Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de enero de 2015

O BNG ARRANCA A CAMPAÑA "QUE NON CHE COMAN O COCO"






O BNG iniciou hoxe en Cambados a campaña, “Que non che coman o coco…, temos un país de primeira”. Baixo este lema os nacionalistas lanzan unha campaña para reivindicar unha Galiza en positivo fronte á imaxe interesada da Galiza subsidiada e dependente de “papá Estado” que difunde o PP e “todos os que manteñen o discurso centralista de Madrid”.
“Temos un país de primeira e precisamos máis soberanía para poñelo a producir”. O BNG pretende, con esta campaña, trasladar información sobre a necesidade de ter un maior autogoberno para poder traballar e vivir en Galiza, sacando partido a todas as posibilidades económicas que hai na nosa terra.
“Que non nos enganen e sintamos o orgullo de ter un país de primeira”; hai que reivindicar a “marca Galiza” fronte a marca España. Apelar á autoestima de ser galegos e galegas cun país capaz de gobernar o seu futuro e desmontar o “falso discurso” dunha Galiza subvencionada, pobre, que non pode valerse sen a muleta do Estado. A campaña do BNG desmente con datos concretos a recorrente falacia da solidariedade estatal.
Galiza recibe menos do que aporta ao Estado vía impostos, como demostra a última balanza fiscal que mostra unha recadación de 7.213 millóns de euros fronte a un investimento de 5.891 millóns de euros. Igualmente, o país recibe tres veces menos fondos europeos que Madrid, pese a que son para a cohesión territorial e a renda e as pensións galegas están á cola do Estado.

En materia enerxética  Madrid “é un burato negro” que absorbe a produción de electricidade, sen que as industrias ubicadas en Galiza se beneficien dunha tarifa eléctrica propia dun país produtor e exportador de enerxía. Mentres, as autoestradas galegas, dependentes do Goberno central, encabezan a lista das máis caras, e viaxar de Ferrol a Tui case duplica o custe de viaxar a Madrid.
O espolio dos recursos tamén inclúe ao aforro galego coa peor evolución da relación créditos concedidos a familias e empresas con respecto aos depósitos nas entidades financeiras. E o abandono do goberno central cando se trata de defender os intereses dos principais sectores produtivos, -agro, pesca e naval-.



30 de enero de 2015

PREVIA DO XUVEN-CB ACADEMY





Os grancanarios chegan a Cambados fortalecidos pola xeirade sete triunfos en nove partidos, con ganas de seguir sumando. E é que os diesel Berni Hernández e Roberto Guerra xa colleron o ton á competición. A ilustre parella de veteranos, xunto con Quintana, xa se encontran co ritmo adecuado para competir con garantías na Prata. E o seu equipo nótao e moito. Tras tres vitorias consecutivas, a CB Academy xa pensa máis en 'playoffs' que en descenso. De feito está a unha soa vitoria da zona, que dá dereito a loitar polo título. A visita ao Pombal será, iso si, de alta esixencia, ante un equipo que si se moveu en zona de 'playoff' todo o ano. Ademais, os de Yago Casal quererán resarcirse ante a súa afección da axustada derrota no derbi. Tras perder 18 balóns na Raña, a solidez do Xuven volve estar a proba.

A seguir: Kulikov, nas tres últimas xornadas case dobre dobre.
O dato: Sete triunfos nos últimos nove partidos. 
A ida: +11 para Xuven Cambados (60-71)
Data e hora: sábado, 18:00 horas (Canal Xuven)




O HOSPITAL DO SALNÉS BAIXO MÍNIMOS






O persoal sanitario continúa coa súa loita para reclamar máis recursos para o servizo público de saúde. O pasado mércores concentráronse os traballadores do Hospital do Salnés para reclamar que sexan atendidas as súas demandas, despois da saturación rexistrada nos servizos de urxencias por mor da epidemia de gripe dos meses de decembro e xaneiro.  Denunciaban o peche de camas e a falta de cobertura das ausencias dos profesionais e falta de material, tan simple como mascarillas ou vias, que teñen que pedir a outros hospitais e que son achegados por taxis procendetes de Pontevedra, segundo contou unha persoa que traballa nese Hospital.

