Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2015

APRAZADA A FESTA DA BICICLETA DE MAÑÁN EN CAMBADOS






A Festa da Bicicleta prevista para mañán 1 de Maio en Cambados quedou suspendida ata seguramente o dia 10, sen confirmar. O evento deportivo dará comezo a partir das 11.00 horas dende a Praza de Fefiñáns e os participantes farán un percorrido duns 10 quilómetros pola zona urbana pola vila, para finalizar no punto de partida.
Percorrido: Saída Praza Fefiñáns; Príncipe; Paseo Calzada; Santo Tomé; Narciso Pérez®; Avda. Galicia; Pastora; dirección Vilariño® hacia Martín Códax; Modia; Corvillón ®; N-549 dirección Tragove ®; Avd. Coruña e Plaza Fefiñáns.
Ademais na Praza de Fefiñáns instalarase unha xincana para o desfrute dos máis pequenos da casa.
Para poder participar é obrigatorio o uso da casco, o ano pasado tamén era necesario pero non todo o mundo respetou esta norma. 
Finalizará a xornada coa entrega dos premios.



®-Retencións



SOMOS CAMBADOS PROSEGUE AS XUNTANZAS, ONTE CO COMERCIO E HOSTELERÍA






O candidato á alcaldía de Somos Cambados, Tino Cordal, e outros membros desta candidatura reuníronse na tarde do mércores coa directiva da asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Centro para escoitar as súas demandas e
trasladarlle as súas propostas en todo o relativo ao comercio e a hostalería.
Somos Cambados considera este sector un dos puntais da economía cambadesa, e entende que ten unha grande potencialidade na tan necesaria creación de emprego. Por iso, unha boa parte do noso programa de goberno está centrada en propostas de apoio ao desenvolvemento deste sector económico.
Na xuntanza abordáronse os problemas que, desde a perspectiva dos comerciantes e hostaleiros, trae consigo a inexistencia dunha normativa urbanística actualizada no municipio cambadés; indicándose, neste sentido, as dificultades de crecemento do concello por non contar cunha ferramenta desta importancia.
Por outra banda, criticáronse as excesivas taxas que teñen que aboar comerciantes e hostaleiros, entre elas, a mala tarificación das taxas de lixo para os comercios e locais de hostalería, pois existen numerosas queixas neste senso dos locais máis pequenos, que pagan un canon abusivo dada a dimensións dos seus negocios. Ademais, sinalouse a necesidade de limpar e desatascar os contedores, sobre todo, naquelas zonas nas cales os mesmos están soterrados.
5iJCYTrtOutra cuestión tratada na reunión foi a da mellorable ubicación dos autobuses turísticos, para os cales habería que habilitar máis zonas de aparcamento, e non só no barrio de Fefiñáns. Así, comentouse a necesidade de promocionar máis de cara ao turismo o barrio mariñeiro de San Tomé. Xunto coa necesidade de desestacionalizar a demanda turística en Cambados e aumentar o número de instalacións hoteleiras que consideran moi escaso para o potencial da nosa vila.
Tratouse tamén a deficiente rede de transporte público intracomarcal. Neste asunto, considerouse prioritaria a mellora das comunicacións do transporte público de Cambados con Vilagarcía, durante todo o ano, coordinando os horarios do autobús cos do tren, e con Sanxenxo e O Grove, fundamentalmente, na época estival.
pouca presenza da policía local camiñando polas rúas cambadesas foi outro aspecto mencionado polos representantes do comercio e da hostalería, pois entenden que, dados os casos de roubos en distintos negocios que se teñen producido recentemente, é necesaria unha maior a visualización dos axentes da policía local cambadesa tanto no centro coma nas parroquias.
Somos Cambados quere agradecerlles aos membros da directiva da asociación Zona Centro que nos recibiron nas súas oficinas o bo trato dispensado e a súa boa receptibilidade ante as propostas que lles expuxemos, principalmente, ante a reivindicación, por historia e por xustiza, do traslado da Sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas desde Pontevedra a Cambados.


