Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de junio de 2015

A ESCASEZA DE MEDIOS ECONÓMICOS FAI PELIGRAR UN FUTURO DEPORTIVO DE PROXECCIÓN






DOUS CAMPIÓNS E UN CLUB SEN MEDIOS ECONÓMICOS PARA PODER PARTICIPAR NO CTO. DE ESPAÑA.

Necesitamos axuda económica, un euro teu nos axudaría moito.

Este é o chamamento que fan desde o Club Natación Salnés para acadar o mínimo financiamento para participar no CAMPEONATO DE ESPAÑA EN BARCELONA, O PRÓXIMO DÍA 11 DE XULLO. 

Sergio un rapaz de 17 anos medalla de Ouro no Campeonato de natación celebrado en Pontevedra proclamándose Campión Galego de 50 Braza!!  

NECESÍTANSE PATROCINADORES, TENDO EN CONTA QUE É O ÚNICO REPRESENTANTE DO SALNÉS.


Caixa Rural Galega
ES29 3070 0037 1161 1760 1523

Axuda e Comparte. Máis información no enlace de máis arriba





A MAREA VERMELLA PECHA PRÁCTICAMENTE TODAS AS BATEAS



As bateas de mexillón en Galicia están prácticamente pechadas na súa totalidade a causa da toxina lipofílica que impide a súa extracción. Onte só había tres polígonos abertos (Sada 2,  A Pobra A e Cambados A2), os outros 46 permanecían pechados porque presentaban niveis de toxicidade máis altos dos que establece a lei. Finalmente últimos en pechar foron un polígono na ría de Sada e outro fronte a Cambados. Agora só está aberta unha pequena área na Pobra, con moi pouca produción.
Deste xeito, nos próximos días non haberá mexillón galego fresco nos mercados.
Este novo episodio de 'marea vermella' recruouse nos últimos días o que obrigou a clausurar os últimos parques que quedaban abertos en Redondela (Ría   de Vigo), A Pobra, Vilagarcía   e Cambados (Arousa).
Este peche masivo coincide coa época forte do mexillón, que está a punto de empezar e que se estende durante os meses de xullo, agosto e setembro xa que o molusco está en condicións óptimas e a industria é cando máis fabrica para ter stock para o resto do ano. 

A patronal conserveira non descarta que se poida producir algunha parada nas fábricas se a toxina non remite nas próximas semanas, se ben pide cautela porque se trata dun fenómeno natural cuxa propagación depende de moitos factores como as correntes mariñas, os ventos ou a temperatura da auga.
Este é o segundo episodio tóxico que se produce no que vai de ano -o primeiro foi en primavera- e o ano pasado o sector bateeirosufriu un dos peores da última década con varios capítulos de marea vermella. Trátase dun fenómeno natural que se produce por microalgas presentes no fitoplancto mariño, que forma parte do alimento dos moluscos, e que baixo condicións ambientais favorables se multiplican.



A A.E.C.C. EMPEZA EN CAMBADOS UNHA NOVA CAMPAÑA.





A xunta provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Pontevedra inicia esta semana en Vilagarcía, Cambados e Bueu, a súa campaña de prevención solar verán 2015 baixo o lema "O Sol pode deixar unha pegada imborrable na túa pel".
A campaña ofrece unha información clara e sinxela de como detectar a tempo un posible melanoma.
Son recomendacións sinxelas como:
  • Beber auga abundantemente durante a exposición solar.
  • Protexerse do sol de forma adecuada ao facer deporte aínda que estea anubrado.
  • Utilizar unha crema axustada ao fototipo de pel, así como gorros, antucas, camisetas...
  • Evitar permanecer moito tempo exposto ao sol sobre todo na franxa horaria de 12:00 a 16:00

Para este ano, a Asociación contra o Cancro chegou a un acordo coa Academia española de dermatoloxía e venereoloxía (AEDV) para apoiar a súa campaña de prevención solar Euromelanoma, a través de distintas clínicas de Pontevedra.
Así mesmo, este ano 2015 contarán unha vez máis coa colaboración da casa farmacéutica ISDIN que novamente apoia esta campaña solar a través de diversas accións e sobre tododoando mostras de cremas de prevención solar destinadas á poboación en xeral e aos nenos que é aos que máis hai que protexer. Estas mostras serán entregadas polo persoal técnico da AECC na carpa xunto cos consellos sobre como tomar o sol de forma axeitada.