Por iso lamentan que a día de hoxe ningunha autoridade dimitira pola mala xestión. No centro do Salnés, a epidemia de gripe fixo que se acadara un pico histórico: un domingo 165 persoas pasaron polo servizo de urxencias. Ante esta situación, dende a xunta de persoal ven con bos ollos a ampliación do Hospital do Salnés, que incluirá a construción dun novo edificio para as urxencias. Así as cousas, advirten: a ampliación, para que sexa real, requirirá dun incremento do plantel. A xunta de persoal e os xefes de servizo estaban convocados onte a unha xuntanza para coñecer os pormenores das obras de ampliación, que arrancaron oficialmente este luns.




ATENCIÓN CAMBADESES!!!! CHEGA UN NOVO IMPOSTO?




Varios hosteleiros do Concello de Cambados están a recibir estos dias un recibo de cobro dun novo imposto municipal. "O concello perita" inventa un imposto ou mellor dito dobla un imposto. Estes hosteleiros pagan xa todos os impostos habidos e por haber e aínda enriba o Concello "queimaos" poñéndolles outro imposto polo lixo aparte do que pagan relixiosamente á ORAL. 
Os hoteis xa pagan o lixo das suas cafeterías, o que a teña, dentro do total do hotel e agora queren cobrarllo como si fora independiente. Algo que é inxusto e a todas luces parece incluso abusivo e ilegal. Moitos de esos establecementos so fan uso da cafetería para dar almorzos aos seus clientes.
Ante este abuso pódese interpor un recurso, pero si non están ao tanto, poden ter que pagar duas veces polo mesmo concepto.



O I.E.S. ASOREY NO EUROPARLAMENTO




Por un so dia pero participando activamente xunto rapaces de toda Europa, os alumnos do I.E.S. Asorey de Cambados puideron participàr nunha sesión plenaria moi especial.
A intervención da alumna do Asorey comeza no minuto 55 aproximadamente.
Alumnos do I.E.S. Asorey de Cambados están de viaxe de estudos por Estrasburgo marcharon o martes 27 e voltarán ao sábado 31. Onte asistiron a un amplo programa de actividades no Parlamento Europeo, enmarcadas no programa EUROSCOLA e que inclueu unha sesión na que interviñeron rapaces de toda Europa. Fomentarase a convivencia entre os alumnos entre si e máis entre alumnos e profesores. A viaxe conta cunha subvención da UE por participar no concurso EUROSCOLA os alumnos da Sección Bilingüe de 1º BAC no curso pasado.
Video completo


29 de enero de 2015

OS SOCIALISTAS PIDEN VALENTÍA A ARAGUNDE






O grupo municipal do PSdeG-PSOE en Cambados, encabezado pola súa voceira Fátima Abal, acaba de rexistrar hoxe mesmo unha moción para ser debatida no vindeiro pleno, e na cal instan ao Concello a que se dirixa ante a Xunta de Galicia e ante o Goberno do Estado para reclamarlle que tomen as medidas necesarias que garantan que ningún paciente quede sen o tratamento para esta enfermidade.
Dita moción foi impulsada pola Plataforma de Afectados por Hepatitis C, a cal contou dende o primeiro momento co apoio do PSOE, que entende que é unha inxustiza escudarse no prezo dos medicamentos para negar un tratamento que salva vidas.
Segundo Fátima Abal: “os gobernos do PP, tanto no Estado como na Xunta, demostran unha vez máis unha falta de sensibilidade brutal ante os problemas das persoas. Utilizan a crise como excusa para recortar en todo, cando en realidade o que buscan con estes recortes é propiciar un cambio no noso modelo sanitario público, un cambio que favoreza aos intereses privados”.
Fátima Abal sinala que “outras administracións coma a Junta de Andalucía, con goberno socialista, demostran día a día que cando hai vontade política pódense facer as cousas” en referencia ao compromiso expresado por Susana Díaz de que en Andalucía ningún enfermo de hepatite C vai quedar sen a medicación que necesite por causa económica.

A moción forma parte dun paquete de medidas que os socialistas levarán a cabo ante diferentes administracións, sinalando que a acción levada a cabo dende o ámbito municipal é fundamental, xa que como administración máis próxima aos problemas dos cidadáns, debe presionar ás administracións superiores. “Os socialistas entendemos que a política debe estar ao servizo da cidadanía, e resolver os problemas das persoas, esta é a súa razón de ser. Por iso pedimos que se resolva un asunto tan importante canto antes, cada día que pasa sen que un paciente reciba o seu tratamento empeoran as súas condicións de vida. Os recortes en sanidade matan. Por eso, pedimos que o concello se posicione.”