NACE UN NOVO FRIKI COBARDE NAS REDES SOCIAIS





Despois de aparecer varias contas falsas, dos partidos da oposición cambadesa, despois de confundir o touciño coa velocidade, no tema da #AME con perfíl falso @FatimaAbalFake nace agora un novo "friki" ou cecáis é o mesmo de sempre? Agora aparte de ter conta de Twitter tamén ten un blog, os dous co mesmo nome. Agochado como un cobarde, como case todos os que non teñen argumentos nace, así se desprende dos seus artigos para desprestixiar a todo aquel que non sexa "amigo". Polo de agora so quedan impunes o PP e "Cambados Pode" casualidades da vida.
Preguntarédesvos como se chama o friki este como non me apetece nin cobro, non vou facer publicidade dalguén que non ten a valentía de dar a cara!!

A imaxe de arriba é tomada de Google, calquer parecido co friki en cuestión é pura coincidencia.




MANIFESTACIÓNS DO 1º DE MAIO







CCOO e UGT mobilizaranse o Primeiro de Maio para esixir outras políticas coas que saír da crise sen perder dereitos.Os sindicatos consideran que as persoas «son o primeiro», polo que piden a fin dos recortes e o establecemento dunha prestación de ingresos mínimos.
Os secretarios xerais de CCOO e UGT en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, compareceron xuntos diante dos medios de comunicación para presentaren as mobilizacións dos dous sindicatos con motivo de mañán, Primeiro de Maio. Nesta data, ambas as organizacións percorrerán as rúas principais de cidades e vilas galegas para esixiren políticas que sitúen as persoas en primeiro lugar e permitan saír da crise sen perda de dereitos.
MANIFESTACIÓNS:
— A Coruña: ás 12 h con saída da praza da Palloza
— Ferrol:  ás 12 h con saída da praza do Inferniño
— Santiago de Compostela:  ás 12 h con saída da Alameda
— Viveiro:  ás 12 h con saída do edificio de sindicatos (r. García Doriga)
— Lugo: ás 11:30 h con saída do edificio de sindicatos (rolda da Muralla)
— Ourense:  ás 12 h con saída do Pavillón dos Remedios
— Vilagarcía de Arousa:  ás 12 h con saída da praza de Ravella
— Pontevedra:  ás 12 h con saída da praza da Ferrería
— Vigo: 11:30 h con saída do cruzamento da vía Norte con Urzáiz


A CIG pola sua banda, chama a saír á rúa este Primeiro de Maio para reclamar ‘Contra a pobreza, emprego e Salarios Dignos”

Suso Seixo denuncia a situación de pobreza que padece a clase traballadora galega aínda tendo emprego
A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, quen compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado do secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo.
15-04-27 Rp primeiro de Maio
A CIG optou por este lema porque, tal e como explicou Seixo, desde o comezo da crise se perderon en Galiza miles de empregos e, parello a isto, produciuse un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora. Para demostralo lembrou que “o único tramo de asalariados/as que medrou nos últimos anos foi o que cobra a metade do SMI”.

Horas e lugares de saída das manifestacións da CIG
A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo.
Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa.
Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe.
Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG.
Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla.
Viveiro:  ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE.
Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios.
Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería.
Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar.
A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado.
Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada.
Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello.



CURSOS, OBRADOIROS E INSCRICIÓNS NA OMIX DE CAMBADOS




A Xunta abre o prazo de inscrición do programa de voluntariado ambiental nas Illas Atlánticas no que poderán participar 380 persoas.


