Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de diciembre de 2015

INCIDENCIAS DO TEMPORAL DO MÉRCORES 30









O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia rexistrou un total de 235 incidencias durante a xornada de hoxe, entre as 06:00 e as 18:00 horas deste mércores, por mor da meteoroloxía adversa. A alerta de nivel laranxa por ventos costeiros afecta aos litorais das provincias de A Coruña e Pontevedra, mentres que outra alerta, tamén laranxa, por vento en terra, deixouse notar ata as 16:00 horas de hoxe na mariña lucense e no noroeste e oeste da provincia coruñesa. A caída de árbores e pólas sobre estradas, postes de luz e teléfono e o desprendemento de cables figuran entre as incidencias que máis se repiten. De feito, en Monterroso, un coche colidiu contra unha árbore que caera na LU-221, punto quilométrico 7.500, sen causar danos persoais. Tamén en Monterroso, unha árbore caída na N-640 cortou a circulación ao concello de Antas de Ulla. Así e todo, non se rexistraron graves complicacións no tráfico. Igualmente, o 112 Galicia tivo constancia de case corenta incidencias relacionadas ca presenza de bolsas de auga en estradas e o anegamento de rúas, garaxes e baixos comerciais. A provincia de A Coruña foi a máis afectada, con 134 incidencias rexistradas, seguida de Pontevedra, con 72. Pola súa parte, en Lugo rexistráronse 21 incidencias e 7 en Ourense.

Por outra banda, no concello pontevedrés de Meis, ao redor das 17:30, un camión –que transportaba patacas e palets- envorcaba cando circulaba pola PO-531, no coñecido como cruce do Mosteiro. Neste caso, non se rexistraron danos persoais. Foron avisadas as forzas da orde, Protección Civil de Meis e o servizo de limpeza da vía. Por último, xa se restableceu a circulación que permanecía cortada na ponte da Illa de Arousa a causa de un camión envorcado esta mañá. O sinistro provocou o corte do carril de entrada á Illa durante unha media hora, ata que un guindastre se encargou da retirada do camión, cuxos remolques envorcaran sobre a barandilla da ponte e tiñan risco de desprendemento. Unha vez recibida a alerta, a escasos minutos deste mediodía, o CAE 112 Galicia púxoo en coñecemento dos Bombeiros de O Salnés, Protección Civil  e da forzas da orde. Por fortuna, o condutor resultou ileso.
En Cambados poicas incidencias e de carácter leve. A rotura dunha farola na Praza do Concello, un gran plástico pola ruas de Corvillón e a caída de planchas dun falso teito como as máis destacadas dentro da pouca importancia xeral



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.