Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de febrero de 2015

O XUVEN CONSIGUE OUTRA VICTORIA DE MÉRITO




O Xuven faise forte na casa e o Amics Castelló segue perdendo fora.
Amics del Basquet visitou esta tarde" o polideportivo O Pombal onde se enfrontou ao Xuven Cambados, na que foi unha nova xornada da liga Adecco Plata 2014/2015.

O partido entre o Xuven Cambados e o Amics del Basquet foi moi igualado nos catro cuartos (o resultado de cada cuarto e no resultado final do partido un cuarto empatado e os outros tres para o Xuven) pero finalmente foi o conxunto local quen conseguiu gañar o partido, por un resultado final de 71 a 67.

Sorpresa do Xuven Cambados na súa cancha ante Amics Castelló. O conxunto galego derrotou o campión da Copa Adecco Plata nun partido no que os locais demostraron saber xogar os minutos finais e levarse a vitoria. A igualdade foi a protagonista no primeiro período (19-19) e no segundo acto os locais marcharon liderando ao descanso por un só punto (33-32). Unha igualdade que estivo presente tamén na segunda metade, pero que os galegos souberon romper ao seu favor grazas á superioridade reboteadora (39 capturas por 23 dos de Toni Ten), un 50% de acerto en tiros de campo e especialmente un triplo de Callaghan a 33 segundos do final que lles deu a vitoria. Un triunfo que impulsa ao conxunto galego na clasificación e o mantén en posicións de Playoff.


ESTADÍSTICAS

Como anunciou CORES DE CAMBADOS o Xuven contratou a Alfa Diallo para suplir a "espantada" de Placide que será presentado mañán ou pasado.



O CAMBADÉS TEO RODRÍGEZ CAMPIÓN GALEGO PROMESA DE TAEKWONDO




Boa actuación de todos os competidores infantís de Artes Marciais do Ximnasio Vital Sport de Cambados. No caso de Judo, os competidores do equipo Judo Club Senín - Ximnasio Vital Sport, desprazáronse ata a localidade de Mos para participar no campionato Xogajudo, onde se concentraron 275 competidores de toda a provincia, conseguindo un total de tres medallas, dúas medallas de ouro, unha para Fran Trigo, en categoría Infantil e outra para Jaime Silva, en categoría Alevín, tras disputar cada un deles os tres combates e gañalos, e no caso de Bráis Fernández, tras disputar tamén tres combates, alzouse cunha excelente medalla de prata, ao perder na final por moi pouco por unha escasa marxe de puntos. 

Na modalidade de Taekwondo, seis competidores do equipo do Ximnasio Vital Sport, composto - o Club Vital Sport Cambados e o Club Gym Vital de Caldas de Reis, desprazáronse á localidade de Cangas de Morrazo para disputar o Campionato Galego de Promesas, proclamándose Teo Rodríguez, Campeón Gallego de Promesas en categoría cadete, tras gañar catro combates e na final, facerse co ouro tras empatar e disputar o "Punto de Ouro" e gañalo. Os demais competidores, Joaquín SantosNico MedrandaSebastián MedrandaAdrián Falcón e Alberto Fernández, fixéronos moi bos combates quedándose moi preto dos postos de medalla, gañando varios combates algún deles, pero sen chegar ao podio pola numerosa participación de competidores, máis de 600 provenientes de toda Galicia, e o gran nivel que se puido observar no campionato.



O LEGADO DE CABANILLAS CEDIDO A CAMBADOS






Hoxe firmouse o convenio de cesión do legado documental familiar  do poeta cambadés Ramón Cabanillas que está previsto depositar nos locais de Exposalnés. Este legado vai converter a Cambados nun referente esencial para quenes desexen coñecer a vida e obra dun dos  máis grandes autores dá literatura galega. conxunto de obxectos, libros, fotografías e centos de documentos constitúe sobre todo, unha dás mellores  coleccións  sobre a figura de Ramón Cabanillas superada por coleccións institucións como a Biblioteca Penzol, a Real Academia Galega ou o Museo de Pontevedra teñen un valor equiparable», engaden as mesmas fontes.