2015voluntariadoambientalA Xunta vén de abrir hoxe o prazo de inscrición para o programa de voluntariado ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas no que poderán participar un total de 376 voluntarios e voluntarias maiores de 16 anos, aínda que os menores de idade só poderán tomar parte coa autorización dos pais. Os participantes executarán 2.000 xornadas de acción voluntaria nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, presentaron hoxe en Santiago as características desta iniciativa que permite canalizar, a través do voluntariado, a participación activa dos cidadáns no coñecemento e conservación do medio ambiente natural, así como axudar nas tarefas de recuperación dos ecosistemas dos arquipélagos das Illas Atlánticas. As inscricións xa se poden facer a través da plataforma voluntariadogalego.org.
Segundo explicou Rodeiro, os voluntarios e voluntarias terán cuberta a manutención, o aloxamento, o material necesario para a actividade e contarán cun seguro de accidentes e de responsabilidade civil e, ademais, ao finalizar a actividade obterán un certificado acreditativo da acción voluntaria que realicen, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Pola súa banda, a directora xeral de Conservación destacou que a través do voluntariado bríndase a oportunidade de xuntar a participación activa da sociedade no coidado e na conservación deste auténtico refuxio da biodiversidade, ao tempo que permite aos voluntarios gozar do parque e dos seus valores.
Catro accións diferentes
O programa de voluntariado ambiental conta nesta edición con catro accións diferentes.
No mes de maio, a illa de Ons contará con grupos de 6 persoas voluntarias en quendas de 5 días, de luns a venres.
En xuño, xullo e agosto, as illas de Sálvora e Cortegada terán grupos de 8 voluntarios en xornadas diarias, sen pernoctar. Os martes sairán do porto de Carril cara a Cortegada ás 12,00 horas, regresando ás 19,00 horas. E os xoves, a actividade terá lugar en Sálvora, entre as 10,00 e 18,00 horas, con saída desde Aguiño.
As accións que realizarán en Ons, Sálvora e Cortegada centraranse especialmente na colaboración cos técnicos do propio Parque Nacional en tarefas de oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade. Entre outras labores, poderán cooperar na erradicación de especies alóctonas, en apoio ás tarefas de guías e información, na adecuación de sinais indicativas, na reforestación con especies autóctonas ou na limpeza de praias e sistemas dunais.
Nas illas Cíes desenvolveranse dous tipos de accións nos meses de xullo e agosto. Na primeira, o obxectivo principal, tal e como explicou Rodeiro, é dar apoio ás persoas con diversidade funcional que visitan a illa, ofrecéndolles acompañamento tanto nas visitas guiadas a lugares de interese, como nos momentos de ocio. Esta actividade terá lugar en quendas de 7 días, de mércores a mércores, e poderán participar tres voluntarios por quenda.
A segunda das accións das Cíes é un campo de traballo que contará con catro quendas de 12 días de duración cada unha. Poderán participar 120 voluntarios de entre 18 e 30 anos de diferentes nacionalidades, xa que é unha actividade de carácter internacional. A actividade a desenvolver será ambiental e consistirá en labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, traballos de información e sensibilización aos visitantes e intervencións puntuais de mellora no parque.
Segundo indicou Verónica Tellado, as actividades previstas contribuirán polo tanto a producir un impacto social e ambiental positivo, onde todos os participantes co seu traballo fanse responsables da mellora da contorna do parque.
Actividades de formación
Ademais, Rodeiro explicou que o programa inclúe tamén tres accións formativas. A primeira delas xa se celebrou do 19 de marzo ao 20 de abril e os 412 voluntarios que fixeron o curso puideron coñecer a problemática ecolóxica xerada polas plantas invasoras en ecosistemas sensibles como os das illas do Parque Nacional.
O segundo curso está destinado a coñecer os beneficios que teñen as actividades de voluntariado ambiental para aquelas persoas con dificultades sensoriais, motoras ou mentais. Esta acción terá lugar no mes de maio e xa conta con 442 voluntarios e voluntarias anotados.
Por último, no mes de maio e en Vigo impartiranse formación aos voluntarios que participen no programa de acompañamento a persoas con discapacidade funcional nas Cíes.
A este programa hai que engadir os seguintes cursos ou obradoiros.
* Obradoiro de  Iniciación ó contacontos.

* Continua aberto o prazo de inscrición para o  curso de conductor de carretilla e   os monográficos  de   kumihimo    e    alambre e esmalte.