Os socialistas explican que Luís Aragunde ten dúas opcións: “pode ser valente e facer o que se espera dun alcalde, que é defender ás persoas e presionar ás administracións superiores para que solucionen os problemas, ou pola contra pode demostrar, unha vez máis, que se comporta como un súbdito que só está ao servizo dos intereses do seu partido. Por desgraza, esta é a opción á que nos ten acostumados este alcalde”


A HEPATITE C CHEGA AO PLENO DE CAMBADOS





A enfermidade hepática causada polo Virus de Hepatite C (VHC) constitúe un grave problema de saúde pública. Calcúlase, en cifras do Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos Sociais, que unhas 700.000 persoas son portadoras deste virus no conxunto do Estado español.
Até recentemente os medios de tratamento dispoñíbeis producían altas taxas de fracaso terapéutico, para alén de ter unha elevada toxicidade e efectos secundarios graves. Déronse, ademais, numerosos casos de doentes que non podían someterse a eles por intolerancia a algún dos fármacos empregados.
Como consecuencia, na actualidade hai na Galiza unha cantidade importante de persoas enfermas diagnosticadas, en diferentes estadíos de evolución da Hepatite C, que non están sendo tratadas, e que teñen como única alternativa a vixilancia da súa evolución á espera de chegar a un estado que determinase a idoneidade dun transplante hepático.
Esta situación viuse radicalmente alterada coa aprobación recente de novos fármacos. Particularmente transcendente foi o feito de a axencia europea do medicamento (EMA) aprobar, a principios do ano 2014, o Sofosbuvir, un antiviral de acción directa sobre o VHC. A comercialización deste medicamento no territorio español foi aprobada pola Dirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios o 5 de marzo de 2014.
O día 24 de setembro de 2014 a, daquela, ministra de Sanidade anunciou publicamente que o Ministerio acadara un acordo co fabricante do fármaco para incluílo na sanidade pública e que @s facultativ@s o puidesen prescribir a aquelas persoas enfermas que o precisaren. A ministra naquela altura acrecentou que a proposta se trasladaría inmediatamente á Comisión Interministerial de Prezos dos Medicamentos, e comunicou que en outubro poderían dispor  médicos/as dese medicamento en todo o territorio do Estado español, para o aplicar aos/ás pacientes que o precisasen.
Desde aquela hai elaborado un Protocolo de Posicionamento Terapéutico e un Documento de Priorización que están sendo aplicados, no caso galego, pola subcomisión para o Tratamento da Enfermidade Hepática, constituída na Consellaría de Sanidade.
A día de hoxe sucédense as declaracións públicas de hepatólogos/as a través da Asociación Española para o Estudo do Fígado, reclamando que os criterios para a dispensación do tratamento no sistema público sexan máis inclusivos e cifrando a necesidade de tratamentos urxentes para aplicar no territorio do Estado español nun mínimo de 30.000 para o ano en curso.

Por outra parte, o desacougo, a alarma e as queixas dos/as doentes de hepatite C, particularmente das persoas postransplantadas non negativizadas e das que se atopan en fase cirrótica (F4), van en aumento ao comprobar como nuns casos a súa situación non se inclúe dentro dos criterios de elixibilidade que se aplican  para o acceso ao fármaco, e noutros moitos a solicitude cursada polos/as seus hepatólogos/as, unha vez determinado que cumpren os requisitos estabelecidos polo Ministerio e recollidos nas Instrucións do acceso aos tratamentos da Hepatite C cursadas pola Dirección xeral de Asistencia Sanitaria, é rexeitada ou non contestada.