Info: Pontevedra Viva




29 de junio de 2015

ESTE XOVES PRIMEIRO "XOVES DE CÓDAX"








Os Xoves de Códax
Nesta cuarta edición, o ciclo musical Os Xoves de Códax alcanza a súa madureza sen deixar de mostrarse novo e vivo igual que oalbariño que lle dá nome. Se cadra máis vivo e novo que nunca, con vontade de experimentar, mesturando con atrevemento ingredientes artísticos e músicas de procedencias diversas, sempre co obxectivo de alcanzar territorios musicais inexplorados e facernos vivir experiencias intensas.

Rosa Cedrón e Emilio Rúa

No concerto de apertura dos Xoves de Códax tecerase un camiño entre dous universos. Dun lado, Rosa Cedrón, unha das voces máis internacionais de Galicia, mostrando as súas grandes paixóns: cantar, o violoncello e a súa recén estreada faceta de compositora. Doutro lado, Emilio Rúa músico novo pero de longa traxectoria, recoñecido con importantes premios e moi valorado polo público.


Os Xoves de Códax volven reunir todos os ingredientes: O Val do Salnés aos nosos pés, a Ría de Arousa no horizonte, as cálidas cores dos atardeceres de xullo e agosto, a emoción sobre o escenario e o mellor albariño na nosa copa. Alguén se atreve a soñar cunha harmonía capaz de superar isto?   



Fotos e Info: Martín Códax




PRIMEIRO PLENO DO CUATRIPARTITO





O novo gonerno municipal ven de convocar a sesión extraordinaria-urxente que celebrará o PLENO DA CORPORACIÓN, na Casa Consistorial, ás 21:00h., do día 30 de XUÑO de 2.015 (martes).
Ó mesmo tempo que lle lembro o deber da súa asistencia. comunícolle que se atopan nas Oficinas Municipais os antecedentes e expedientes relacionados cos asuntos que figuran na seguinte
ORDE DO DIA
1. RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DA URXENCIA DA SESIÓN.
2. CONSTITUCIÓN DE GRUPOS MUNICIPAIS.
3. DACIÓNS DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA,
Nomeamentos dos/as concelleiros membros da Xunta de Goberno Local, de Tenentes de Alcalde e delegacións especiais dos concelleiros
Delegación das competencias da Alcaldía na Xunta de Goberno Local
Designación de representantes do Concello nos Consellos Escolares Municipais e noutros órganos.
4. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DO PLENO DA CORPORACIÓN.
5. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA CREACIÓN E COMPOSICICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES.
6. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ADICACIÓN EXCLUSIVAS E PARCIAIS E RÉXIME RETRIBUTIVO DOS CONCELLEIROS.

7. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS SUBVENCIÓNS AOS GRUPOS MUNICIPAIS.
8. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS INDEMNIZACIÓNS A PERCIBIR POLA ASISTENCIA DOS CONCELLEIROS/AS SEN ADICACIÓNS AOS ÓRGANOS COLEXIADOS DO CONCELLO DE CAMBADOS.
9. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA DELEGACIÓN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DAS ATRIBUCIÓNS DO PLENO QUE SEXAN DELEGARLES.
10. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN NA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS.




CONCERTO DE CABINA 402





O vindeiro venres 17 de xullo na Taberna O Galo Negro actuación de Cabina 402 a partires das 13:30 con entrada gratuita.