Entre os documentos cedidos pola familia, que foron catalogados por Luis Rei, biógrafo do autor hai primeiras edicións e case todas as reedicións das obras publicadas por Ramón Cabanillas; trinta libros doutros autores dedicados ao poeta cambadés, con firmas tan destacadas como as de Celso Emilio FerreiroValentín Paz Andrade, Otero Pedrayo e Camilo José Cela; varios tomos dedicados polos seus autores aos fillos de Cabanillas; 75 cartas do poeta a personaxes da cultura galega; ducias de misivas enviadas ao poeta; unha colección de fotografías persoais e familiares dos Cabanillas; máis de 300 noticias publicadas en prensa relativas ao autor de «Vento Mareiro», entre outros documentos.




DESESTIMADO O RECURSO DE BENITO GONZÁLEZ POLO "TRAGOVE"





A Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso de apelación presentado polo expresidente da Federación Galega de ConfraríasBenito González, contra a resolución do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados para xulgalo por un presunto delito de fraude de subvencións comunitarias ou de estafa agravada pola súa xestión como patrón maior de Cambados na adquisición do buque Tragove en 2009.
Dáse a circunstancia de que tamén o Ministerio Fiscal pediu o arquivo da causa, tras recibir un informe pericial segundo o cal o buque podería non ter custado tanto como din as peritaxes que fixo a Xunta e a acusación particular.



27 de febrero de 2015

O XUVEN FICHA UN NOVO XOGADOR




A falla de confirmación por parte do  Xuven  e segundo eurobasket.com o pivote greco-guineano de 23 anos Alfa Diallo (210cm-92ks) ven de asinar co clube amarelo. Empezara a tempada na liga helena no Pagrati da A2 grega. En 15 partidos fixo unha media de 4.9 puntos e 3.6 rebotes esta tempada. A última tempada Diallo xogaba no Filathlitikos AO tamén da A2 de Grecia. En 26 partido promediara 5.3 puntos e 4.7 rebotes. O xogador disputou con Grecia os Campionatos europeos SUB18 en Vilnius (Lituania) hai cinco anos. Os seus números nese campionato foran 8 partidos: 0.5p1.4r.
Diallo xogou tamén profesionalmente para outros equipos gregos  como PanathinaikosGymnastikos Olympia Larissas e Ikaros

O seu xogo é descrito como: (Por Chris Mammides, 2010)
Un xigante novo que empezaba a xogar baloncesto á idade de 17 en Larissa. Ten toda a enerxía para aprender á présa, para crecer e madurar no baloncesto. Podería ser a seguinte sorpresa do baloncesto  Helénico. Necesita traballar moito e gañar algún peso e físico para ser capaz de xogar contra adversarios máis fortes. El esperaba chegar polo menos a 2.15-2.7 a esa idade. Alfa pode tirar á canastra coa dereita e a esquerda, reboteador sólido e pasador excelente.



O PARTIDO POPULAR: NIN VERGONZA NIN CRITERIO






A donde chega a sinvergozonería do PP?

En Cambados onte no pleno votábanse duas mocións sobre a Hepatite C, unha do PSOE  e a outra do B.N.G. e ámbalas duas foron rexeitadas pola maioría do PP.
Horas antes na Deputación  votárase unha proposta igual e fora aprobada por unanimidade, e decir que os populares apoiaran a proposta. Nesta votación o "señor" Louzán ausentouse.
Pero esta non é a excepción. Nos concellos da bisbarra se votaran mocións de apoio aos afectados polas Preferentes e non en todos, os grupos votaran a favor, pero nun Pleno da Mancomunidade do Salnés dous alcaldes, concretamente o de Vilagarcía e a de Sanxenxo, Tomás Fole e Catalina González votaran a favor cando nos seus concellos votaran en contra.