Por estes motivos, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguintes acordos
-Instar ao Goberno galego para dirixirse ao Goberno de España e exixir que se garanta  o acceso ás novas terapias para as persoas doentes de Hepatite C que o precisaren. Todo isto debe producirse de acordo co criterio de médicos/as especialistas, que deben dispor de todos os recursos que foren precisos para a atención dos casos definidos como de tratamento urxente pola Asociación Española para o Estudo do Fígado na súa recente reunión co Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos Sociais.
-Instar ao Goberno galego a tomar as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a Hepatite C se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes a que lle fora prescrita por persoal médico especialista do Servizo Galego de Saúde, de xeito inmediato á súa prescrición.
-Trasladar estes acordos ao presidente da Xunta de Galiza, á titular da Consellaría de Sanidade e aos grupos parlamentarios do Parlamento galego.




LUCAS MÍGUEZ EXPÓN "RAZA CÓSMICA" EN CAMBADOS







O escultor de "cámara" de varios concellos do Salnés expón agora en Cambados "A Raza Cósmica", tralo seu paso por Vilanova de Arousa. O autor ten espalladas polo Salnés varias das suas obras, a estatua de Fraga entre elas e que tanta polémica suscitou no seu dia.
A obra de Lucas Míguez é unha colección baseada no pensamento filosófico e político do pensador mexicano José Vasconcelos. A Galicia chega agora unha parte, xa que outras pezas continuarán expoñéndose en México. O conxunto escultórico doado ao Salnés está composto por unha veintena de tallas, valoradas en 70.000 dólares, segundo unha tasación realizada no ano 2000. "A Raza Cósmica" viaxou por todo o país mexicano durante varios anos. Concretamente, estivo exposta en galerías de gran importancia nas cidades de Guanajuato, Tamaulipas, Coahuila ou Cidade de México, entre outras. O municipio de Aguascalientes, froito do hermanamiento alcanzado coa Mancomunidad do Salnés, será testemuña da chegada desta obra a España e a súa donación definitiva á administración municipal do Salnés. De feito, a raza cósmica de Lucas Míguez seguirá conectada con México xa que outro conxunto das súas pezas continuaría expoñéndose naquel país. Pero o escultor do Salnés desexa quixo que polo menos unha parte das súas esculturas vinculadas ao pensamento de Vasconcelos quédese en Galicia de forma permanente.
Estatua de Asorey
"A Raza Cósmica" é unha obra que representa a mestura das razas humanas inspirado no pensamento filosófico e político de José Vasconcelos, unprincipio co que conectou profundamente o escultor galego, que fala máis de seis idiomas, tras vivir en Estados Unidos, Chinesa, Tailandia, Taiwan, Xapón, Fonduras e México.
 Centro Comarcal Expo-Salnés. Paseo da Calzada s/n. Cambados                                                                              Horarios: Martes a venres de 10:00-14:00/16:30-19:30          Sábados: 10:30-14:00/16:30-19:30  Domingos: 10:30-14:00 

O SALNÉS PRESENTE EN FITUR´15





A Mancomunidade de O Salnés desembarca en Fitur para consolidarse no mercado internacional
Hoxe presentaN en FITUR o programa "Coñece España, descobre Galicia. O Salnés" a turoperadoras estranxeiras.

A Mancomunidade do Salnés está encabezada polo propio presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, que está acompañado polos regidores de Ou Grove (Miguel Anxo Pérez), Sanxenxo (Catalina González) e Cambados (Luís Aragunde).