O BNG PIDE UN CONCELLO DO POBO PARA O POBO






Concello do Pobo ao servizo do Pobo
En moitas ocasións o BNG denunciou a utilización partidista que o PP ven facendo do concello. De xeito inxusto  sempre tentou dar a imaxe de que concello e PP era a mesma cousa; estratexia que o BNG leva denunciado desde hai anos. Así, por exemplo, o BNG  ten denunciado  que, a cotío,  se utilizara o concello para empregar ás persoas afíns ao PP. Hai pouco, incluso, puidemos comprobar como se modificaba a RPT (Relación de Postos de Traballo) para beneficiar a traballadores/as afíns, colaboradores do PP nos procesos electorais, en detrimento dos poucos que non o son. Este tipo de prácticas levou ao BNG a propoñer a revisión e control dos procedementos de contratación ou selección de traballadores e traballadoras  e á elaboración de listas de contratación para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo no concello. Non é de recibo que se repitan ás imaxes de persoas pelexando á saída do concello porque consideran inxusto e inaceptable a elección  de determinadas persoas para cubrir ofertas de emprego temporais.
Pero a utilización partidista do concello de Cambados vai moito máis alá e así, nos actos institucionais, o PP sempre se esquece de que hai concelleiros doutras opcións políticas  que representamos a unha parte importante da cidadanía e que polo tanto compre a nosa presenza neles. E seguindo nesta argumentación de indiferenciación entre PP e concello,  tamén queremos facer unha referencia a aquela impresentable revista municipal (“A Calzada”) que pagabamos entre todos/as e que era utilizada como propaganda do PP nas eleccións, chegando incluso a mostrar algunha fotografía que teñen reutilizado nos panfletos políticos do PP. E semella que seguen a actuar, nesta mesma liña, pois  esta semana algúns veciños/as preguntáronlle ao BNG como nunha rede social do PP e do concello se tiñan publicado as mesmas noticias practicamente ao mesmo tempo, como se fora a mesma persoa a encargada de controlar ámbalas redes sociais (“seguro que son imaxinacións da xente”). De tentar que Aragunde nos aclare esta dúbida todos intuímos a resposta de que iso son imaxinacións nosas. No BNG temos moitas imaxinación, por certo.

En calquera caso, un Concello debe ser do Pobo e estar ao servizo do Pobo e non do PP (nin doutro, claro) e iso será unha das moitas cousas que cambiarían cun goberno municipal do BNG no concello de Cambados.





AS FOTOS DAS AUSENCIAS







Hai uns dias decía Luís Aragunde candidato do PP de cambados que tiñan tanta xente para ir na lista que sobráranlle persoas para completar os 27 (17 titulares e 10 suplentes) compoñentes da lista.

Incluso presumía de que un ex-concelleiro podía ter entrado dentro do grupo. 
Pois parece que para a foto non ten os suficientes pois xa na primeira que sacaron na sede do partido faltaba xente e nesta segunda quitada nos xardíns da Calzada sigue a faltar xente. É curioso que no momento de sacala algún integrante da candidatura andivera de paseo na sua bicicleta a unha rúas do paseo e que non sae en ningunha das duas imaxes (tampouco asistía aos plenos), que Tourís ou Rosa Oubiña non poidan estar presentes ou a número 2 dos suplentes, unha persoa xubilada.

En canto ao do ex concelleiro do BNG que podía ter ido na lista non o poñemos en dúbida pero haberá que recordarlle  a Aragunde que algunhas das persoas tanteadas polo PP para ser incluídas, rexeitou o ofrecemento e decantouse por non ir con eles ou por ir noutra lista. 

Por eso haberá que recordarlle a Aragunde que ata polo menos 3 candidatos non aparecen en ningunha das duas imaxes, e que co número de afiliados que ten o seu partido non consigue facer unha lista completa algo quere decir e dos que non aparecen será porque non deben ter moito interese, agás o de que se perpetue o seu partido. 
De Tourís podemos agardar calquer cousa, un home que prometeu cumprir o seu mandato e non abandonar aos cambadeses/as e as primeiras escapou deixando de alcalde ao que non lle pertencía, posto que ía de número de 3 obviando a sua número 2. Porque era muller?





QUEDARÁ CAMBADOS SEN DEBATE A 5?








Haberá debate entre os candidatos das 5 formacións políticas que se presentan en Cambados para as vindeiras eleccións locais?

Ao igual que en 2007 e en 2011 Dito&Feito Comunicación colabora con FECA na organización dos debates electorais públicos que se celebrarán en Vilagarcía (luns 4  Auditorio) e O Grove (xoves 7 Casa dá Cultura) e que estarán moderados por Carlos Crespo. No 2011 en Cambados celebrárase un debate no Auditorio da Xuventude no que o público "popular" adicouse a insultar e a cortar as intervencións dos candidatos da oposición, sobre todo a Domingo Tabuyo. Supoñemos que porque era o que máis concelleiros tiña nese intre, 5 por 3 do BNG e un máis de calquera dos dous houbera "derrocado" o goberno do PP.