Ou como a cambadesa Rosa Oubiña votou no Parlamento de Galicia o contrario do que votaran os seus compañeiros de Cambados no caso das Preferentes tamén. E coma ela o resto de deputados in-populares.

Esta so é unha pequena mostra pero cousas así parecen normais no PP.






O B.N.G. PIDE AOS CAMBADESES QUE COLABOREN NO SEU PROGRAMA ELECTORAL





O B.N.G. quere facer o seu programa para as próximas eleccións  municipais ente todos e todas. Se queres participar, achégate o próximo luns, día 2 de marzo, ao local do BNG en Cambados para comezar a falar de infraestructuras, urbanismo, medio ambiente e das necesidades das parroquias.





A FALLA DE PREVISIÓN DE ARAGUNDE DÓELLE AOS NOSOS PETOS







Previsión, cero

Un artigo de Víctor Caamaño protavoz 
do B.N.G. no Concello de Cambados.

No pleno Ordinario de decembro  aprobamos o Orzamento Municipal para o ano 2015 e,  hai poucos días, se lle deu o aprobado definitivo co exclusivo voto a favor do PP. Onte, tamén co único voto a favor do PP, aprobouse un expediente de creto por valor de 211.137 €. A razón para a presentación deste  foi que, a día de hoxe, xa non existe creto suficiente nas partidas correspondentes do Orzamento 2015, que se ven de aprobar. Ante esta situación non é de estrañar que o BNG, no correspondente pleno, dixera que o Orzamento 2015 carecía totalmente de previsión e planificación e en moi poucos días pasou a demostrarse. E non estamos a falar de que hai que pagar gastos inesperados, senón que, por exemplo, aí temos os gastos de mantemento de centros escolares, gardería e conservatorio con case 30.000 €, cando o BNG leva anos (nesta ocasión tamén) dicindo que se debe ampliar a partida para mantemento de centros escolares xa que todos os anos se queda tremendamente escasa. O mesmo ocorre co mantemento de distintas instalacións municipais e os seus consumos enerxéticos; gastos que se repiten todos os anos e que, polo tanto, non se deben contemplar como un gasto imprevisto. 

E que se pode dicir dos 42.256 € en festexos, cando o BNG ten criticado que xa a partida orixinal de preto de 300.000 €,  está sobredimensionada. Por certo, eses 42.256 €, foron gastos que non aparecen entre os que o Concello entregou ao BNG na solicitude de gastos da Festa do Albariño (se lles esqueceu?). Pero ademais, como é posible que te collan por sorpresa os gastos de  máis de 5.000 € da Pulpería Aurora (xantar do Albariño) ou os máis de 8.000 € das actuacións de D´Tacón? Se estes son os gastos de todos os anos, non poden ser imprevistos para quen leva no concello un cuarto de século. 


O máis gracioso é saber que os cartos para pagar os gastos de 211.137 € sairán do remanente de tesourería. É lóxico que se nos orzamentos non teñen en contas todos os gastos que deben pagar, que lle sobre un remanente de cartos, pero un remanente que non é real xa que no orzamento debéronse ter en conta os gastos totais do concello e non unha parte. Doutro xeito, se non tes en contra todos os teus gastos é moi doado dicir que che van a sobrar cartos. É doado pero non real; e o PP debe axustarse á realidade xa que é o responsable da boa  xestión dos cartos de todos os veciños e veciñas de Cambados e con este tipo de actuacións non está a cumprir co seu cometido.
Como se pode comprobar, non resulta aceptable dar a aprobación a un expediente deste tipo. Porque se isto no fose suficiente, o expediente vai acompañado dun informe de Intervención onde se afirma que estamos diante de facturas que non contan coa previa proposta de gasto nin do preceptivo certificado de existencia de creto emitido pola Intervención municipal, estando en presenza de contratacións verbais non admitidas no sector público e prohibidas pola lexislación vixente. Tamén afirma que para algunhas facturas non constan nin os orzamentos das obras, nin a aprobación previa do gasto e carecen da sinatura do técnico municipal. Igualmente,  tendo en conta as repercusións económico-orzamentarias e legais derivadas da realización de gastos non contabilizados, reitérase a urxente necesidade de rematar coa realización de calquera tipo de gastos que carezan de orzamento, pois segundo o Tribunal de Contas e o Consello de Contas isto debe ser excepcional, extraordinario, puntual e para algún gasto de escasa contía. É dicir, que non é o caso do concello de Cambados, que só se pode xustificar como unha penosa xestión municipal.