OS SOCIALISTAS DENUNCIAN A INSEGURIDADE EN VARIAS RÚAS DE CAMBADOS







A formación que lidera Fátima Abal faise eco das queixas realizadas por varios colectivos veciñais, que alertan do grave perigo que supón cruzar a estrada xeral para acceder á marquesiña de autobuses situada cerca do cruce da Bouza na parroquia de Castrelo. Por este motivo, os socialistas veñen de rexistrar un escrito no que instan ao Concello a tomar medidas para solucionar o risco existente nesta zona.
“Unha vez máis –sinala Fátima Abal- vemos como a deixadez do noso Alcalde  pon en serio risco aos veciños e veciñas do noso pobo. Non é o único punto perigoso no que hai serio risco de atropelos, polo que lle esixímos ao alcalde que actúe dunha vez, e que tome medidas para evitar que ocorra algún accidente”
Os socialistas sinalan que no cruce da Bouza (Castrelo), que comunica a zona do Facho coa estrada xeral, están situadas sendas marquesiñas de autobuses, e que a única forma de acceder a elas  é cruzando por unha estrada xeral co risco que elo conleva xa que os vehículos circulan a altas velocidades por dita vía.
Segundo Fátima Abal “o único motivo polo que esta situación non se arregla é simplemente pola falta de vontade política de Luís Aragunde, a quen se ve o pouco que lle importa a seguridade dos seus veciños. Non é un asunto difícil, simplemente cun paso de peóns regulado por semáforos se podería poñer fin a un risco innecesario. Só fai falta vontade de poñelo ou de instar a quen corresponda que o faga”.
Por outra banda, os socialistas xa denunciaron en varias ocasións o gran número de accidentes que se producen en Vilariño a poucos metros da rotonda. Hai máis dun ano os socialistas presentaron no Concello una moción solicitando máis seguridade na estrada que vai desde a rotonda ata o cruce da Igrexa xa que á altura do cruce que vai para A Modia, ó lado dun bar, os accidentes son moi frecuentes. O Concello rexeitou a moción socialista e colocou un paso de peóns que pon aínda máis en perigo ós viandantes. “Lonxe de resolver o problema agravouno, e os accidentes seguen a producirse, ata o de agora sen víctimas mortais, realmente non sabemos a que están esperando para actuar de xeito contundente... Os veciños tamén acudiron en varias ocasións ó Concello para advertir da gravidade da situación e para amosar a gran preocupación que teñen por este motivo, sen que o Concello faga absolutamente caso das súas inquedanzas. Recordamos que neste punto houbo ata coches que se empotraron contra casas subindo pola beirarrúa”

Os socialistas solicitan tamén ante o Pleno no punto de Rogos e posteriormente no de Preguntas Escritas,  que se busque unha solución ó problema que supón o paso de peóns do Pombal, na intersección coa Rúa Sevilla, xa que nun breve espazo de tempo foron atropeladas ata tres persoas no momento de cruzar por riba do paso de peóns. Neste senso, o Concello tamén fai oídos xordos…



28 de enero de 2015

ALERTA DE TEMPORAL EN GALICIA




Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase a partir de mañá pola mañá mar combinada do noroeste entre 5 e 7 metros no litoral da provincia de Lugo e noroeste da Coruña. No oeste da provincia da Coruña o temporal dará comezo en torno ao mediodía con mar combinada do noroeste de 5 a 6 metros, e no suroeste da provincia da Coruña esperase que de comezo a últimas horas do día con mar combinada de 5 a 6 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
 



O ABOMINABLE E INFANTILOIDE VÍDEO DE RAJOY





Píldoras de Comunicación Blog publica hoxe a sua visión dos famosos vídeos de Rajoy, aquí podes leelo.

"Non sei quen asesora a Rajoy en temas de comunicación, posiblemente sexa Heidi, unha princesa Disney ou o propio Pablo Iglesias mentres se pon a goma na coleta. Porque facer máis o ridículo é prácticamente imposible. Como profesional da comunicación cando vín o vídeo orixinal deume auténtica vergonza allea. E parece que non son o único, porque os memes que provocou este vídeo (estou falando a nivel de comunicación, de política prefiro non falar) son realmente mellores que o orixinal. E si non comprobádeo vós mesmos. Déixovos o orixinal e 5 memes dos tantos que hai, con unha mensaxe infinitamente máis creíble que a do PP".


ESTE PRIMEIRO É O ORIXINAL
VERSIÓN PELI DE MEDO
VERSIÓN PORTAZO
VERSIÓN BARDEM
VERSIÓN TELAPIZZA
VERSIÓN HANNIBAL LECTER

 

ACCIDENTE LABORAL NA RÚA ATLANTICO






Hai escasos minutos produceuse un accidente laboral na rúa Atlántico. Segundo as primeiras informacións unha farola caeu cando estaba a ser manipulada para colocar nesa nova rúa. 
Todo parece indicar que se desprendeu da grúa que estaba a retirala do camión no que fora transportada ata alí e bateu na cabeza dun operario, con iniciais J.R., do Concello, que a ían a instalar. 
O traballador está ingresado no Hospital do Salnés e as feridas non parecen de gran gravidade.

Ata o lugar desprazouse a Policía Local e unha ambulancia.