BIRDMAN, OU COMO NON ACEPTAR A DERROTA










Na xeira de artigos onde fago un paralelismo entre o mundo do celuloide e a realidade política   tócalle  o turno a un dos filmes máis potentes que ollei nunca, algo que non é de estranar cando detrás da cámara está un xenio coma o Mexicano Alejandro González Iñárritu (Amores Perros, 21 gramos, Babel e Biutiful). Conta a historia  dun actor que probara as meles do éxito para perdelo de súpeto e percura a súa redención noutro espazo fora do cine, algo semellante ao que lle está a ocorrer ao que fora “primeiro dos Cambadeses”, Luis Aragunde, que pasou de seren gobernante a estar na Oposición.  Busca no “teatro” a gloria pasada e faino co ahínco propio daqueles homes que teñen amor propio. Na despedida coma Alcalde xurou voltar con renovados azos e xunto ao seu equipo de goberno  tomalo mando de novo. Irreprochable.
Na súa bagaxe política hai experiencia liderando un proxecto  porén  a oposición  é algo novo para él. Un dos eixos que a democracia estipula consagrada polo uso e santificado pola tradición (hoxe estou algo Bíblico por algo é domingo)  é un periodo de “gracia” á Corporación entrante,  de tal guisa que para ter ecos na Eternidade  e deixar as claras a súa boa fe repetíu este axioma.  Pos ben:  resulta que abro o seu Blog, leo aos seus ex asesores que se ocultan en Internet baixo perfís falsos (algo cobarde e mezquino), leo a Prensa e por si alguén tiña algunha dúbida é un hipócrita e un mentiroso.  Aínda  está en estado de schock desde o día 13 de Xuño sin aceptar  que os veciños cos seus votos o enviaron á Oposición. Pode ser que calquera día apareza correndo pola vila en calzóns coma Michael Keaton no filme de Iñárritu;  despós das barbaridades que leo é o último que lle faltaba.

Inestabilidade e despropósito son algunha das palabras coas que descrebe a chegada de Fátima Abal e os seus cabaleiros que queren facer de Cambados un guiñapo segundo a súa mente calenturienta.  Amor incondicional polo PP e pola súa vila non lle faltan a Luis, está inmerso baixo as tribulacións do supremo artista asemade non é consciente do que deixa atrás, unha vila desfeita resultado de 28 anos de goberno Popular ( 6 concretamente con él ao mando ). Chegou a crise económica e non soubo medilos tempos, esqueceu a cercanía e a proximidade cos veciños que tiña cando era Xerente na Lonxa para se converter nun Alcalde de Despacho. Traxes, viaxes, dietas e a súa corte tras él facendo gala de tódolos privilexios e prevendas habidos e por haber esquecendo que non se pode empregar un cargo público ou unha Institución coma o teu dominio cando non é tal: é a casa do pobo froito da loita obreira e da  acción social.  Cegouno o poder nunha palabra e esqueceu que un cargo público ten que ser un espello para os veciños, que non se pode presumir do que teño e decirte do que careces. O pobo víuno namentras  estaba  (e está) a pasalas  putas e lle meteu un castigo en toda regla.  A pesares da súa política caciquil non puido paralo tsunami e o seu Cambados Fidalgo, pobre e soñador descabalgouno da súa montura. Perceval  na película Excalibur (John Boorman, 1981) saía xunto aos seus cabaleiros na percura do Santo Grial e Luis ordenou aos seus (Alberto NN.XX, Mané Galiñanes e Benito Leiro)  a recuperalo segredo que perdeu.

Descoñecía o vacío do seu espírito ata que lle deron de beber do cáliz.  A batalla  comezou,   nin 100 días de cortesía nin gaitas de fol, ao ataque e coma reza o Éxodo (A Biblia) cando o inimigo é grande (un cuatripartito) o ataque debe ser frontal. Así entende o PP a guerra non en vano é un partido de armas, herdeiro directo do Franquismo e culpável da morte dalgúns dos intelectuais e escritores máis grandes da nosa Historia. Preparádevos para o combate por recuperalo Concello para a causa Popular.  Primeira entrega o martes 30 no Salón de Plenos da Corporación. Alí estaremos para seguir relatando o que é un espectáculo. Non sei si a política é fermosa coma dicía un dos protagonistas do filme  de Giussepe Tornatore (Baaría) pero xa que en Cambados non hai Cine polo menos temos a partir de agora  Pleno cada mes e con il  a estrea dun novo filme que xa para sí quixeran  capitais de Provincia:  Cambados é Cine.