O ALCALDE E CID FERRO DEBEN DAR EXPLICACIÓNS AOS CAMBADESES





Cid Ferro reincorpórase ó seu posto de xefe da Policía Local, pero voltará a pedir unha prórroga sobre a comisión de servizos que disfruta en Ourense, a sua cidade natal.
Os cambadeses temos o dereito de saber cales son as razóns polas que este funcionario pide estas prórrogas. Pero as explicacións debe dalas o alcalde que gastou cartos dos cambadeses en procesos xudiciais e recursos que finalmente ganou Cid Ferro. Todo esto para que por Cambados deixe de circular o rumor de que é a carreira de actor o que fai que Cid Ferro non deixe a cidade das Burgas. 
A vida privada non interesa, pero unha explicación sí.
Aparte claro está, que é unha plaza que se ten que cubrir por necesaria, en Cambados.
Maximino Cid Ferro, inspector xefe da Policía Local de Cambados, reincorporase ó seu posto o vindeiro día 1 de marzo, trala finalización dunha comisión de servizos en Ourense.
Cid Ferro é xefe da Policía Local cambadesa dende novembro de 2009, cando se incorporou procedente do mesmo Corpo de Seguridade da Cidade das Burgas.
Durante a súa etapa en Cambados, a Policía Municipal obtivo varios recoñecementos a nivel nacional por distintos programas de seguridade viaria, un deles en conxunto coa asociación Esperanza Salnés.



ROI CASAL VOLTA A CAMBADOS





Despois de abrir en 2013 as Festas do Albariño cun multitudinario concerto, esta vez poderemos gozar da súa música con motivo do Día Internacional da Muller.
O concerto será o domingo 8 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio dá Xuventude de Cambados.
A entrada é gratuíta


Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo en a arpa céltico, a zanfona e o bouzouki.

Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, a formación máis internacional da música galega, no ano 2000.

Tras case unha década no mítico grupo, en 2009 comeza a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas douradas. Este primeiro traballo, do que destaca o singre Ninfa dás Frescas Augas, convértese rapidamente no disco máis vendido en Galicia ese mesmo ano.







O XUVEN CALIBRA FORZAS ANTE O LÍDER






No calendario do líder, a visita a Cambados está marcada en vermello por dificultade e precedente. Fallou o campión de Copa nos seus tres últimos desprazamentos, o último, hai 15 días na Raña. E das oito finais que lle quedan, sen dúbida a do Pombal é das máis complicadas. Probablemente, os de Toni Ten se xogarán o ascenso este fin de semana ou proximamente lonxe do Ciutat de Castelló, xa que fora de casa teñen moitas dúbidas ultimamente. A entidade do sólido Xuven, equipo de 'playoffs', é unha das grandes pedras que quedan no camiño cara á Ouro. Será unha proba de lume no Pombal, onde os galegos buscarán gustarse e gustar ante o líder e ante a súa afección. A súa remontada en Cáceres deixou ao final algunhas boas sensacións de cara a lograr mañá a proeza. Ademais, Casal recupera para a cita a Orellano e Callaghan, mentres que Ten non poderá contar con Alberto Fernández.

A seguir: Nkaloulou, que colleu 19 rebotes hai unha semana, probará o seu nivel ante o MVP Washburn.

O dato: Cambados é o segundo equipo que rouba máis balóns (9), os mesmos que precisamente Castelló.