UN ALUMNO DO I.E.S. ASOREY FALARÁ MAÑÁN NO PARLAMENTO EUROPEO






Alumnos do I.E.S. Asorey de Cambados están de viaxe de estudos por Estrasburgo marcharon o martes 27 e voltarán ao sábado 31. Mañán 29 asistirán a un amplo programa de actividades no Parlamento Europeo, enmarcadas no programa EUROSCOLA. Fomentarase a convivencia entre os alumnos entre si e máis entre alumnos e profesores. A viaxe conta cunha subvención da UE por participar no concurso EUROSCOLA os alumnos da Sección Bilingüe de 1º BAC no curso pasado.


Aproveitando esta visita ao Parlamento Europeo, o grupo visitará tamén diversas cidades da contorna, coma Baden Baden, Stuttgart, Metz e Nancy.

Desde Euroscola enviaron este enlace para seguir as intervencións en streaming dunha das alumnas no Parlamento e a páxina de facebook onde seguramente publicarán fotos das actividades da xornada.
 
http://www.europarl.europa.eu/ep-live/fr/other-events/schedule
 
https://www.facebook.com/euroscola




PATRIMONIO SI SE OCUPA DE COUSAS "IMPORTANTES"








Dias atrás o Concello de Cambados procedeu a tala de varias árbores no entorno da Igrexa Parroquial. Todo segundo fontes do propio Concello por recomendación de Patrimonio. Ao parecer, as raíces destas árbores comezaban a provocar problemas na estructura da igrexa.

É unha pena que Patrimonio, non recomendara tamén que se fixera un arranxo das luces que están preto desas árbores e que se atopan nun estado deplorable como se pode apreciar nas fotografías, que foron tomadas dias despois da tala.



É unha pena que patrimonio non vixiara co mesmo 
agarimo o deterioro do Cristo da Igrexa de Santa Mariña. 

ARTIGOS RELACIONADOS: CAMBADOS NON QUERE QUE SE EMPREGUEN CARTOS PÚBLICOS NA REPARACIÓN DO CRISTO



27 de enero de 2015

PRESENTADOS OS SEIS PRIMEIROS NOMES DA LISTA ELECTORAL DO B.N.G.






A Asemblea Aberta celebrada este martes en Cambados estivo organizada, como as anteriores, coa intención de que a participación veciñal sirva para aportar novas propostas e persoas que se sumen ao proxecto nacionalista para enriquecer o traballo serio e rigoroso feito ao longo dos últimos anos polo BNG que o sitúa como a  alternativa ao desgoberno que sofre Cambados e  ao que agardamos co apoio dos veciños e veciños dar remate no vindeiro mes de maio.


Nesta Asemblea  a proposta de candidatura encabezada polo actual portavoz municipal do BNG, Víctor Caamaño como candidato á alcaldía, que estará acompañado, nun primeiro tramo, polas seguintes persoas:


1.- Víctor Caamaño Rivas. Profesor de Bioloxía no IES Francisco Asorey, actual portavoz municipal do BNG e membro do Consello Comarcal do BNG
2.- María Xosé Cacabelos Domínguez. Diplomada en Traballo Social, mariscadora e concelleira
3.- Teresa Prado Cores. Membro da directiva da Asociación de Veciños de Oubiña. Traballa de mariscadora e actualmente é concelleira.
4.- Isidoro Bugallo Piñeiro. Técnico Auxiliar de enfermería, condutor profesional e mariscador en Castrelo.
Esther Serrano
5.- Esther Serrano Vidal. Empregada de comercio, forma parte das bandas de música de Castrelo e Ribadumia.
6.- Emmanuel Franco Joven. Estudante de Grao de Publicidade e Relacións Públicas. Pertence á Asociación Danzantes de Cobas.
 
Na Asemblea Aberta aportáronse ademais ideas para conformar o programa a presentar aos veciños e veciñas de Cambados e quedouse de pechar un calendario de traballo nos vindeiros días.