ÓSCAR NÚÑEZ ROIS


28 de junio de 2015

O REFUGIO DE ANIMAIS ESTÁ SATURADO, PRECISAN DE ADOPCIÓNS






Desde CORES DE CAMBADOS queremos facer un chamamento ante a saturación que está a ter a gateira do Refuxio agora mesmo!! 
Como moitos veciños saben as instalacións do refuxio foron deseñadas para albergar cans pero hai uns catro anos debido ao grande abandono de gatos que hai  tiveron que acondicionar unha das  gaiolas de corentena para albergar gatos que foron abandonados e que necesita unha nova familia. Co cariño, apoio e dedicación de moita xente conseguiuse ter unha mini gateira onde poder darlles a calidade de vida que necesitan, pero é unha gateira moi pequena que só permite ter como máximo catro ou cinco gatos novos ou adultos, pero non cachorros menores de tres meses que polo seu pequeno tamaño teñen que estar en casas de acollida ou na propia clínica do refuxio... 


Agora mesmo están a tope e necesitan axuda e sobre todo adopcións responsables para os gatos. Atópanse con dous gatos adultos na gateira polos que ninguén pregunta xa que son dúas "panteritas" preciosas, pero os gatos negros á xente non lle gustan demasiado, un gatiño e unha gata adulta nunha casa de acollida e 12 gatos na clínica do refuxio, destes gatos 10 deles son cachorros que apenas chegan aos dous meses de vida e unha gata abuelita que necesita saír con urxencia de alí xa que está moi estresada.


Potenciar adopcións e intentar mellorar a situación é o obxectivo a cumprir, xa agora mesmo se aparece unha urxencia de gatiños ou de cans é imposible hospitalizalos...

Podes ver todas as fotos e historias dos gatos aquí: http://refugiocambados.es/es/15-gatos 

Cada pouco é actualizada a páxina.


CAMBADOS SÚMASE A IGUALDADE SEXUAL E A NON DISCRIMINACIÓN





Esta mañán tivo lugar o acto de posta no balcón principal do Concello de Cambados da Bandeira Gai. O acto contou coa presenza de 7 dos 9 concelleiros do grupo de goberno.
Tra poñer a bandeira a alcaldesa, Fátima Abal respaldada polos compañeiros de corporación, leeu o seguinte manifesto:

"O 28 de xuño conmemóranse en todo o mundo as revoltas de Stonewall en 1969 no Greenwich Village de Nova York, acontecemento do que este ano se conmemora o 45 aniversario, e que supuxo o nacemento do movemento de liberación gai, lésbico, transexual e bisexual (LGTB), e que se celebra en todo o mundo como o Día do Orgullo LGTB. Unha conmemoración nada da rebelión cidadá contra a inxustiza, a discriminación, a fustigación e a constante persecución social e policial,  e que deu orixe a un movemento polos dereitos civís e os dereitos sexuais en todo o mundo
Hoxe é un día histórico para Cambados, por primeira vez a bandeira do arco da vella  presidirá o balcón del Concello e ademáis, no día do Orgullo Gai.
Unha data especial xa que agora se cumplen 10 anos da aprobación da lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Fai tan só uns días  coñecíase a noticia de que se aprobaba o matrimonio en todos os estados dos Estados Unidos.
Pero queda moito por avanzar a nivel mundial, por eso estamos aquí todos os integrantes deste novo gobernó, para demostrar que realmente estamos ante un tempo novo, e que para nós todos somos iguais, que non facemos ningún tipo de distinción e que todos os veciños e veciñas de Cambados contan co noso apoio.

Hoxe demostramos que as sociedades poden facerse mellores a sí mesmas e que poden ensanchar as fronteiras da tolerancia e facer retroceder o espazo da humillación e a infelicidade.

Gracias a todos os que estades aquí presentes, por respaldar e  apoiar ó colectivo LGTB".






27 de junio de 2015

MAÑÁN IZARASE A BANDEIRA GAI NO BALCÓN DO CONCELLO






Que o Concello de Cambados está a cambiar pálpase polas rúas. entre os veciños agás aqueles que se resisten a dar o paso cara o lado e apartar e deixar que o novo goberno que foi elexido democráticamente e unha das primeiras decisións visibles foi a de aceptar o reto plantexado desde CAMBADOS NOTICIAS e no que se lle propuxo que fixeran ondear a bandeira gai no balcón do concello.

Desde os  tres blogs quixemos sumarnos ao  Día Internacional do Orgullo LGBT que cada 28 de xuño lembra os disturbios que tiveron este día do ano en 1969 no bar Stonewall Inn de Nova York.
Precisamente hoxe o Tribunal Supremo dos Estados Unidos legaliza os matrimonios homosexuais en todo o país.
A Corte Suprema aprobou, por cinco votos a favor e catro en contra, a legalización dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo. A medida obriga aos trece Estados que os prohibían a aceptar as unións gays.
O presidente Barack Obama dixo que a decisión supón unha "vitoria para América".