Imaxes: La Voz De Galicia
CORES DE CAMBADOS é partidario, como moitos cambadeses de que se celebre ese debate a 5 para que os cambadeses podamos vivilo en directo e sacar conclusións. TeleSalnés non quere facelo tampouco, incluíndo aos 5 candidatos, e fará un debate a 3 e polo que se ve nin FECA nin a empresa de comunicación conseguirán, si é que plantexaron esa posibilidade, que os cambadeses poidamos velo. A bo seguro sería un debate interesante e non habería case con seguridade a posibilidade de que os "Barras Bravas" do PP insultasen pois xa estamos sobreaviso. Aínda que xa sabemos que hai cambadeses moi fáciles de movilizar sobre todo cando quen o pide é o PP, pero o número vai menguando.

Aínda queda tempo para organizalo pero si o fan que poñan micros para todos e non como a anterior vez que so había un para Caamaño e Tabuyo e aínda que todos sabemos que o noso alcalde é máis ancho, que repartan mellor as mesas.





29 de abril de 2015

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA "SOMOS CAMBADOS"




A candidatura de Somos Cambados está formada por 27 persoas, o máximo legalmente permitido, das cales 14 son mulleres e 13 homes. A plataforma veciñal afirma que se viron desbordados pola cantidade de cambadeses e cambadesas que quixeron formar parte da candidatura, tendo que quedar xente fóra da mesma. Somos a candidatura da ilusión, a candidatura que mellor representa os desexos de cambio da sociedade cambadesa.
Somos Cambados pretende que este acto supoña o inicio dun proceso que durará preto dun mes e que rematará o 24 de maio coa materialización, a través das urnas, do cambio que Cambados precisa, logo de 28 anos de maioría absoluta do Partido Popular.
Neste acto ademais de presentar a nosa lista electoral, tamén se dará a coñecer o noso Programa de Goberno, “50 medidas para cambiar Cambados”, facendo un pequeno resume das principais medidas que van facer de cambados un concello no que o máis urxente sexa a atención da xente que máis o precisa, no que sexa unha prioridade a loita contra o desemprego, se melloren os servizos que presta o concello e se faga un concello máis aberto, participativo e democrático, un concello de tod@s.
Tamén dende a plataforma veciñal Somos Cambados puxemos en funcionamento a través da nosa paxina web, un servizo que permite aos cambadeses que así o desexen facer calquera tipo de doazón para sufragar os gastos da campaña electoral,ou ben facendo un ingreso na sucursal de Abanca de Cambados, e no que tamén sepermita en todo momento consultar as nosas contas, xa que se nos reclamamos transparencia, esta debe comezar dende nos mesmos. Medida que dende Somos Cambados animamos que tamén fagan o resto de forzas que se presentan as eleccións do 24 de Maio.
En Somos Cambados entendemos que a transparencia é fundamental para fomentar a participación e xerar confianza no proceso. Do mesmo xeito que poñemos un gran esforzo en comunicar “o que facemos” debemos transmitir claramente “cómo o facemos” e “con que o facemos”. Baseamos a xestión financeira de Somos Cambados nos principios de transparencia e rendición de contas, de tal forma que esta información se presentará de forma clara e accesible, publicando regularmente o balance de ingresos e gastos especificando claramente a as fontes de financiamento, o destino dos fondos, e do detalle de cada un dos gastos realizados. A liberdade de decisión e actuación veñen da man da autonomía. Por iso o obxectivo de Somos Cambados é a autoxestión e contar coa implicación das persoas para sustentar o proceso que permita a independencia financeira. Non imos aceptar o endebedamento coa banca pero tampouco grandes doazóns de persoas e/ou empresas que poidan condicionar o noso discurso e hipotecar as nosas propostas. Por iso consideramos importante unha xestión económica equilibrada, xestión que trasladaremos o concello de Cambados a partires do vindeiro 24 de maio.