AS ENEMISTADES PERIGOSAS




De todos é sabido que a relación entre Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, e Luís Aragunde, alcalde de Cambados non é boa, non é boa por moitos motivos. Entre eles está a polémica por airear desde Cambados unha multa que lle foi imposta a Durán en Cambados e que saleu publicada en varios medios. Pero este non é o único caso de malas relacións entre destacados membros do PP na nosa comarca. O mesmo Durán non dubida en enfrentarse aos seu superiores en Pontevedra(Louzán) ou Santiago(Feijóo) a hora de defender os intereses dos seus veciños ou de todo o Salnés,  polo tema do Hospital, engadindo nestas liortas a Fole, alcalde de Vilagarcía. 
Tomás Fole pola sua banda mantén unha relación distante ou nula prácticamente con Aragunde, e aínda que non podemos asegurar o motivo, segundo fontes achegadas ao PP, o que acabou por rematar a relación podería  ser a Lei Gallardón (supresión de Partidos Xudiciais).
Qué tempos aqueles!!!

Por outro lado Aragunde e Louzán non teñen relación persoal, e cando coinciden en actos a cousa nótase fría e tensa. Que se especulara coa posible candidatura de Louzán para as locais por Cambados, rematou de todo unha relación que se viña deteriorando desde hai tempo, toda vez que aínda que Cambados é un feudo moi importante de votos para Deputación, Aragunde bota en falla unha maior implicación de Louzán coa Vila do Albarño. Aragunde achaca a Louzán a tardanza na realización de obras demandadas desde hai anos.
Pero avecíñanse unhas eleccións e coma sempre todo serán palmadiñas na espalda e sorrisos.





OS ALUMNOS DO ASOREY NON PARAN




O vindeiro mércores, 4 de febreiro alumnos do I.E.S. Asorey terán outra actividade extra escolar.
Participación no VII Concurso Galégo de Robótica organizado pola Fundación Barrié e visita ao MACUF.
Na actividade participarán: 
Sección Bilingüe de 3º ESO A/B (20 alumnos)
Alumnos de TIC de 1º BAC A/B (18 alumnos)
Alumnos de TECN.IND.II de 2º BAC-A (10 alumnos)

Igaciencia organiza en colaboración coa Fundación Barrié, no marco de educaBarrié, o taller: A maxia da robótica.
O obxectivo desta actividade é achegar a cidadanía á robótica, un campo de absoluto futuro, e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na sociedade galega. A maxia da robótica é un compendio de actividades (taller - exposición - concurso) encamiñadas a una experiencia de aprendizaxe, deseñada para familiarizar e explorar o campo da robótica.
Potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan de aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.





9 ANOS DESPOIS O P.A.C. DE CAMBADOS ESTÁ SEN URXENCIAS PEDIÁTRICAS




Trala denuncia feita polo Blog "ALZA LA VOZ CAMBADOS" e o comunicado dos Socialistas Cambadeses cabe engadir as promesas incumplidas polo goberno local de Cambados sobre o Centro de Saúde do noso pobo.

"LA VOZ DE GALICIA"
O Partido Popular non dá a batalla por perdida. Esta semana retoma a súa campaña para reclamar á Consellería de Sanidade a reapertura do Punto de Atención Continuada (PAC) de pediatría no centro de saúde de Cambados e farao por dúas vías: a través dunha iniciativa parlamentaria e unha moción que se debaterá o próximo xoves no pleno de Cambados.

As medidas foron presentada onte en rolda de prensa pola deputada cambadesa no Parlamento galego, Rosa Oubiña, e o alcalde e tenente de alcalde, José Manuel Cores Tourís e Luis Aragunde, respectivamente.

www.galiciahoxe.com

Así comezaba unha nova de "LA VOZ DE GALICIA" do ano 2008 concretamente de agosto. Pasados máis de 6 anos o PP que tanto protestara dous anos antes (cando gobernaba o Bipartito na Xunta) contra o peche desta unidade e que xa por aquel entón contaba con Feijóo como Presidente da Xunta, todo sigue igual.
Despois de case 6 anos de goberno Feijóo non hai trazas de que a situación mude nin Aragunde mova un dedo para que o faga.
Nun artigo de "FARO DE VIGO" pódese comprobar a cronoloxía da situación.
"LA VOZ DE GALICIA"


Esta situación pode acarrexar graves consecuencias como as que poido sufrir un rapaz de 6 anos hai uns dias ao que lle foron diagnosticados gases sendo operado de urxencia en Santiago dous dias despois dunha peritonite. Fora como fora o rapaz está fora de perigo e recuperándose.
Agardemos que nos folletos de propaganda electoral do PP para maio non veña algo parecido a unha promesa.