familias, especialmente ao principio cando “aterrizan” neste mundo da AME sóense atopar moi sóas e desorientadas, polo que un encontro destas características será poi positivo para elas.
As actividades que se levarán a cabo durante estes tres días son:
O venres, tarde de títeres ofrecida pola compañía O Laranxo animación, de Portonovo, da man de Hugo Andrade, Silvia e Carmen. O resto da tarde pasarase na granxa-escola "Sarantellos", no colexio Salesiano A Merced. Pola noite haberá unha velada amenizada polo Dúo Chocolate.
O sábado comezará cunha misa por todos os guerreiros AME, polos que están e polos que xa se foron. A continuación, realizaráse unha visita guiada á adega Condes de Albarei. A tarde estará chea de xogos tradicionais adaptados que foron cedidos por Cándido Mascato, para dar paso a un taller de cociña con Yayo Daporta.
O domingo, faráse unha ruta con Guimatur, que ensinará a mariscar aos adultos mentres os nenos farán xogos a pé da praia no paseo marítimo. Ao rematar, faráse unha recepción no Concello, para posteriormente retornar ao colexio Salesiano onde se celebrará a comida de despedida.
Está previsto que asistan 50 persoas procedentes de toda España: Vigo, Ourense, Lugo, León, Valladolid, Madrid, Murcia, Málaga, Córdoba e Canarias.
Esta convivencia está pensada sobre todo para desconectar, estar en familia, disfrutar das actividades tanto os maiores como os cativos, que os pais e as nais intercambien experiencias, situacións e angustias e sobre todo que os nenos coñezan a outros nenos coa sua mesma enfermidade e vexan que sí se pode.