O ARMENTEIRA CLUB DE FÚTBOL SIGUE COAS SUAS PROTESTAS









Cada semán, no Campo de Fútbol de O Leixo na Armenteira,  aproximadamente 60 rapaces adestran con ilusión e entrega, dando igual os resultados, e importando máis a súa formación. 
 Hai ben pouco, solicitouse dende o Armenteira Club de Fútbol que se solucionasen as deficiencias que este campo presentaba; o terreo de xogo cheo de regos provocados pola auga das choivas, o cerre perimetral sen facer, polo que os cans abandoados e da canceira que está cercana campan as súas anchas polo campo, supoñendo un gran perigo para os rapaces, os cables da luz dos focos o descuberto, as barandillas soltas e con zonas cortantes...
 Falouse coa oposición e o alcalde de Meis, e este, prometeu que tomaría cartas no asunto. Dende o clube non saben si  creelo, despois de que  onte comprobaran o que alí se fixo. Unha chapuza e que podedes comprobar nas imaxes.
No clube chegan a pensar que, "se están a rir de nós".

Por eso publican esta queixa para que o Sr Alcalde, o Presidente da Deputación, a Federación ou calquer órgano do que poida depender que os rapaces do Armenteira Cf dispoñan dunhas instalación dignas:
 "Señores, se pensades que vos estades a rir dos directivos, dos pais dos rapaces, dos adestradores ou incluso do equipo veterano, estades moi equivocados, xa que, de quen vos estades rindo, e de apróximadamente 60 rapaces ( para o ano que ven contarase con incluso 80) que cada seman entrenan con ilusión e con ganas nunhas instalacións abandoadas por vos. 
 Parece mentira que vos riades así da ilusión destes rapaces. Esta claro que non xogan no Ribadumia, para que se lles conceda o dereito dun campo digno, xa non decimos de cesped artificial, non, tan só un campo digno."


 Sen máis despedímonos de todos vos, que non sabedes máis que mentir, e que incluso ríndose duns nenos que traballan con ilusión. Tíñavos que caer a cara de vergoña.



As duas imaxes inferiores son do "arranxo" que se fixo estes dias, as outras 3 siguen igual tras moito tempo nese estado.


























ESPÍAS NO ACTO DE PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA SOCIALISTA





Onte tivo lugar a presentación oficial da candidatura dos Socialistas de Cambados que contaron co apoio do secretario de organización provincial, Santos Héctor, polo exlehendakari, Patxi López; e polo secretario de organización en Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro; xunto a unha ampla representación da formación de toda a bisbarra do Salnés.
Entre as máis de 250 persoas nun momento dado e sin perder a costume que teñen certos grupos de Cambados, achegouse ata a presentación o número tres dunha lista das que se denominan nova e independiente, concretamente Cambados Pode. 
Costumes que creíamos erradicadas e que siguen planeando no ambiente electoral das dictaduras rancias ou dos que ven no adversario político ao inimigo. Pois haberá que decirlle a estes, que  ir a un mitin a escoitar propostas non é nin malo e moito menos un delicto.

Despois de moitos anos sin ir a ningunha clase de mitins onte acerqueime a ver a presentación de Fátima Abal e o seu equipo e a sorpresa foi ver a o número un de Cambados Pode aparcar o seu coche case na entrada do Salón Peña e como o seu número 3 baixaba do coche i entraba a mirar que se "cocía" alí.
Esperpéntico, que a estas alturas, en pleno século XXI e unha candidatura que se fai chamar nova siga os exemplos da vella política inquisitorial, propia de rexímenes totalitaristas. Ou ían facer unha sondaxe sobre según tanta xente, tantos votos. Para saber canta xente acude basta con mirar os xornais de hoxe e os que non dan cifras dan imaxes e un xa se pode facer unha idea dos asistentes.

Pero como este grupo está afeito a facer asembleas sen publicidade nin testigos igual creen que todos son así.




457.000 MENTIRAS




"La Voz de Galicia" publica unha nota de prensa do goberno municipal de Cambados na que coma sempre o equipo de Luís Aragunde non dí toda a verdade.