A ida: +21 para Amics (90-69)




A FOTO QUE BUSCABA ARAGUNDE, XA A ATOPOU





Decíamolo onte, Aragunde ía ir visitar as instalacións da piscina municipal 

para comprobar as primeiras obras realizadas no ximnasio, onde se instalaron 

máis aparellos de exercicios e se dotou unha nova superficie de última 

xeración, feitas pola empresa Aquafit Gestión, SL actual concesionaria, na 

busca dunha foto. Pois xa a tendes, como vedes o alcalde vai preparado para 

facer ximnasia. 

cabeza del e dos seus asesores non da para máis e si sabían, que o sabían, 

que se sacarían fotografías podía ir mellor preparado.




MAÑAN É O DIA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS




As enfermidades raras son aquelas que teñen unha baixa incidencia na poboación. Para ser considerada como rara, cada enfermidade específica só pode afectar a un número limitado de persoas. Concretamente, cando afecta a menos de 5 de cada 10.000 habitantes.

Non obstante, as patoloxías pouco frecuentes afectan a un gran número de persoas, xa que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), existen preto de 7.000 enfermidades raras que afectan ao 7% da poboación mundial. En total, estímase que en España existen máis de 3 millóns de persoas con enfermidades pouco frecuentes.

Por esta razón, calquera persoa pode sufrir unha patoloxía pouco frecuente, en calquera etapa da vida.

O diagnóstico das enfermidades raras
A media de tempo estimado que transcorre entre a aparición dos primeiros síntomas ata a consecución do diagnóstico é de 5 anos. Nun de cada cinco casos transcorren 10 ou máis anos ata lograr o diagnóstico axeitado. O atraso diagnóstico ten diversas consecuencias. A máis frecuente é non recibir ningún apoio nin tratamento (40,9%), aínda que tamén destacan ter recibido un tratamento inadecuado (26,7%) e o agravamento da enfermidade (26,8%).

Atención sanitaria
O 46,6% das persoas non se senten satisfeitos coa atención sanitaria que reciben por motivo da súa enfermidade. Para máis do 40% das persoas as razóns é que reciben un tratamento que consideran inadecuado ou ben non dispoñen do tratamento que necesitan. O 72% considera que polo menos algunha vez foi tratado dun modo inadecuado por algún profesional sanitario como consecuencia da súa enfermidade, principalmente por falta de coñecementos sobre a enfermidade (o 56%). Para o 36% dos afectados a cobertura dos produtos sanitarios por parte da Sanidade Pública é escasa ou nula. No 85% dos casos, estes medicamentos coadxuvantes e produtos sanitarios son tratamentos continuos ou de longa duración. Só o 6% dos afectados utiliza medicamentos orfos. Deles, o 51% das familias teñen dificultades para acceder a estes.

Desprazamentos en busca de diagnóstico e tratamento
Practicamente a metade dos afectados tivo que viaxar nos últimos 2 anos fóra da súa provincia a causa da súa enfermidade. Destas persoas, preto do 40% das persoas desprazáronse 5 ou máis veces en busca de diagnóstico ou tratamento. O 17% dos pacientes non puido viaxar aínda que o necesitou.

Gastos relacionados coa atención da enfermidade
O custo do diagnóstico e tratamento da enfermidade supón preto do 20% dos ingresos anuais de cada familia afectada. En termos absolutos, isto supón unha media de máis de 350 euros por familia e mes, unha cifra moi representativa do alto custo que supón a atención ás enfermidades pouco frecuentes. Os gastos a cubrir na maioría dos casos, relaciónanse coa adquisición de medicamentos e outros produtos sanitarios (50% das persoas), o tratamento médico (43%), as axudas técnicas e a ortopedia (30%), o transporte adaptado (27%), a asistencia persoal (23%) e a adaptación da vivenda (9%).

Situación actual e percepción de discriminación

O 75% da mostra sentiuse discriminada polo menos nalgunha ocasión por motivo da súa enfermidade. Os principais ámbitos nos que as persoas se senten discriminadas son, por esta orde, no desfrute do seu ocio (un 32%), na atención sanitaria (32%), no ámbito educativo (30%) e nas actividades da vida cotiá (30%).