Desde aquí queremos dar a familiares, amigos ou descoñecidos gais o noso apoio na sua loita á que agora de forma oficial se une o Concello de Cambados, e outros moitos máis, e que a moitos non lles parece ben. Contra eses retrógrados e seres insensibles temos que loitar.


Mañán domingo as 12:00 terá lugar o izado da bandeira.



PACTO PARA O GOBERNO DO CONCELLO DE CAMBADOS








PACTO PARA O GOBERNO DO CONCELLO DE CAMBADOS NO PERÍODO 2015/2019

Nas eleccións municipais do pasado 24 de maio os veciños e veciñas de Cambados decidiron que o noso concello contara cunha maioría plural composta por catro forzas políticas PSdG-PSOE contres concelleiros, BNG con 3 concelleiros, Somos Cambados con 2 concelleiros e Cambados Pode con 1 concelleiro.
As catro forzas políticas conscientes da responsabilidade que asumen comprométense a levar adiante un ACORDO PROGRAMÁTICO PARA O MANDATO 2015/2019.
Despois de 28 anos de goberno da dereita entendemos que o novo goberno debe marcarse como primeiro obxectivo a democratización do noso concello de xeito que a Casa do Concello sexa a casa de todos os cambadeses e cambadesas.
Na complexa situación social que estamos a vivir marcada por unha crise económica que afecta a moitas familias do noso concello entendemos que a institución municipal debe ser sensíbel, estar atenta ás necesidades dos veciños e veciñas e traballar por mellorar a súa situación dentro das nosas competencias.
A transparencia, a participación e a proximidade aos cambadeses e cambadesas serán a base da nosa acción de goberno, e a cooperación, a lealdade e o respecto mutuo entre os integrantes os principios polos que seguiaráesa acciónde goberno.
Conscientes de que este goberno está composto por catro organizacións políticas distintas, con ideoloxías e programas diferentes adoptamos o acordo de considerar como puntos programáticos comúns e por tanto puntos programáticos do goberno para tentar executar neste mandato de catro anos os seguintes:



CUESTIÓNS PROGRAMÁTICAS:
– Actuar con transparencia diante dos veciños e veciñas, tratando a todos e todas por igual.
– Realizar unha auditoría sobre a situación económica do concello.
– Inventario de bens inmóbeis do concello.
– Modernización do rexistro do concello introducindo o sistema de etiquetas inviolábeis.
– Garantir a transparencia e a equidade no acceso aos postos de traballo e en todos os concursos públicos e contratacións de obras e servizos.
– Posta en marcha dunha bolsa de emprego municipal “PÚBLICA E TRANSPARENTE” onde todos os veciños poidan acceder en igualdade de condicións e por rigorosa orde de mérito e capacidade.
– Abrir aFesta do Albariño á participación dosveciños e veciñas (paraeste ano supresión do “paseillo”, celebración da cerimonia na Praza de Fefiñáns e restrición dos convites).Creación dun Padroado para organización e impulso da Festa do Albariño.
– Reclamar a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para Cambados.
– Priorizar o gasto social, de maneira que se aumente o orzamento municipal a políticas sociais.
– Defensa dos servizos públicos iniciando as xestións para a recuperación daqueles servizos municipais concesionados ou externalizados.
– Proceder ás xestións precisas para a eliminación do proxecto das Comportas do saco de Fefiñans.
– Posta en valor e humanización do conxunto do casco histórico.
– Asumir o idioma galego como o idioma propio da comunicación e actuación municipal.
– Proceder á separación entre a institución municipal e as distintas confesións non participando de xeito oficial en actos relixiosos.
– Crear un viveiro de empresas.
– Solicitar a inclusión de Cambados no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
– Completar a rede de saneamento e abastecemento de auga.
– Transformar a páxina web municipal, facéndoa máis dinámica e interactiva, impulsando a administración electrónica.
– Publicación vía web de gastos e ingresos das arcas municipais, acordos e actas, contratos maiores e menores,…
– Promover a realización de melloras no Centro de Saúde e reclamar a atención pediátrica de urxencias.
– Reconverter o edificio da Merced nunha casa da xuventude, centralizando todos os servizos e con locais de ensaio.
– Creación dun Instituto Municipal de Deportes.
– Recuperar as parcelas do polígono industrial Sete Pías sen actividade.
– Crear unha caixa de financiamento local para proxectos emprendedores
– Establecer bonificacións nos impostos e taxas municipais para familias en risco de exclusión, comercios de nova creación ou autónomos.
– Baixada dos Impostos e Taxas Municipais en función do resultado da auditoría anual externa.
– Posta en valor de todas as manifestacións da nosa cultura popular, con especial atención á recuperación do noso patrimonio material e inmaterial e á presenza destacada do noso folclore, música e artesanía nas festas e eventos organizados ou apoiados polo concello.
– Consulta Previa aos veciños dosproxectosmunicipaissignificativosa través das canles que se creen para implantar dita metodoloxía.
– Introdución dosorzamentos participativos.
– Xestións para a construción dun novo cuartel da Garda Civil.
– Aumento do número de paneis informativos no caso urbano e nas parroquias.
– Arranxo das áreas de xogos infantís e introducir elementos adaptados para persoas con problemas de mobilidade.
– Crear as canles precisas para a participación dos veciños e veciñas na vida municipal por medio de consellos sectoriais e territoriais, regulamento de participación cidadá e outros mecanismos que se acorden.
– Implantación dun sistema de participación do persoal do Concello para a mellora do servizo, buscando a súa máxima implicación para acadar os obxectivos de calidade e servizo aos veciños. Buzón de suxerencias.