Que un concello teña superávit non é malo. Pero que ese superávit sexa a conta de non ofrecer servicios nin prestar as axudas aos veciños é malo, moi malo. 
Si non se pagan facturas, si dias despois de aprobar o presuposto se fan duas modificacións de crédito, si se pensa en pedir axuda aos veciños para arranxar o Cristo de Santa Mariña, si 400 familias quedan fora das axudas a libros ou material escolar, si para contratar xente hai que agardar a que a Deputación o faga, si non se fai nada ou case nada e o pouco que se fai é con cartos doutras administracións é normal que non haxa superávit.
E si engadimos o despilfarro en horas extras, gratificacións e gastos en contratar asesores externos o superávit sería moito máis grande.


ARTIGO DE "LA VOZ DE GALICIA"




DERROTA DO XUVEN NA ESTREA DO PLAY-OFF







Importante paso á fronte do Zornotza ST de cara á clasificación para as semifinais tras apuntarse o primeiro punto da que se espera sexa unha igualada serie ante Xuven Cambados. Un encontro no que ambos os dous equipos saltaron á pista dispostos a impoñer o seu ritmo de xogo e no que os locais non tardaron en lograr as primeiras diferenzas ao seu favor. Corría o minuto 8 de partido cando os de Mikel Garitaonandia foron capaces de asinar unha pequena renda de 6 puntos coa que poñer en alerta un Xuven Cambados que tivo que realizar o seu primeiro esforzo para poder neutralizar a devandita vantaxe. Co transcurso do segundo período os locais protagonizaron algúns dos seus mellores momentos do encontro empregándose en defensa para poder gozar de novo dunhas diferenzas que, nesta ocasión se lles resistiron aos de Yago Casal para verse unha decena de tantos por debaixo no electrónico. O bo traballo de Sasa Borovnjak unidos aos puntos de Arturo Cruz Ander García foron incrementando pouco a pouco a pouco as distancias permitindo aos locais selar o seu primeiro punto da rolda de cuartos.

MVPSasa Borovnjak (Zornotza) -21 valoración: 14 puntos e 12 rebotes


Estadísticas


FONTE: FEB



28 de abril de 2015

SOMOS CAMBADOS REÚNESE CO PATRÓN MAIOR DE CAMBADOS






O Candidato a Alcaldía, Tino Cordal, e varios membros da Plataforma veciñal Somos Cambados mantiveron no día de onte unha xuntanza con varios membros do cabildo e o Patrón Maior da Confraría de Cambados. Esta reunión foi a primeira das distintas xuntanzas que vai celebrar a candidatura veciñal Somos Cambados coas distintas organizacións sectoriais existentes na nosa vila, co obxecto de coñecer de primeira man as súas problemáticas. Non é casualidade que a primeira reunión de membros da candidatura SOMOS CAMBADOS fose na Confraría, pois entendemos que existe certo paralelismo entre a anterior Confraría e o Concello actual (ambos gobernados polo PP e salpicados por casos de corrupción). Cabe lembrar que, en xuño do ano pasado, a xente do mar formou unha candidatura xoven, preparada, con ideas e ilusión, e foi quen de derrotar a un Patrón Maior (presidente das confrarías de Galicia) apoiado pola Xunta e respaldado por Luis Aragunde e o Partido Popular de Cambados. A candidatura que gañou as eleccións á Confraría demostrounos que, a pesar da utilización por parte do PP de todos os recursos humanos e materiais, é posible derrotalos.
Dentro desta rolda de contactos na que nos imos reunir con todos aqueles sectores, asociacións e entidades que nos queiran recibir, Somos Cambados vai analizar todas as propostas incluídas no seu Programa de Goberno que poidan influír nestes sectores, así asumir como súas todas as inquedanzas e problemas de cada sector.
Na reunión coa Confraría tratouse a situación que está a atravesar un dos principais sectores, e motor, da economía cambadesa. Así, trasladáronsenos as alarmantes conclusións do informe de viabilidade do sector realizado polas confrarías de pescadores da Ría de Arousa. Os altos custes que están a sufrir para poder manter a súa actividade produtiva e, en contraposición, o alarmante descenso de capturas e a baixada dos prezos na lonxa, o que levou a solicitar a prestación por desemprego a máis de 70 empresas nos primeiros meses deste ano, xunto cos traballadores destas mesmas.
REUNION CONFRARIA CAMBADOS 1Dende Somos Cambados consideramos urxente a erradicación dos vertidos ao mar, pois están a danar os distintos bancos marisqueiros e pesqueiros de Cambados, así como a elaboración de análises periódicos da contaminación non só nas principais zonas extractivas, senón tamén nas desembocaduras dos ríos, e que estes análises se fagan públicos con periodicidade. Tamén se falou dos servizos que se prestan aos nosos mariñeiros nos peiraos de Cambados, e as altas taxas que impón Portos de Galicia pola utilización das mesmas; xa que non só se repercute por metro cadrado, senón que tamén se abona o canon en función das vendas de cada armador. Estas taxas son as mesmas para cada peirao en tódolos portos de Galicia, pero, pola contra, os servizos que se prestan non son os mesmos no peirao de Tragove que noutros portos próximos a Cambados, polo que consideramos preciso que os servizos que se prestan sexan equiparados entre si.
Por ultimo tamén estivemos comentando a pésima situación na que se atopa o peirao de amarre da Illa das Goritas, e a necesidade de instalar un novo peirao flotante en paralelo ao de Santo Tomé, para facilitar o amarre de moitas embarcacións de artes menores nunha zona de abrigo. Dende Somos Cambados queremos expresarlle o noso agradecemento a Confraría de Cambados por atendernos nesta reunión e trasladarnos as carencias e propostas dun dos principais sectores de Cambados.