Necesidades de apoio, dependencia e situación laboral
Máis dun 70% dos afectados posúe o certificado de minusvalidez, aínda que o 35% aseguran que non están satisfeitos co grao recoñecido, normalmente porque consideran que non se lles fixo unha valoración axeitada por falta de coñecemento acerca da enfermidade. A pesar que o 70% dispón de certificado de minusvalidez, só un de cada 5 ten o recoñecemento, e destes só un de cada 3 recibiron xa prestación. A medida de dedicación ao coidado dun afectado é de 5 horas diarias. Polo xeral, necesitan apoios para desenvolver actividades básicas e avanzadas da vida diaria, principalmente na súa vida doméstica (44%), desprazamentos (42%) ou mobilidade (39%). Só 1 de cada 10 non necesitaría ningún tipo de apoio. O máis habitual é que os apoios que se requiran sexan dispensados polos propios familiares residentes no fogar, principalmente os pais (un 41%), pero tamén irmáns (17%), esposos/ás (14%) ou avós (10%). Un 41% dos casos perderon oportunidades laborais. Nun 37% tívose que reducir a xornada laboral e nun 37% perdéronse oportunidades de formación.

Participa cun selfie en SELFIES CONTRA A "AME" (Atrofia Muscular Espinal)






26 de febrero de 2015

POLÉMICAS DECLARACIÓNS DE ENRIQUE IGLESIAS SOBRE O SEU VÍDEO E A XUNTA






O equipo do cantante Enrique Iglesias, cuxo último videoclip financiou a Xunta de Galicia con 302.000 euros, xáctase de que a rodaxe en escenarios galegos serviu para "dinamizar a economía" da comunidade autónoma. Segundo unha nota difundida pola oficina do artista dende Miami recollida por El País, "practicamente a totalidade dos colaboradores foron produtoras, e empresas locais ou españolas [...] contribuíndo a dinamizar a economía do país galego" "en tempos de crise".

O cantante insiste en que el non cobrou directamente "nin un centavo" da subvención do Goberno de Alberto Núñez Feijóo. É máis, o comunicado sostén que "Enrique aceptou con moito gusto a proposta da Xunta de Galicia para filmar o vídeo nesta rexión", deixando claro que a idea non partiu do cantante.

A través das redes sociais, o fillo de Julio Iglesias difundiu ademais unha gravación dun minuto e medio de duración na que se alternan imaxes do polémico vídeo musical e del mesmo falando a cámara. Gustaríame agradecer a Galicia e a toda a súa xente a rodaxe do vídeo "Noche y de día". A Juan Magán, a Yandel... a toda a xente que estivo involucrada neste vídeo e, por suposto, a Galicia», declara. Este venres estréase oficialmente o videoclip.

O vídeo dura catro minutos e medio e nel os exteriores da comunidade ocupan 45 segundos, 38 deles colocados ao final ou ben ao principio e sen música. Pódense ver a Cidade de Cultura, o mosteiro de Carboeiro (Silleda), o faro de cabo Home (Cangas), o canón do Sil, a Torre de Hércules, a catedral de Santiago ou a muralla de Lugo. A canción ocupa o groso do videoclip, desenvólvese supostamente no interior do mosteiro de Carboeiro e recrea unha festa rave.