ÁREAS DE GOBERNO COMPETENCIA DO PSdG-PSOE:

ALCALDÍA
Representación oficial do concello.
Coordinación e portavocía do goberno(compartida con Somos Cambados).

FOMENTO DO EMPREGO E TURISMO
Políticas de fomento do empregoe formación defuturos empregados,servizo de orientación laboral.
Proxectos e programas de promoción turística e proxección exterior do concello, oficina municipal de turismo.

XEFATURA  DA POLICÍA LOCAL
Coordinación e dirección directa da policía local. Dirección e coordinación en materia de tráfico.

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E XESTIÓN DO COÑECEMENTO
Administración electrónica, TICs, páxina web municipal, proxectos de desenvolvemento das novas tecnoloxías.

MULLER E POLÍTICAS DE IGUALDADE
Oficina de Información á Muller, Proxectos e programas destinados a avanzar nas políticas de igualdadede xénero.

XUVENTUDE
Iniciativa, programación e xestión de actividades e políticas para a xuventude (área compartida co BNG).

PERSOAL
Contratación, xestión e control de persoal, réxime disciplinario. Relacións con Comité de Empresa e Xunta de Persoal.




ÁREAS DE GOBERNO COMPETENCIA DO BNG:

ENSINO, PATRIMONIO E CULTURA, DEPORTE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
Iniciativa, programación e xestión deactividades culturais, lúdicas edeportivas.Relacións cos colectivos e asociacións da área.Defensa e posta en valor do noso patrimonio.
Proxectos de dinamización do uso do galego.
Programas eproxectos relativos ao ensino.
Infraestruturas e xestión das instalacións da área.

MEDIO AMBIENTE, MAR, E PARROQUIAS
Proxectosde posta en valor e potenciamentodo medio natural,  marítimo e rural.
Proxectos e programas relativos aos sectores económicos vinculados ao mar e ao agro e xestión da Praza de Abastos.
Servizos territorializados nas parroquias, competenciasnestes ámbitos xeográficos: xestión coordinada de actuacións puntuais de iluminación,vías, parques;e instalacións socioculturais e deportivas.
Impulso dos Consellos Parroquiais  e a representación dos mesmos.Competencia funcional do persoal paramellora e ampliación de zonas verdes, e xardíns.






ÁREAS DE GOBERNO COMPETENCIA DE SOMOS CAMBADOS:

SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E TERCEIRA  IDADE
Coordinación dos servizos sociais municipais eda axuda a domicilio. Programas de atención e promoción social: prevención da exclusiónsocial, loita contra a pobreza, as adicións, etc…
Programas e proxectos de dinamización social e cohesión comunitaria.
Programas de atención á terceira idade e á infancia.
Educación para a saúde
Competencias municipais relacionadas coa sanidade.