-AS PARROQUIAS TAMÉN EXISTEN -COMPROMISO DO B.N.G.





Para o BNG a participación social sempre foi un dos eixos  para realizar unha axeitada xestión municipal. O noso sempre foi un proxecto colectivo e, como tal, require da participación de toda a cidadanía. Esa é a razón pola que o noso programa propón fórmulas que fagan sumar xente ao proxecto de concello que debe ser Cambados. Establecer canles de participación significa actuar en diferentes eidos da vida municipal que acheguen o cidadán á xestión.  Nesa liña o BNG propón a creación de diferentes organismos de participación  ou consellos sectoriais. Referímonos a organismos formados por grupos de persoas que aporten os seus coñecementos na materia e os seus intereses polo colectivo que representa.
Dentro dos consellos sectoriais, consideramos de especial importancia a creación dos Consellos Parroquiais, que estarían formados por unha representación dos veciños e veciñas dunha parroquia. Os Consellos Parroquiais non so serían órganos de dinamización da vida na parroquia  senón que, ademais, terían a capacidade de decisión sobre prioridades en investimentos nas parroquias, é dicir, serían verdadeiros órganos de xestión, pois ninguén mellor ca eles coñecerían a realidade e as necesidades do seu contorno. Ninguén mellor caos veciños/as dunha parroquia poden saber o que necesitan.
O BNG é coñecedor dalgunhas das necesidades das parroquias e as comparte, como pode ser a creación dunha rede de transporte colectivo municipal entre parroquias e centro de Cambados, rematar as redes de saneamento ou de auga potable, crear un regulamento municipal para a instalación de estacións eléctricas, redes de alta tensión e antenas de telefonía móbil, promover a ampliación do cemiterio  de Vilariño, realizar o soterramento de liñas eléctricas na costa de Tragove, Castrelo ou xunqueiras do Umia, restaurar e poñer en valor o patrimonio cultural e natural das parroquias, promover escavacións arqueolóxicas no Monte do Castro (Castrelo) e en Sete Pías (Vilariño) e, en xeral, fomentar o asociacionismo cultural e promover a acción sociocultural desde a base coa  participación activa dos veciños e veciñas.
Debe quedar claro que as propostas do BNG, en canto a actuacións parroquiais concretas, podería enriquecerse coas aportacións destes novos Consellos Parroquiais. Debe quedar claro que na actualidade nunha sociedade xusta e democrática non hai cabida para alcaldes presidencialistas ou mesmo ditatoriais, modelo PP. Un concello debe se xestionado entre todos e todas e coa responsabilidade de todos e todas; “Concello do Pobo ao servizo do Pobo”.