Fonte:InfoLibre

PUBLICADOS OS NÚMEROS DE CONCELLEIROS DO P.X. DE CAMBADOS




No B.O.P. do dia de hoxe e de conformidade co disposto no artigo 179.1 da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño de Réxime Electoral Xeral e no artigo 14 do Real Decreto 605/1999 do 16 de abril de Regulación complementaria dos procesos electorais, faise pública a seguinte relación por orde alfabética dos municipios da provincia, agrupados por partidos xudiciais, tendo en conta o Real Decreto 1007/2014, do 5 de decembro (BOE do 22 de decembro de 2014), polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón Municipal referidas a 1 de xaneiro de 2014, así como o número de concelleiros a elixir.
ANO 2015
ANO 2011

Destaca o aumento de concelleiros na Illa, de 11 pasa a 13, mentras o resto de poboacións manteñen o número con respecto ao 2011.
Aumenta a poboación en A Illa, Meis, Sanxenxo e Ribadumia con 6, 30, 43 e 75 habitantes máis respectivamente. No resto de Concellos baixa,  en Cambados 473, O Grove 446, Meaño 27 menos, Vilagarcía baixa en 214 e Vilanova 223 veciños menos.




OS SOCIALISTAS VOLVEN LEVAR A ARAGUNDE AO XULGADO






O CONCELLO DE CAMBADOS SEGUE SEN DAR ACCESO Á  DOCUMENTACIÓN SOLICITADA POLO PSOE  E DE NOVO TERÁ QUE SER O XUÍZ O QUE MEDIE

  
Os Socialistas de Cambados veñen de presentar este mércores ante o Xulgado de Pontevedra un novo Recurso Contencioso Administrativo polo procedemento especial dos dereitos Fundamentais da persoa pola inactividade do Concello de Cambados.
Os Socialistas presentaron un escrito o día 20 de xaneiro solicitando o acceso ó Expediente Administrativo do Proceso de Selección de persoal convocado mediante Resolución o 2 de abril de 2007.
“Non tivemos ningún tipo de oposición por parte do Concello para a exhibición do expediente e concertouse unha data para ir  velo.  Cando fomos na data sinalada non o puidemos ver porque había que ir a buscalo ó arquivo, e como confundiron a data na que íamos ir, non o tiñan preparado e concertamos acudir outro día. Fomos novamente ó Concello no día sinalado e ensináronnos una parte do expediente e outra parte que non correspondía ó proceso do 2007 senón ó do 2004, polo que voltamos a modificar a data para ir ver o expediente.  Voltamos por terceira vez e cando nos ían dar a documentación a persoa encargada de traelo, tivo que ausentarse do Concello por motivos persoais, así que acordamos voltar novamente este luns, por cuarta vez. Tampouco o puidemos ver porque a persoa encargada de darnos o Expediente non foi traballar porque se lle estropeu o coche. Esto supera toda a esperpenticidade e surrealismo que unha persoa se pode  imaxinar dentro dun Concello serio a día de hoxe” afirma Fátima Abal.
“E despois o Alcalde afirma que se cumpre o Código de Bo Goberno e que o noso é un Concello transparente. Facer ir á oposición ata en catro ocasións para ver un expediente que aínda non puidemos ver, despois de telo solicitado por escrito desde hai máis dun mes, parécenos que non é un exemplo nin de bo goberno nin de transparencia. Os motivos polos que non nos dan acceso ó expediente son un pitorreo en toda regra que non estamos dispostos a seguir aguantando, unha cousa e ter paciencia e ser comprensibles e outra moi diferente  é que a unha a tomen por idiota, non llo consinto a ninguén, conozco os meus dereitos e non dudarei en exercitalos”
Por este motivo, os Socialistas pensan que non lles queda outra opción que ir ó Xuzgado para que sexa o xuíz o que solicite esta documentación e así lle sexa entregada.
Este expediente é o relativo ó proceso de selección de persoal convocado no ano 2007, que a pesares de que foi publicado e foron moitas as persoas as que presentaron a solicitude e pagaron as oportunas taxas, nunca se chegou a publicar unha lista de admitidos nin excluídos, nin tampouco se levou a cabo a súa revocación. No seu lugar foron contratados uns interinos mediante una entrevista persoal que aínda seguen a día de hoxe nese posto.  Moitos deles se verán moi beneficiados coa nova Modificación da relación de Postos de traballo que o PP ven de aprobar definitivamente nun Pleno extraordinario neste mes de febreiro.