ECONOMÍA, FACENDA, COMERCIO, INDUSTRIA E PROMOCIÓN ECONÓMICA
Elaboración de orzamentos e gasto público, control e seguimento da evolución económica do concello, ingresos e gastos.
Programas e proxectos de apoio e potenciación do tecido comercial local.
Polígono Industrial.




ÁREAS DE GOBERNO COMPETENCIA DE CAMBADOS PODE:

URBANISMO, OBRAS E SERVIZOS. MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Planeamento básico e desenvolvemento da actual normativa.Disciplina Urbanística, planeamento, xestión e execución. Vivenda.
Coordinación e control de obras e de mantemento de servizos (abastecemento de auga, sumidoiros, iluminación).
Recursos hidráulicos.
Obras infraestruturas e dotacións.Mantemento e mellora de instalacións municipais.Conservación e mellora da rede viaria municipal.
Limpezaviaria e de espazos públicos,recollida exestión de residuos sólidos urbanos.
Administración xeral das infraestruturas.
Direcciónorgánicado persoal de obras e servizos varios coordinada conáreas das que teñan dependencia funcional.
Protección Civil.
Seguridade e orde pública, ordenación do tráfico e estacionamento, mobilidade urbana.

ENOTURISMO E SECTOR DO VIÑO
Proxectos e programas de fomento dosector turístico relacionado coa cultura do viño.
Políticas de apoio e defensa do sector do viño (compartida co BNG).

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Xestións e relacións do concello con outras institucións (área compartida co PSdeG-PSOE).
As competencias da alcaldía, incluída a sinatura, deléganseen cada un dos concelleiros ou concelleiras responsábeis das áreaspara a planificación, coordinación, impulso e seguimento  do seu ámbito competencial, así como a facultade de dirección dos servizos correspondentes, a súa xestión, contratación e execución orzamentaria.Cada concelleiroou concelleiraé portavoz do goberno na súa área.




ESTRUTURA:
– Alcaldía: PSdeG-PSOE
– Primeira tenencia de alcaldía: BNG
– Segunda tenencia de alcaldía: Cambados Pode
– Terceira tenencia de Alcaldía: Somos Cambados

– Xunta de Goberno: reunións ordinarias semanais, composición:
-2 membros do PSdeG-PSOE
-2 membros do BNG
-1 membro de Somos Cambados
-1 membro de Cambados Pode

– Xunta de Portavoces: reunións ordinarias previas aos Plenos

– Pleno: ordinariamente cada mes. Entrega de documentación con tres días de antelación.


MANCOMUNIDADE DO SALNÉS:
– Asunción por parte do BNG da representación do concello na Comisión Executiva da Mancomunidade do Salnés que será delegada pola alcaldía.
– Asunción por parte de Somos Cambados de 1 representación no Plenoda Mancomunidade.


DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS:
– PSdG-PSOE: 1 dedicaciónexclusiva:40.000 euros
– BNG: 1 dedicaciónexclusiva: 39.500 euros
– Somos Cambados: 1 dedicación parcial:  22.500 euros
– Cambados Pode: 1 dedicaciónexclusiva:39.500 euros



MEDIDAS DE COORDENACIÓN E CONTROL:
– Límite de gasto por área: todos os proxectos, gastos ou pagos que superen os 2.500 euros serán levados á Xunta de Goberno.
– Os concelleiros do grupo de goberno que non formen parte da Xunta de Goberno poderán asistir á mesma con voz pero sen voto.
– Cada grupo poderá levar á Xunta de goberno un asesor se así o considera, con voz pero sen voto.
– Na Xunta de Goberno os acordos adoptaranse por consenso de non se acadar o consenso nun tema o acordo adoptarase por maioría.
– Cando haxa actos de Protocolo ou públicos deberá informarse a todos os membros da corporación da celebración dos mesmos, a efectos de que poidan asistir se o desexan.



Constituirase unha Comisión de Seguimento e Avaliación do Pacto de Goberno, integrada polas catro organizacións políticas asinantes. Esta Comisión de Seguimento reunirase cando así o solicite calquera das organizacións asinantes.